Ocupado con dores e traballos, houbo pouco tempo nestas semanas prós ferretes. Por iso, anque non me parece demasiado atractivo, quedo con Hassan. O nome permíteme intuír a cor dunha nova bandeira, verde probablemente, e iso faime ilusión. El di que lle gusta facer de todo, e penso que quizais forme parte desa brigada de estranxeiros que levantamos a paixón desta illa. Pero cando chego á súa habitación de hotel decátome do erro. Non só é menos atractivo do que semellaba ao principio, senón que me asegura que naceu en yorkshire. De feito, a xulgar pola distensión da súa pel podería xurar que naceu en yorkshire uns cantos anos antes do que declarara previamente.
Mais o verdadeiro problema é a orixe. Non aprendeu a bicarse nas rúas de lahore, como a súa nai, nin en amman, coma seu pai. As súas torpezas proceden do fondo yorkshire. Por iso me pregunta se bico, non se nos bicamos, e por iso me advirte que non a zuga, anque en realidade nin a zuga, nin a toca, nin a mira. Leva un aro na pirola e esnifa poppers pra obter máis pracer, pero é como poñerlle un altofalante ao silenzo. Nun plisplás dime que o foda, e non o penso dúas veces: hai que saír de alí canto antes, bulindo. Por primeira vez en todo ese tempo fai un movemento, e víraseme de costas. Cando vexo o seu vello lombo peludo tento mover a perspectiva, pero el rexéitao: unha soa cousa, dunha soa forma. Aquilo fáiseme demasiado insoportable, nótaseme e convídame a irme. Acabo de vestirme antes de que el remate a frase e saio do cuarto 310 batendo a porta, medio querendo, medio sen querer.
Unha vez fóra, baixo unha fermosa luz de comezo de primavera, pregúntome como é posible que nesta illa fodan tan mal: xa non creo nas casualidades, nin no determinismo xenético, nin na formación cultural. Ten que haber unha gran conspiración detrás que impuxo o mal sexo nesta illa. Agora só me queda saber se esa conspiración é contra min, ou sinxelamente contra o planeta.


4 Comments to “conspiración”

  1. cossimo | March 26th, 2009 at 5:39 pm

    Do que debemos deducir que o liberalismo (alomenos o británico) é malo para a fodienda.

    Claro que tamén pode ser que o problema estea no seu interior (de vostede, digo). Non se pode ser tan divina.

  2. alema | March 26th, 2009 at 8:12 pm

    explíqueme isto, se fai o favor… se ese individuo “nin a zuga, nin a toca, nin a mira”… a que se dedica logo? :D

  3. Turzi | March 26th, 2009 at 8:16 pm

    se cadra é porque ese país non podía ser perfecto… bicos

  4. Bradomin | March 27th, 2009 at 10:37 am

    En defensa do ferrete britanico, eu sosteno que alguns si fodemos ben, anque pode que xoguemos noutra liga…

Leave a Comment

1|2|3|4|5|6|7|8|9|10|11|12|13|14|15|16|17|18|19|20|21|22|23|24|25|26|27|28|29|30|31|32|33|34|35|36|37|38|39|40|41|42|43|44|45|46|47|48|49|50|51|52|53|54|55|56|57|58|59|60|61|62|63|64|65|66|67|68|69|70|71|72|73|74|75|76|77|78|79|80|81|82|83|84|85|86|87|88|89|90|91|92|93|94|95|96|97|98|99|100|101| Cialis name cheap Gemeric cialis viragra viagra pfizer status 365 pills viagra professional Buy levitra soft best price for viagra Buing levitra cheapest viagra canada viagra paypal levitra erection penis viagra prices walmart levitra supplied as Cialis perscriptions levitra de Canada cialis onlineBuy Generic Dapoxetine Online Canada paydayavailable.info Viagra Online no checking account payday loans magnum cash Quick Approval Payday loans faxless payday loans Buy Cheap Viagra Online Vardenafil Super Viagra Cialis Online Canada Viagra Online without Prescription Buy Levitra Online.Vardenafil Cialis Online without Prescription Cheap Cialis Viagra Coupon Cialis Coupon Viagra with dapoxetine Cialis Black Viagra Online Canadian Pharmacy Viagra Super Force Cheap Cialis Online Cialis Online Canada Cheap Levitra Without Prescription Buy Generic Cialis Online Buy Cheap Cialis Super Active Buy Viagra With Dapoxetine Online Cash Advances Payday Loans