Losers
Iolanda Díaz: Esquerda Unida perde a metade dos seus votos en Ferrol.
Alfredo Bea: Só consegue 44 votos no Grove.
Ferrín: A FPG perde 200 votos máis na provincia de Pontevedra, case un 10%.
Nós UP: Décima forza do país, por detrás da Plataforma por un mundo máis xusto, UPyD e Os Verdes, entre outras.

Winners
Dobráronse os votos nulos, e non particularmente en Ourense.
Os votos en branco aumentaron moito, especialmente na provincia da Coruña, onde chegaron ao 2%


34 Comments to “gz2009, e 4”

  1. arume dos piñeiros | March 2nd, 2009 at 9:59 am

    Quen vota a EU nas autonómicas sabendo que nunca pode acadar o 5%?

  2. cesare | March 2nd, 2009 at 10:39 am

    Non o sei, pero en xeral (non en Ferrol) moita máis xente ca en 2005.

    Ai, o 3%, algo que tampouco tocou o bipartito…

  3. W. Sobchak | March 2nd, 2009 at 12:13 pm

    Deixate de historias meu, winner so hai un e é Frijolito. 47% dos votos con 70 % da participación. Menuda tunda!!

    Porca miseria…

  4. cesare | March 2nd, 2009 at 12:19 pm

    Pero por que “porca miseria”?

  5. bouzafria | March 2nd, 2009 at 12:44 pm

    Por qué porca miseria?
    Por que para entrar na Deputación de Pontevedra necesítase só unha entrevista persoal?
    Por que o voceiro de cultura é López-Chaves?
    Por que me vou seguir caghando neles cada vez que suba e baixe de Vigo a Compostela pola autoestrada e síntame atracado?
    Por que o idioma dos meus pais, avós, bisavós… impórtalles cero?
    Por que volven triunfar os especuladores-promotores inmobiliarios?
    Por que a enerxía do país vai volver ser regalada ( contra favores ) e nada vai ficar acá?

  6. cesare | March 2nd, 2009 at 12:52 pm

    Ghasús, bouzafría… Non agardaba isto de vostede!
    En primeiro lugar, calma. En segundo, poñámonos a traballar. Somos cidadáns e podemos facer cousas; non temos que agardar que veña un goberno a facelas (ou a non facelas).

  7. bouzafria | March 2nd, 2009 at 1:54 pm

    E que estou profundamente decepcionado. Pero agora só quero pensar que a tristeza que teño sexa para ben, e que con calma e por quen corresponda se poida reflexionar sobre erros cometidos para non volver pisar sobre pegadas feitas.
    E como teño unha parte alícuota de culpa, eu vouno facer.

  8. cesare | March 2nd, 2009 at 2:04 pm

    Ese xa é máis o meu Bouzafría… Creo que hai moitos sinais positivos, e que, pensando ben e actuando mellor, van saír cousas wais desta cura de realidade.

  9. soraya | March 2nd, 2009 at 2:12 pm

    así me gusta, cesare, o seu anticomunismo non coñece descanso. menos mal que alguén nos protexe.

  10. cesare | March 2nd, 2009 at 2:13 pm

    lol, lol… o anticomunismo é innecesario. Son consciente.

  11. soraya | March 2nd, 2009 at 2:14 pm

    como que é innecesario? e logo quen nos vai protexer das hordas roxas? están aí: en venezuela.

  12. cesare | March 2nd, 2009 at 2:19 pm

    Se alguén pensa que Venezuela é “aí”, é fácil de entender o que pasou onte.

  13. cossimo | March 2nd, 2009 at 5:10 pm

    Quen vota a EU nas autonómicas sabendo que nunca pode acadar o 5%?

    Servidor.

  14. Migraine Man | March 2nd, 2009 at 5:43 pm

    ¿Venezuela?¿Hordas roxas?¿Mande?

  15. Migraine Man | March 2nd, 2009 at 5:48 pm

    Vexo que UPyD (a nova Falanxe, non nos enganemos) foron os cuartos. Medo teño ¿onde anda o meu osiño?

  16. danielo | March 2nd, 2009 at 6:25 pm

    O bng vaino pasar ben mal agora que está (auto)desterrado dos movimentos sociais, (auto)desterrado do goberno e sen apoios mediáticos.

    Tamén é o momento tal para construir unha alternativa plural e viva á esquerda deles con espectativas de entrar no xogo parlamentario. E non falo de monolitismos socialistas senón dalgo máis vivo e ácrata (se é que queren entrar)

  17. W. Sobchak | March 2nd, 2009 at 7:16 pm

    “porca miseria” porque dame moita pena vivir numha sociedade tan reaccionaria.
    Mais é a minha sociedade e non podo face rnada para evitalo.
    Acepto os resultados pero estou moi lonxe de alegarme por eles

  18. cesare | March 2nd, 2009 at 7:23 pm

    Creo que é un erro pensar que o voto ao PP é un voto “reaccionario”. Un erro no que moitos caen moi a miúdo.

    O resultado deixa moitas portas abertas pra facer cousas. Só hai que saber atopalas e abrilas correctamente.

  19. arume dos piñeiros | March 2nd, 2009 at 7:26 pm

    A miña pregunta era retórica e autodirixida, Cossimo.

  20. W. Sobchak | March 2nd, 2009 at 7:31 pm

    Home, non me considero umha persoa dogmática, mais penso que a dereita espanhola a dia de hoxe é reaccionaria.
    O PP non é CDU,nen a UMP.

    Que as primeiras medidas ao chegar ao poder sexa derogar leis do goberno anterior é reaccionario.
    Corina POrro e Lopez Chaves son reaccionarios.

    POr agumentar algo. De todolos xeitos penso que todos os galegos temos moi claro o que é o PP

  21. signatus | March 2nd, 2009 at 7:52 pm

    Entre os apoios ao PP haverá voto reacionário e voto que nom o é, Cesare, mas o PP actual é reacionário, só hai que olhar para a relaçom que mantenhem coa Igreja ou o que defendem no tocante a sexualidade, políticas laborais ou língua.

    O resultado deixa a porta aberta a que o PP faga muitas cousas, porque tem maioria absoluta, média a favor e PSOE e BNG vam estar umha boa tempada neutralizados. A oposiçom ao PP vai ficar reduzida a alguns movimentos sociais, pouco mais.

  22. willy | March 2nd, 2009 at 7:56 pm

    cesare, malia o seu optimismo, a miña experiencia persoal é que a maioria dos votantes do pp que coñezo non son simples nostálxicos de fraga, senón de paco (e non falo de paco vázquez) o de ferrol

    posiblemente a miña mostra estatística sexa errónea, pero a min faime tremer a euforia que teñen agora mesmo no corpo todos eles

  23. arume dos piñeiros | March 3rd, 2009 at 12:09 am

    Pois eu creo que tamén hai unha dereita en Galicia que non responde de ningunha maneira a esas características. E creo ademáis que non queremos velo porque doe. Pero habela haina.

  24. cesare | March 3rd, 2009 at 12:14 am

    Non doe!! O incrible é que non doe!!
    O que me resulta inconcibible é por que só cremos que hai unha dereita con cornos e rabo, que come os nenos que saen tortos e que fai aquelarres coas fotos do caudillo…

  25. W. Sobchak | March 3rd, 2009 at 1:03 am

    cornos e rabo non sei… Pero que tiran cara a privatización da sanidade e do ensino, que ignoran a defensa da lingua e que pensan reducir impostos, e por tanto gasto social, eso está bastante claro.

    E si que me doe que o meu goberno faga iso, que lle imos facer, ancrónico que é un…

  26. Un observador im-parcial | March 3rd, 2009 at 1:06 am

    O PP subiu menos dun 0,23% en número de votos (3.000)

    IU subiu un 25% (3.000)

    O PSOE baixou un 13% (77.000)

    O BNG baixou un 14% (44.000)

    Facendo queixiños IU gaña “de calle”.

  27. cesare | March 3rd, 2009 at 1:10 am

    Sobchak, rebaterlle eses argumentos levaríame moito espazo. Pero aínda que fosen certos e inapelables, que non o son, non é posible tender unha ponte cara ese lado?

  28. Migraine Man | March 3rd, 2009 at 4:23 am

    De certo, meu vello, que hai unha dereita con menos rabo -con perdón- e menos cornos -perdón de novo- por aquí:chámase PSOE. E logo uns “corrutos” de feito coma foron os do BNG, que non che foi só a campaña de desprestixio do Quin, non. Estes seica montaron un chiringuito noxento pra mamar do teto todo o que puideron (o que estea libre de pecado…).

    Claro que falo do que outros me dixeron, non do que vivín por conta propia ¿Quen sabe? O mellor (optimismos ¡sí!) só e propaganda negra. Eu escoitei onte e hoxe varias veces “colleitaron o que sementaron”. Vale. Ben. Aínda así non me deixa de chama-la atención o xa vello dito dun xenio:”O galego non protesta, emigra”.

  29. W. Sobchak | March 3rd, 2009 at 10:49 am

    Non é preciso tender pontes. Son galego e creo firmemente na democracia e no estado. Así que non me queda outra que aceptar e asumir o que quixo a maioría da minha sociedade.

    Mais, aínda obviando a bagaxe do PP de Fraga, vendo as politicas que está a facer esta xente en Madrid (tenho amigos médicos alí) e en Valencia (tenho amigos profesores )entranme arrepíos.

    En fin, tempo ao tempo

  30. arume dos piñeiros | March 3rd, 2009 at 2:11 pm

    Xa vai sendo hora de que normalicemos a vida pública e dediquemos os esforzos nos foros correspondientes para compoñer un mínimo discurso positivo.
    Non nego que o PP pode facer algunhas cousas claramente rexeitables, pero esa furia conxunta contra o PP (sen entrar polo miudo) é de siareiros que, no nome da eficacia opositora, non trae ningunha consecuencia favorable.
    Ese NON, coa pintura dunha apocalipse, é a pior estratexia política. A maioría da xente non cre neses brancos e negros que tratamos de construir.
    Non sei por que sospeito que miramos a política igual que miramos os partidos de fútbol.

  31. cesare | March 3rd, 2009 at 2:17 pm

    Plas, plas, plas, arume. Plas, plas.

    O meu premio ao mellor comentario do ano. E estamos a marzo.

  32. arume dos piñeiros | March 3rd, 2009 at 2:48 pm

    Para ser o meu cumpreanos hoxe, vouno tomar como agasallo para todo o día. Permítamo.

  33. r.r. | March 3rd, 2009 at 5:23 pm

    Arumes é demasiado boa xente:
    despois da “campaña” do PP, dicir que nos poñemos (eu inclúome no NON desde xa) como siareiros na súa contra case é un eloxio, por comparación co hooliganismo. En todo caso, razón leva. Vai facendo falta que algún partido (político) no país, demostre ter programa e que non sexa de fútbol ou do corazón.

    Pero tamén é certo que agora o que toca é valorar como se goberna e que oposición se fai, ou facemos. Porque eu teño claro que se goberna o PP son oposición. Creo que non teño nin que ofrecer o beneficio da dúbida; en 39 anos da miña vida gobernaron o país durante 35 e creo que a súa política coñézoa relativamente ben. E agora que vivo “no rural”, case me poñería a presumir de especialista.

  34. r.r. | March 3rd, 2009 at 5:24 pm

    Ah, bueno, e o máis importante: apioverdetuyú, ¡puril! ;-)

Leave a Comment

1|2|3|4|5|6|7|8|9|10|11|12|13|14|15|16|17|18|19|20|21|22|23|24|25|26|27|28|29|30|31|32|33|34|35|36|37|38|39|40|41|42|43|44|45|46|47|48|49|50|51|52|53|54|55|56|57|58|59|60|61|62|63|64|65|66|67|68|69|70|71|72|73|74|75|76|77|78|79|80|81|82|83|84|85|86|87|88|89|90|91|92|93|94|95|96|97|98|99|100|101| Cialis name cheap Gemeric cialis viragra viagra pfizer status 365 pills viagra professional Buy levitra soft best price for viagra Buing levitra cheapest viagra canada viagra paypal levitra erection penis viagra prices walmart levitra supplied as Cialis perscriptions levitra de Canada cialis onlineBuy Generic Dapoxetine Online Canada paydayavailable.info Viagra Online no checking account payday loans magnum cash Quick Approval Payday loans faxless payday loans Buy Cheap Viagra Online Vardenafil Super Viagra Cialis Online Canada Viagra Online without Prescription Buy Levitra Online.Vardenafil Cialis Online without Prescription Cheap Cialis Viagra Coupon Cialis Coupon Viagra with dapoxetine Cialis Black Viagra Online Canadian Pharmacy Viagra Super Force Cheap Cialis Online Cialis Online Canada Cheap Levitra Without Prescription Buy Generic Cialis Online Buy Cheap Cialis Super Active Buy Viagra With Dapoxetine Online Cash Advances Payday Loans