dor

Aínda que non é esa a única razón, levo un tempo apartado deste blog por causa da dor. A orixe desta dor non a coñezo exactamente, pero podo intuíla. O caso é que, por algún motivo, alguén deixou unha lámpada acesa á altura do meu ombro esquerdo, dentro, ben dentro, e moi a miúdo noto a súa intensa incandescencia. A lámpada brilla con máis forza cando escribo, e tamén cando ando en bicicleta, cousas as dúas que ocupan moitas das miñas horas. E cando leva tempo brillando, a lámpada espalla a súa luz polos músculos próximos, e baixa polo tendón ata o cóbado, e logo ata o pulso, como un peixe abisal que fose perdendo dolorosa fosforescencia. Ao cabo dóeme o pescozo, e a cabeza, e dórmenseme os dedos do medio, e sóbeme a febre.
Cando me deito, non sei ben por que, alguén desenchufa a lámpada e mentres durmo todo pouco e pouco recupera a súa escuridade interior. Pero ás veces, no medio da noite, alguén acende a luz de novo e esperto coa dor: deduzo que o manipulador da lámpada é dese horrible tipo de xente que se ergue da cama pra mexar.


6 Comments to “dor”

  1. Pancho | March 26th, 2009 at 10:26 pm

    Se isto é ficción, cóntoche que é dos mellores relatos breves que lin en moito tempo -¡qué palabra!-. Se é crónica, vaite ó médico. Aperta.

  2. peke | March 27th, 2009 at 11:11 am

    Iso, vai ao médico, ho.

  3. Migraine Man | March 28th, 2009 at 1:02 am

    Tes a miña completa solidariedade. Xa temos outra cousa en común, xa que logo…

  4. ghanito | March 28th, 2009 at 2:40 am

    Lamento moito que teñas esa dor, porén esta entrada é extraordinaria.
    En días coma hoxe entendo porqué moita xente á que lle respeto o criterio di que este é o mellor blogue escrito en galego.

  5. willy | March 29th, 2009 at 12:43 am

    que non poida andar en bicicleta poderemos levalo ben, pero que non poida escribir… vaia ao médico xa!!!

  6. Anonymous | March 31st, 2009 at 12:18 pm

    Pode ser que sepa ben cal é a dor da que falas, porque as veces tamén a sinto forte, no peito. Aínda que recordo que esa luz perdeu a sua intensidade no momento en que a bombilla caeu ó chan. E rompeu.

Leave a Comment

1|2|3|4|5|6|7|8|9|10|11|12|13|14|15|16|17|18|19|20|21|22|23|24|25|26|27|28|29|30|31|32|33|34|35|36|37|38|39|40|41|42|43|44|45|46|47|48|49|50|51|52|53|54|55|56|57|58|59|60|61|62|63|64|65|66|67|68|69|70|71|72|73|74|75|76|77|78|79|80|81|82|83|84|85|86|87|88|89|90|91|92|93|94|95|96|97|98|99|100|101| Cialis online sale levitra 10mg buy viagra USA Impotence drug cialis pills generic cialis florida Legal way to get cialis levitra and mussel cramps levitra free fedex levitra ordering what does a generic viagra look like cialis discount viagra greate britain low dose cialis cialis black reviews 10low cost levitra sildenafil 100mgBuy Generic Dapoxetine Online Canada paydayavailable.info Viagra Online no checking account payday loans magnum cash Quick Approval Payday loans faxless payday loans Buy Cheap Viagra Online Vardenafil Super Viagra Cialis Online Canada Viagra Online without Prescription Buy Levitra Online.Vardenafil Cialis Online without Prescription Cheap Cialis Viagra Coupon Cialis Coupon Viagra with dapoxetine Cialis Black Viagra Online Canadian Pharmacy Viagra Super Force Cheap Cialis Online Cialis Online Canada Cheap Levitra Without Prescription Buy Generic Cialis Online Buy Cheap Cialis Super Active Buy Viagra With Dapoxetine Online Cash Advances Payday Loans