Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Blog Archive » paradoxos

Despois do post sobre O natural é político estaba algo preocupado e arrepentido. Pensei que quizais me pasara, ou que probablemente non tiña razón. Así que en canto vin nun quiosco de aeroporto Confesións dun ecopecador, do xornalista especializado en temas ambientais Fred Pearce, merqueino buscando un argumento pra pedir desculpas.
O libro non só me dá a razón co de que é máis antiecolóxico probablemente o arroz co que acompañamos a costeleta do que a propia costeleta (e non por iso imos facernos antiarrocistas, en equivalencia ao vexetarianismo que naqueloutro libro propón Moure). En realidade este fantástico, básico e imprescindible libro é un catálogo de paradoxos sobre a nosa pegada ecolóxica, que me foi dando pescoceiras na caluga dos prexuízos, unha tras outra todos estes días. Por exemplo, o de que no mesmo percorrido un tren nocturno é menos ecolóxico ca un avión. Ou que fóra de tempada é moito máis ecolóxico comer amorodos chilenos ca locais. Ou, por suposto, que unha das enerxías máis ecolóxica é a nuclear. Ou que o mellor que poderiamos facer co lixo é queimalo individualmente no patio de casa. Claro está, o cálculo pode levarnos ao dato (non apuntado por Pearce, pero posíbel) de que sexa máis antiecolóxico ir traballar en bici ca en bus urbano, porque mentres no bus dividimos a nosa pegada de carbono por 1/50 ou máis pasaxeiros, sobre todo en hora punta, en bici estamos xerando un gasto enerxético individual que substituiremos por exemplo por unha boa tallada de vitela arxentina (deforestación, transporte, plástico do envasado), con patacas (contaminación de transporte rodado, plástico), unha ensalada con tomates (cultivados en invernadoiro, plástico), millo (lata, contaminación por pesticidas, deforestación, consumo de auga polo azucre engadido) e beldros (fóra de tempada, plástico).
O que nos leva á solución final: a opción máis ecolóxica é o suicidio. Seguro? Quizais tampouco… dende que o concello de Londres completou a instalación de depuradoras no Támesis, a biodiversidade (aves, mamíferos, vexetais…) caeu ata cifras tan extremas que ben se podería dicir que é unha das peores catástrofes ecolóxicas da illa nos últimos anos.


6 Comments to “paradoxos”

  1. cãosemdono | February 10th, 2009 at 1:33 am

    Ai, meu fillo… métese vostede en cada xardín…

  2. desorde | February 11th, 2009 at 7:23 pm

    hai cousas que non fallan: os números. hai que calcular as cousas e fuxir dos dogmas de fe aos que tantos ecoloxistas son tan adictos e que desvirtúan ao conxunto. unha lástima.
    particularmente gústame celebrar o “día sen carne” cun bo churrasco autóctono.

  3. signatus | February 13th, 2009 at 2:36 pm

    Nom hai melhor estratégia para enganar que os números.

    Nom lhe lim o livro assi que nom sei em que se baseia o autor para defender que a energia nuclear é a mais “ecológica” (tendo em conta os resíduos, os perigos e que nom é a fonte nom é renovável).

    Queimar lixo nom pode ser a melhor soluçom em termos ambientais porque destrui materiais (que som finitos) e emite tóxicos ao ambiente. Outra cousa é que poda resultar a soluçom mais “económica”: nom hai recolhida, nom hai contentores na rua, nom hai instalaçons para classificaçom, reciclage, verquido, incineraçom ou o que for.

    Comer carne ou vegetais é mais ou menos sustentável em funçom das quantidades, do modo de produçom e da distáncia percorrida entre o lugar de produçom e o de consumo.

    Escrivim-lhe um comentário no de Teresa Moure, mas nom foi publicado, desapareceu no momento, mistérios da rede… Talvez o faga de novo noutro momento ainda que seja irrepetível :-P

  4. cesare | February 13th, 2009 at 4:11 pm

    A enerxía nuclear é a que, segundo o autor, menor cantidade de impacto ambiental produce en relación coa enerxía obtida. É dicir, pra conseguir os mesmos watts de nuclear con, por exemplo, eólica, teriamos que ocupar unha cantidade de hectáreas (monte, pistas, transporte a esas instalacións, construción de aeroxeradores, etc.) moito maior có dunha nuclear.

    Queimar lixo de forma individual pode ser a mellor solución dende o estrito punto de vista da contaminación, claro que pode selo: por exemplo, o papel que eu boto a reciclar, recóllenmo todas as semanas. Todas as semanas vén un remolque longo con distintos compartimentos, e leva o que a min me recolle a unha planta de selección e tratamento a unhas cinco millas de aquí. Esa planta ten un consumo enerxético pró seu funcionamento, pero tamén tivo un consumo enerxético na construción (expropiación, produción de cemento, siderurxia dos contáineres, etc.). Posteriormente, é separado e clasificado e levado a un porto que, sendo bos, poñamos que é o glaspop, a só unhas 80 millas de distancia. Aí é embarcado e parte en dirección a Rótterdam, onde é descargado e reclasificado. De alí sae en dirección a Dubai, pois un mercadeiro de reciclaxe malaísio, con base en Dubai, mercou ese contáiner. En Dubai está durante seis meses, e despois marcha de novo por barco ata a desembocadura do Iangtsé, onde se desembarca nun porto industrial xigantesco, e dende onde se transporta por estrada ata unha planta de confección de papel reciclado, que ademais, cumpre só por riba os estándares de contaminación de China. Posteriormente ese papel reciclado regresa a Europa tamén en barco. Este é un caso real e paradigmático do que sucede co papel reciclado, conforme se conta no libro. Malia todo, Pearce non di que non debamos reciclar, senón que cos números enriba da mesa, non ten por que ser a solución máis ecolóxica.

    Síntoo moito o do comentario feito no post anterior. Eu tampouco non sei por que non foi publicado.

  5. signatus | February 13th, 2009 at 6:30 pm

    1. Quer dizer que este senhor nom pom em causa o crescente consumo energético, que dá por bom ou por inevitável, nem tem a conta todo o ciclo da produçom da energia (resíduos incluídos, que hai que gerir durante séculos, ou o enorme gasto em formigom para centrais e cemitérios), nem a sustentabilidade (até quando podemos contar com subministro de energia nuclear? seica lhe dam apenas umhas décadas ao uránio e plutónio)

    2. O problema é reciclar papel ou reciclar o papel do Reino Unido nas antípodas? A opçom só é entre incinerar a domicílio ou dar a volta ao mundo para mercar papel reciclado? De novo, a lógica ecologista seria a de reduzir o consumo e fazer todo o processo de recolhida e reciclage e comercializaçom em circuítos curtos.

    O que si é certo é que nom o é necessariamente ecológico todo o que se nos apresenta como tal.

  6. cesare | February 13th, 2009 at 6:39 pm

    Este señor pon en discusión o crecente consumo enérxetico, opta por unha redución de consumo e prefire os ciclos curtos.

    É máis, defende as enerxías renovábeis e avoga por seguir reciclando. Pero ao mesmo tempo móvese neste mundo, non na utopía que desexa, e di que neste momento a solución máis ecolóxica sería a incineración individual, ou de que a enerxía nuclear, tal e como está o patio agora, é unha das mellores solucións en combinación con outras.

Leave a Comment