Alguén pode explicarme qué gañou o BNG nestes trece días?
A dimisión é unha práctica hixiénica. Adiala o único que trae é roña.
Alguén pode explicarme qué gañou o BNG nestes trece días?
A dimisión é unha práctica hixiénica. Adiala o único que trae é roña.
Tamén se pode dicir que, pra puta e non gañar nada, mellor se muller honrada.
Discrepo!!!
Pode ser umha prática higiénica ou só vulgarmente histriónica. Muitas das demissons políticas caem dentro da última: histrionismo sans élégance. A mim esta demissom demorada parece-me elegante, sem ceder à pressom de fazer um falso “gesto belo”, como fez o Tourinho.
Ahá! Entón vostede mellorou a súa imaxe do BNG nestes 13 días grazas a esa dose de elegancia, non si?
Ante mim desde logo nom a empiorou e ainda a melhorou. Nom necessitava urgentemente o sacrifício expiatório polo pecado de perder as eleiçons.
Menos ainda o necessitava, se, como me dixo um alto cargo quintanista da Xunta, “daremos a cabeça do xefe negociando uns 6 postos”, nom sei se no conselho nacional ou na executiva.
De todas as maneiras, reitero o que já dixem noutrora: Os cargos internos do BNG só têm que responder da sua actuaçom em tanto que tais ante os afiliados do BNG, nom ante os nom afiliados. Quintana deve responder ante mim como Vicepresidente da Xunta, nom como porta-voz nacional do BNG, já que eu nom fago parte dessa organizaçom política. Assim que ante mim nom tem nem que demitir nem deixar de demitir como porta-voz do BNG.
Eu tampouco entendo a tardanza, e creo que só perxudica ao BNG. Foi un tour de force fronte aos críticos, un intento de agardar a que correse tempo e a xente estivera de mellor humor?
Por certo… Quen demo son os Esgas do cadro anterior?
Se cadra aínda están na fase de “ser ou non ser…”, “isto pásanos por ser máis galegos que…”, “mexan por nos e dicimos que chove”, e outras conachadas.
FraVernero: http://www.anosaterra.org/nova/espazo-socialista-galego-esg-artellase-como-grupo-dentro-do-bng-.html
eu creo que máis ben se trataba de ver se amainaba, e non amainou. outra decepción ver como quen non debería se pegaba ao sillón con superglú antidimisionario. en fin.
Gañar, non sei se gañaría moito, pero de entrada abortóuse unha grave crise. Ou aprazouse, xa non sabe un.
O que sí sei é que cando perde o Bloque gana o arrepiante bipartidismo.
xa tes a cabeza de “San Xoán Bautista” pero non é suficiente…agora criticas o resesa que arrecende…nun blogue de municións deberias concederlle certa graza ao suicida, o seu tempo e a súa liberdade.
Serán partidarios dos suicidios lentos?
Isto si e nacionalismo divertido: http://www.farodevigo.es/estaticos/promociones/cristaleria/index.html
Bo dia.
Estas bem?
Fai unha chea de dias que non leemos nada nos teus blogs e estamos un pouco preocupados.
Saudinha e Saudos,