Abstención total - Actualización
Estes son os datos ás cinco da tarde, se non mos volven a cambiar, que levo os últimos quince minutos facendo e refacendo mapas. Son ben estraños, incluso máis có da abstención matutina. A participación medrou espectacularmente, e fíxoo sobre todo no rural ourensán, aínda que non de forma homoxénea, con comarcas de 7 e 8 puntos máis ca nas últimas eleccións fraguianas. Nas cidades tamén medra a participación, e aínda que as porcentaxes son discretas, o número de votos é maior.
En vermello, subas de máis de catro puntos, mentres que xa só hai un par de caídas, e todas moi lixeiras.
Algunha explicación?


Eu repito o que dixem no post anterior: un dia de inverno e um de verão têm ritmos diferentes… e isso também no voto.
quedoulle unha bandeira de españa preciosísima no mapa
:D
agora sen bromas: non teño nin puta idea do que está happening
para min, que aumente a participeixon, sen importar onde, parécenme malas noticias para o PP
agora que… todo se verá
Subem os feudos do PP. A maior participaçom nom garante a vitoria do bipartito. Cómpre ter coidado, que a distribuçom é rarinha rarinha.
agardemos que ese aumento espectacular na provincia de Ourense non sexa de ppeiros
O empuxón de Quin ou é que van fartos de Baltar
Ou que a carretaxe se relaxou en 2005 e agora contraatacou… pero iso non coincide coa abstención matutina…
Nos foros sae xente que parece falar en serio e din que enquisas internas da TVG falan de que “arrasa” o PP.
Esperemos que só sexan fantasmas.
Eu diría que é bastante probable.
Nos inquéritos das 12 da manhá davam que o PP arrassava. Os das 17 horas davam que baixava e tinham menos escanos que no 2005.
Mas com esses inquéritos o abano de escanos atribuídos a cada força é tam amplo que serve de pouco.
Melhor esperar à conta final, a que começa às 8, melhor com uns quantos amigos para falar e desafogar-se se figer falta.
Apufff, que bem mirar que no morrazo se incrementou a participación… pánico en Ourense. Nunca lle collín o pulso a esta provincia…
O Atlético de Madrid-Barça empeza ás 19.00.
Paneleiro, cales son as súas fontes?
supoño que galicia-confidencial
As minhas fontes? as de muitos outros: o jornalista amigo que pola sua vez tem outros jornalistas amigos que lhe contam o resultado dos inquéritos feitos polo seu jornal/tv/radio.
a mín os compas da miña competencia “sóplanme” un 36 pro PP. Pero non mo creo.
(e non son de Ipsos)
aí vai, volven