Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56
As túas balas » Blog Archive » dez razóns

Había moito, moito tempo que non votaba tan convencido nunhas eleccións. Anque cada vez que visito a ghalleira cruzo con moitas razóns e motivos, vou poñer acó dez por aquilo dos números redondos.

  1. a rede de centros Quérote.
  2. a aposta con todas as consecuencias pola enerxía eólica.
  3. a loita activa contra a homofobia (e a reclamación da gratuidade dos tratamentos de reasignación de sexo)
  4. o salto de xigante dado en software libre.
  5. a aposta polo deporte da muller e polo de discapacitados.
  6. as medidas de fomento de alugueiro e as que se destinaron a acabar vivendas a medio facer.
  7. o modelo de industrias culturais e a súa promoción exterior.
  8. a rede de transporte adaptado.
  9. a proposta dun sistema de proximidades ferroviarias.
  10. quintana; un tipo que sempre me sorprende con argumentos novos, con moderación e intensidade, que recoñece erros, que fala como a xente, que entende que hai máis país fóra do seu embigo e dos embigos dos seus coleguitas.

Estou convencido de que cantas máis áreas de competencia teñan estas señoras e estes señores no novo goberno, máis molante será o país. E mellor lles irá aos meus sobriños. E nas partes en que discrepo, que loxicamente as hai, terei que facer o meu traballo como cidadán. Porque ese, como votar, tamén é o meu deber.


47 Comments to “dez razóns”

  1. Galeguzo | February 17th, 2009 at 12:17 pm

    Mas tu não dizias que não votarias por um partido que não recolhesse o direito à eutanásia? :P

    Cesare ♥ Bloco

    :D

  2. Cesare | February 17th, 2009 at 1:21 pm

    Non, nunca dixen iso. É máis, creo que aquí, nas últimas dúas frases, queda ben clariño…

  3. arume dos piñeiros | February 17th, 2009 at 5:08 pm

    Pero non estaba convencido antes?

  4. cossimo | February 17th, 2009 at 5:12 pm

    ai diosmío mimadriña!!!!

  5. Cesare | February 17th, 2009 at 5:23 pm

    Arume, antes cando?

  6. signatus | February 17th, 2009 at 5:51 pm

    Gostaria de que o ponto 2 fosse brincadeira e o 9 pura retranca, mas muito me temo que nom é assi… :-S

  7. calidonia | February 17th, 2009 at 6:37 pm

    Eu non vou confirmar nin desmentir, mais propóñolles que fagan un outro exercicio cidadán crítico:

    Das dez cousas díganme por favor de cantas falou e non falou mal La Voz de J’accuse.

  8. Cesare | February 17th, 2009 at 6:46 pm

    Hahaha, pois non sei… hai de todo, non? da eólica e da promoción exterior falou mal. Do Quérote e da reasignación de sexo que eu saiba non falou demasiado, pero eu non leo ese xornal.

  9. O Paneleiro blah blah blah | February 17th, 2009 at 11:18 pm

    Nom é por me meter com você, mas algumhas das suas razons resultam-me dum dirigismo estatista impróprio dum egrégio liberal, como a número 6. O lógico é que a política de vivenda se deixasse à actuaçom do mercado livre sem nefastas ingerências da medíocre burocracia social-demócrata.

    Para mim a 6 seria umha boa razom, mas eu sou um plano, statuquoista s-d.
    :D

    Considerem-se…

  10. Galeguzo | February 18th, 2009 at 12:15 pm

    Cesare: pois logo devi interpretar mal o seguinte comentário teu…

    http://astuasbalas.com/2009/02/03/estraneza-2/

    - Galeguzo: Agora que caio… tampouco me soa ter visto nada nisso noutros programas eleitorais (de momento já mirei os do BNG, Nós-UP, PP e PSOE; intento conseguir tempo para consultar os da FPG, EU e UPyD).

    - Cesare: Home, pois grazas pola información. A todas as razóns que tiña pra non votar ningún dos demais partidos, súmaselle esta. :)

    Logo “os demais” eram todos menos o BNG. De acordo.

    Enfim, eu também poderia dar dez muito bons argumentos para não votar BNG (e são bons porque são incumprimentos do programa eleitoral, o ‘contrato’ com os votantes)… mas não vou fazer o trabalho do PP :D

  11. ro | February 18th, 2009 at 12:21 pm

    a) pero non dicía vostede q non era galego?

    b) e logo non dicía vostede q os q non vivían aquí non debían votar?

    :)

  12. cesare | February 18th, 2009 at 2:47 pm

    ro, I’m a Scottish guy with Galician background. I am allowed to vote in Spanish elections, and I’ll do in some of them, under some circumstances, :) And those are the most important elections, as my nephews’ future is at stake.

  13. ro | February 18th, 2009 at 6:54 pm

    non, ho, se a min me parece ben q vd vote. eu nunca estiven en contra de q o fixeran os emigrantes (sempre q sexa en urna, claro), quen si o estaba era vostede. :)

  14. Cesare | February 18th, 2009 at 10:52 pm

    Non tal, mecachiná:
    http://astuasbalas.com/2007/05/09/1242/

  15. desorde | February 19th, 2009 at 10:14 am

    Supoño que o punto 2 é unha coña. Este modelo de enerxía eólica ben merecería un capítulo nas Confesións dun ecopecador… ou incluso un libro propio

  16. cesare | February 19th, 2009 at 10:34 am

    Respondendo aos que consideran que o punto 2 é unha coña cito a Castelao (diosss): “Aos señoritos non lles gusta a choiva, pero gústanlles as patacas”.

    De feito, non nos gusta a eólica, nin a hidroeléctrica, nin a nuclear, nin a térmica, nin a das mareas… Tamén podemos optar por ser o primeiro país do mundo que decide non producir enerxía.

    (iso non quita pra que tentemos reducir o consumo, claro)

  17. desorde | February 19th, 2009 at 11:06 am

    :) se todo fora tan sinxelo.
    http://www.epaw.org/
    nunca ninguén se preguntou por qué a enerxía eólica lle gusta tanto as grandes empresas?

  18. cesare | February 19th, 2009 at 11:12 am

    Nunca nada é tan sinxelo. Coñezo un biólogo que traballa pra reducir o impacto ambiental das windfarms. Ningunha solución é perfecta. Cal tomamos?

    En realidade a solución máis cómoda é opoñernos a todas as propostas dos demais: sempre hai argumentos.

  19. desorde | February 19th, 2009 at 11:36 am

    coñece a dous logo; e todo é mentira.
    hai solucións, moitas e diversas. Pero curiosamente non interesan ás grandes empresas polo que os políticos nin as coñecen. É un tema longo e, en partes, difícil de explicar e este creo que non é o lugar (creo). Simplemente quédese con que a enerxía eólica intensiva non contribue de xeito significativo á producción global, nin polo tanto á reducción de CO2 (algúns investigadores opinan que incluso o balance é negativo, é dicir, incrementaría a producción de CO2). Os números non minten e non hai feito un cálculo real.

  20. cesare | February 19th, 2009 at 11:41 am

    Si, iso téñoo claro. Como xa se dicía no post do outro día, os cálculos parecen indicar que a enerxía que menos CO2 produce é a nuclear. :)

  21. desorde | February 19th, 2009 at 11:58 am

    estabamos a falar da eólica. pero vale, acepto nuclear como forma de chantaxe xa empregada polo caprichoso f. blanco.
    lástima que so habería combustible nuclear para dous anos
    (outra cousa que nunca din, claro)

  22. cesare | February 19th, 2009 at 12:08 pm

    Para dous anos?
    Quere dicir vostede que a enerxía nuclear se vai esgotar en todo o mundo en 2011? :) :)

    Non creo que falar de nuclear sexa chantaxe. Creo que ao falar de enerxía, a única proposta defendible é:
    1. Reducir o consumo.
    2. Producir enerxías renovables, da forma máis sostible posible.
    3. Producir enerxía que reduza o impacto do CO2.

    Os puntos 2 e 3 poden alterarse se preferimos a incineración de biomasa ou a nuclear. En todo caso, vai haber que producir enerxía, e vai haber que producir máis enerxía. Podemos optar por ser un país máis dependente enerxeticamente, ou menos. Persoalmente, quedo coa proposta do libro de Pearce: a solución é unha combinación proporcionada de distintos sistemas de produción de enerxía.

  23. desorde | February 19th, 2009 at 12:36 pm

    efectivamente: se toda a enerxía producida no planeta fora nuclear habería combustible para 2 anos (frote aos 1000 aprox. do carbón por exemplo). así que o nuclear podería ser un complemento, algo puntual como moitísimo (supoñendo que non tivera outros problemas entre os que destaco que non se remata coa famosa “dependencia exterior” pois o combustible está fora…).
    Dacordo cos puntos 1,2 e 3 en termos xerais. So hai que aplicar o 1 (polo menos algo, un chisco, ue é “da fon pouco) e do dous a clavrma máis sostible posible”; eu engadiría, ademais, “que serva para algo”.
    Finalmente dicir que o sistema actual só é posible con enerxía fósil, sen el é inviable, así que cando cheguemos ao peak oil (http://www.peakoil.net/)quedaremos uns 2.000 millóns de persoas (ou quedarán, máis ben). ou algúen pensa en cambiar de sistema?

  24. desorde | February 19th, 2009 at 12:37 pm

    perdón, quería dicir 100 para o carbón…

  25. desorde | February 19th, 2009 at 12:39 pm

    teclado tolo:

    … so hai que aplicar o 1 (polo menos algo, un chisco, un pouco). e do 2 a clave é “de forma máis sostible posible”; ……

  26. signatus | February 19th, 2009 at 12:40 pm

    De nucleares e CO2:
    http://www.elmundo.es/elmundo/2007/03/22/ecologia/1174554481.html
    http://www.soitu.es/soitu/2008/11/11/medioambiente/1226400306_914818.html
    http://blogs.publico.es/dominiopublico/category/juan-lopez-de-uralde/

    En quanto ao “ponto 2″, reduzir o concurso eólico a umha “aposta con todas as consecuencias pola enerxía eólica” parece-me bem pobre e mui alonjado do sucedido. O governo galego, da cor que seja, segue decidido a nom ordenar o território (neste caso para a produçom eólica). Nom é defendível um concurso eólico prévio ao plano.

    Noutros lugares primeiro fixou-se onde se podiam instalar parques eólicos e onde nom. Deviam ser lugares de senhoritos, claro. Aqui o único que se fijo foi o mesmo de sempre mas “en clave de país”.

  27. Spav | February 19th, 2009 at 1:05 pm

    Vexamos, por partes:

    O punto 9 estaría xenial, é algo que necesita dende xa este país, moitísimo máis que calquera AVE/Tren Rápido. Pero eu iría máis aló; o problema das comunicacións está na falta de competencia *real*:

    - No transporte por estrada, onde as dúas principais empresas séntanse a falar e reparten o peixe (aunando falta de competitividade e desprezo polo cliente).

    - No apartado ferroviario…sen comentarios, ben sabe como está o tema (tarifas, conexións con outros medios de transporte, frecuencias….) todo propiciado por unha falta recalcitrante de alternativas (en forma de transporte de proximidades).

    - No apartado aéreo…sinceiramente, ¿non lle parece de esquizofrenia aguda ter que soportar a carga de tres aeroportos cando ningún deles é realmente competente? (ás cifras de pasaxeiros do Sá Carneiro remítome).

    - Por último, é de agradecer o intento de unificar e xestionar baixo un mesmo organismo (non topo link agora mesmo) o transporte urbán dende unha mesma man (por aquilo de unificar costes e tentar normalizar o servicio extendendo servicios básicos ós clientes como puntos de información, estandarización da sinalética, etc) pero, esperemos que non sexa cargándolle o morto ós cidadáns, ou peor aínda, vía concesión…En todo caso, fai falla algo así.

    No punto 4 vouno asustar. Discrepo total e absolutamente de que mancomún sexa a solución (¿a qué problema?, por certo). Tentar canalizar nunha *vía única* a unha comunidade totalmente desestructurada, non estratificada e non xerárquica como é a comunidade de software libre e facelo utilizando un modelo herdado da administración pública (a creación dunha “axencia” como é mancomun e a posterior descentralización en Oficinas de Software Libre ó longo dos campus galegos) é algo totalmente carente de sentido, e agora da froitos carentes de sentido (”medirnos as pirolas” a ver quén ten a distribución GNU/Linux máis adaptada á súa terra con Extremadura ou con Andalucía podería ser un exemplo válido do atraso esquizoid). A “outra vía” é a que tomaron tantos e tantos outros desenvolvedores prolíficos como Jon Hall, Alan Cox, ou o propio Linus Torvalds, desentendéndose do “modelo FSF” e continuando cunha organización en torno o fin último, que é a creación de software libre, en non en torno a unha administración dada.
    E ollo, saír dun monopolio para meterse noutro é un pouco tontería.

    No tocante ás partes das que discrepa, está sendo ben falocéntrico, ¿qué hai do aborto? (si é que lle compete á admon. autonómica, que non o sei; senón sempre pode turrar perante a estatal). Na miña opinión, a morte digna e o aborto sairán moito nesta vindeira lexislatura, desgraciadamente non por seren temas de interese xeral, senón como arma política de despiste diante da crise económica. Esperemos que o partido ó que desexa botar tamén turre por defendelo fora do uso meramente político de temas tan importantes como o aborto ou a eutanasia.

    E xa remato aquí, síntolle a extensión, e lembre que todo vai baixo un INMHO.

    Unha aperta.

  28. cesare | February 19th, 2009 at 3:10 pm

    Desculpen signatus e Spav, porque polas ligazóns internas tiven que aprobar os comentarios manualmente.

  29. cesare | February 19th, 2009 at 3:16 pm

    Spav, concordo con case todo con vostede. Non toda a aposta polo software libre é Mancomún, con todo.

    Tampouco sei por que pensa que a eutanasia é falocéntrica e o aborto non. O corpo é delas, pero o problema é de todos e todas, noso tamén (incluso dos que non temos demasiadas opcións de procrear por accidente). Malpocadamente, sobre o aborto non hai ningún tipo de competencias locais (corríxame se me trabuco).

  30. ana | February 19th, 2009 at 5:11 pm

    hai algúns que o que lles faría falla é ter algunha vez un posto no que tiveran que tomar decisións, despois a ver si se median as pirolas ou que carallo facían.

    Contra o mundo si, pero menos mal que hai alguén que en vez de telos que contentar a vostedes se adican a facer cousas, tal como fixo o BNG nestes anos, con equivocacións, claro, é o que ten tomar decisión, algunha das que tomou o BNG neste tempo a vostede seguro que lle levaría decadas tomalas, xa que primeiro faría unha asemblea, despois un referendum e despois aínda o sometería a un comité de expertos, que seguramente ao seu entender se equivocarían, co cal habería que iniciar o proceso asembleario.

    Ah, e no caso de tomar unha decisión, seguramente vostede
    aos 10 minutos xa non estaría de acordo con ela, e seguramente a derogaría.

    Ala, quedeime agusto, o que queira apoiar que apoie e o que non, que se lamente despois si pasa o non esperado.

  31. soraya | February 19th, 2009 at 5:41 pm

    onde pon ana, poña enrique lópez veiga; onde pon february 19th 2009, poña november 30st 2002.

    esa é toda a defensa que se pode facer da xestión do bipartito/bng/psdeg? pois si que estamos ben.

  32. cesare | February 19th, 2009 at 8:12 pm

    Soraya, López Veiga é unha persoa á que teño en grande estima, certamente liberal, e coa que coincido en boa medida. Vostede non?

  33. soraya | February 19th, 2009 at 8:19 pm

    Non a coñezo abondo (a esa persoa). Remítome ás hemerotecas, como López-Chaves

  34. cesare | February 19th, 2009 at 8:26 pm

    Eu tamén me remito ás hemerotecas. É que parece da súa comparación que o tal López Veiga fose un ogro, ou algo así.

  35. soraya | February 19th, 2009 at 8:28 pm

    É vostede quen, como adoita, pon os cualificativos.

  36. cesare | February 19th, 2009 at 8:35 pm

    Digo que parece… :)

  37. Spav | February 19th, 2009 at 10:56 pm

    cesare coido que non, que non hai ningún tipo de competencias, e mellor así, ou todos ou ningún; sería bastante denigrante para unha muller embarazada ou unha persoa que desexe morrer dignamente ter que moverse da súa terra 100 kilómetros para que lle den a razón. Vamos, coido que é algo esquizoide e como para estudialo que algo como morrer dignamente ou decidir ter un fillo fose cuestión territorial, ata ahí chegaríamos.

    Co de falocéntrico referíame a que non citou nada do aborto, que tamén é un tema como para dar e tomar, nada máis.

    No tocante ó seu post, eu tamén teño bastantes máis de 10 razóns para votar, só que ninguén me sinto representado por ningún desa tribu.

    Por certo, deixoume desconcertado iso do seu labor como cidadán, ¿podería explicarse?

  38. cesare | February 20th, 2009 at 12:47 am

    Bueno, Spav, a proba dos 100 kms pasa noutros moitos puntos: por exemplo, en Irlanda non podes abortar, pero en Irlanda do Norte si.

    Gústame iso do tema falocéntrico de dar e tomar.

    O do labor como cidadán: o meu labor como cidadán é mandarlle cartas aos meus deputados, ou twitters, ou que cumpra; presionalos como podo a favor da eutanasia; entrevistarme con eles; falar cos meus amigos e achegados do fermoso que é poder decidir cando un morre. Ademais de votar cada catro anos.

  39. LEILA | February 20th, 2009 at 2:03 pm

    Pois eu nestas eleccións non penso votar, son todos iguais de aproveitados, enchufistas, e chupóns.

  40. Migraine Man | February 21st, 2009 at 9:08 pm

    Penso que optarei pola meu método de protestar de sempre: non votar. Non penso apoiar a un sistema no que non creo. E dívolo un candidato a funcionario, pero xa é hora de diferenciar políticos e administración…¿ou non?

  41. cesare | February 21st, 2009 at 9:11 pm

    Bo método de protestar, si… Quen se entera?

  42. Migraine Man | February 21st, 2009 at 9:48 pm

    O meu cu.

    Ben sabes que levo o socialismo no sangue, e votarei cando isto sexa unha democracia, non un fascismo in disguise.

    Xa postos a cabrearme, eu faría do traballo unha obriga máis que só un dereito. Pensa que si o traballo fose obrigatorio por lei, estar parado sería un delito, polo que os estados non se poderían permitir ter millóns de delincuentes soltos pola rúa, e polo seu ben procurarían darlle un choio á xente. Non esquecer que unha das grandes estratexias do capitalismo é ter unha masa de parados ós que imporlle ás súas condicións laborais. Ben é certo que, a pesares do que poida parecer, nunca antes na historia desta parte do mundo estivo o común da xente tan de acordo co “sistema” coma nos tempos actuais. Expresámonos, sí, pero non para emborcar todo o lixo fóra da casa, senón para elixir o tipo de lixo que queremos ter nela.

  43. cesare | February 21st, 2009 at 9:55 pm

    Mola iso da obriga ao traballo. Cómproo. :)

    Ese argumento da masa de parados que interesa ao capitalismo podería estar ben, pero non encaixa ben cos feitos: os países máis capitalistas, máis liberais, teñen as menores taxas de paro.

  44. Migraine Man | February 21st, 2009 at 10:16 pm

    Que llo digan aos xaponeses, que viviron bastantes anos coa taxa de paro máis baixa que eu lembro, e non é un país do que poidamos dicir dos seus políticos que sexan moi de “esquerdas”. O feito é que da que pensar, e vas ter que corrixirme se erro, pero cando ocorre unha crise destas na que a xente perde o traballo máis rápido do que perde a xuventude, ¿cómo se move a economía?¿De ónde a ónde van ós cartos?¿De ónde xorden as iniciativas para que a xente consiga volver ó rego? Algúns chámalle “comunista” ó Obama porque se ve obrigado, por culpa do que fixeron os que xa sabemos -ou non- a intervir na economía (”¡sacrilexio!”)¿E se non o fixera?¿Ían os empresarios a ofrecerse amables eles en plan “o que fixemos mal, ímolo endereitar heroicamente”?

    Malpensando, un pode caer fácilmente en conspiranoias…

  45. O Paneleiro blah blah blah | February 22nd, 2009 at 1:19 pm

    Os “países mais liberais” nom som os que tradicionalmente tiveram menos taxas de paro, senom aqueles nos que se aplicaram políticas keynesianas, que, como bem se sabe, supom umha intevençom bastante forte do Estado. De todas as maneiras, os países com paro quase 0 foram os países governados polos PC, ainda que o preço pagado nom merece a pena.

    Talvez alguns sejam mui novos para o lembrar, mas aqui resultava bastante chamativo que, nos 80 e 90, quando baixava o paro, baixava também espectacularmente a bolsa. Isso até o comentava cabreado o mui comunista Carlos Solchaga. Assim que nalgo tem que beneficiar ao Capital ter um certo nível de paro.

    Agora já nom necessita parados, agora já tem a deslocaçom e a imigraçom ilegal (ou nom tam ilegal) para conter e baixar os salários.

  46. Chimpín | February 27th, 2009 at 4:59 pm

    Reflexionando, polo menos aquí atopo motivos (ainda que non comparta todos) para votar por un partido. Teria que poñer nunha balanza os meus non motivos. A ver que decido mañá, mais de decidir emitir un voto válido, saiba que é grácias a vostede.

  47. cesare | February 27th, 2009 at 5:04 pm

    Pois alégrome, :)

Leave a Comment