Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Blog Archive » picoteiros

Os primeiros que tomaron posesión dos comedoiros do xardín foron os pardais, aló polo vran. Que houbese de súpeto cincuenta pardais a comerme no penso era un duro golpe á miña economía, pero como son unha especie en franca regresión nesta illa eu estaba moi contento. Pero o sol foi virando, e paxaros novos viñeron mentres moitos pardais acabaron por marchar, non todos.
Hoxe vin por primeira vez na miña vida unha parella de picoteiros (a da foto) peteirando bagañas vermellas nunha especie de buxo que hai no xardín. Calcúlase que veñen a esta illa uns 100 picoteiros polo inverno, así que eu vin, sen moverme da cadeira, o 2% da poboación anual. E déronme pra pensar en como mudara isto. Aló no pedaciño de río que vexo dende a fiestra nada unha parella de mergos grandes que deben vivir na veciñanza. Tamén dende a fiestra vexo a garza cando se pousa no pé da ponte (non é todos os días), e tamén un peneireiro que adoita vir ás tardes e que onte apañou algo, quizais un rato. Ás mañás visítame unha pequena xoia: unha estreliña do norte, co seu peiteado punki dourado. E ás mañás e ao mediodía e ás tardes baixa unha razzia de cinco ou seis ferreiriños rabilongos, que se abaten en picado, e todos ao tempo, sobre as bólas de graxa que teño penduradas do tendal. E tan axiña como chegan, marchan, deixándolle o sitio tranquilo a media ducia de ferreiriños azuis e reais, a un pisco ou dous (non os distingo), aos merlos e aos estorniños. Nas árbores e tellados dos veciños pousan no alto tamén pombas, e pegas, e tres tipos de corvos, e dúas especies de gaivotas. Se miro cara ao outro lado, cara á estrada, é sinxelo ver algunha lavandeira das de acó, que son máis escuras cás de aló, pero non pasan ata o xardín.
E así, sen decatarme, deica pouco marchou o inverno.

Actualización: que houbese dous picoteiros no meu xardín, e logo catro seis, ten unha explicación.


6 Comments to “picoteiros”

  1. turzi | February 5th, 2009 at 8:24 pm

    parabéns, señor.
    alégrome de que teña tanta vida o seu xardín.
    “coida das herbas de teu herbal”…
    moito se aprende con vostede.
    cóidese!

  2. kaplan | February 5th, 2009 at 11:04 pm

    creo que nunca lle dixen que unha das cousas polas que lle admiro (e son moitas) é o moito que sabe de paxaros.

  3. kaplan | February 5th, 2009 at 11:05 pm

    quixen dicir: das cousas que lle admiro (sobra a contracción, obviamente)

  4. cesare | February 5th, 2009 at 11:06 pm

    lol lol xa me gustaría saber de paxaros… :) gústanme pero sei pouquisisisimo

  5. Bradomin | February 6th, 2009 at 10:36 am

    Eu sei que os podemos cazar e comer, pero eses dos que fala o Cesare, son comestibeis…?

  6. peke | February 6th, 2009 at 1:35 pm

    Estás moi ben acompañado. Eu non lles sei os nomes aos que veñen por aquí, só a lavandeira, o pardal, o merlo e o paporrubio. Os demais sei que son distintos pero non os sei nomear.

Leave a Comment