Abstención matutina:
En azul escuro, as comarcas con maior abstención (>5%). En branco as comarcas cunha abstención entre o 1 e o 2% maior ca en 2005. En amarelo, as comarcas con maior participación ca en 2005 ou en cifras semellantes (<-1%).
Alguén atopa un patrón?


Meteoroloxía?
Pois dá toda a impresión de que se están abstendo as redes tradicionais do PP rural.
Se acerto, pagas cubata?
(Na costa non diría o mesmo)
Así atine Xabier
Pode ser que descubrira un mapa da carretaxe neste país (contando con que desta vez non se dará tanto).
http://www.laregion.es/noticia/83370/ourense/testigos/jehov%C3%A1/ a do Carrabouxo..
Uis.. confundinmeeeeeeeeee, era este o link: http://www.laregion.es/resize.php?pic=imagenes/galeria/298_Carrabouxo.Jpg
Sorry
Caciquismo
En Bergantiños (en branco) caeron catro gotas. Meteoroloxía descartada.
Cesare,
É que estás mirando puntos porcentuais, un valor “absoluto” (se me permites a incorreción).
Como en Ourense a participación é maior (en especial pola mñán) as diferencias nótanse máis en puntos porcentuais.
Por exemplo, no Barbanza e na Limia a participación caeu un 17% apróx até o momento. Sen embargo no Barbanza iso dá como resultado unha caída de 3pts e na Limia de 5.
Inda así, estase a notar máis en Ourense. Jarl!
Si, Danielo, son consciente desa trampa do mapa: Só podes perder un 5% cando tes ese 5%. Pero ao final eses son votos absolutos: é dicir, ese 5% non foi votar de mañá cedo.
Se choveu espeso en Ourense, ascárida, podería confirmar iso…
Pois a situación acaba de poñerse do revés!
A mim o único que se me vem à cabeça é que as últimas eleiçons foram em junho (o 19), e que os ritmos de voto num dia de verão e num dia de inverno som mui diferentes e, portanto, as diferenças de percentagens neste caso som pouco significativas…