Hai xa tempo que un xornalista chamado Manuel Jabois pasa por esta casa. Pouco sei del. Ademais de que el mesmo ten un blog, e de que por un par de fotografías apostaría a que está supercachondo, pouco máis. Pero collinlle bastante cariño.
Por iso cando aí atrás atopei un libro publicado por el nunha editorial das pléades, animeime a compralo. Malia o cachondo que está e o cariño que lle teño, non podo dicir que A estación violenta me gustase moito. Durante a súa lectura lembrei moitas veces de Nélida Piñón, que sendo adolescente escribiu “subía pola costenta pendente” e que ao decatarse da redundancia tivo unha crise de escritura que a deixou afastada do papel por uns anos. Hai frases e circunstancias moi interesantes no texto e tamén unhas cantas toneladas de malditismo que seguro que fai as delicias dos viciados no xénero. Pero se Jabois me segue tendo algo de lei despois disto pediríalle que a próxima vez mo deixe ler a min antes: este libro, ben editado e transformado nunha obra de teatro, ía gañar moitos premios e transmitir moita beleza.

Teatro non. Cine, disque: http://www.axenciaaudiovisualgalega.org/public/index.php?seccion=tablon/noticias/ficha_noticia.php&id_noticia=2522
Como non lle vou a seguir tendo lei, meu amor. Deume vostede a alegría do día falando del, coa vantaxe de que a crise de escritura eu xa a tiven (por ‘nelido’, e tamén por ionqui). Agradézollo todo, Cesare: que o mercase, que o lese e que escribise del. Hostias, pagaría por unha crítica ferinte na páxina de calquera xornal!
PD: Ía facer referencia ao de supercachondo, pero paso. Teño xa trinta anos: sei do que teño fama
Jabois é un dos tipos diferentes da prensa galega. Iso xa non é dicir pouco. Da novela non sei nada. Pero case aproveito este espacio -desculpade polo palabro, o cambio de normativa pilloume en Latinoamérica- para mandarlle un saúdo.
(este comentario podería levar por título “fifteen ways to run away from boredom when you are de rodríguez”; moi vellos imos indo).