Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Blog Archive » mal de escola

I

Os estudantes son agora moito peores ca antes –dime un profesor universitario de 31 anos–. O outro día púxenlles ao grupo B un exercicio que fago todos os anos: teñen que preparar unha noticia e locutala como se fose un telexornal, metendo a cabeza por unha tele de cartón. Este ano copiaron en cinco minutos unha nova de internet, e comezaron a lela tal cal. Eu cortei o exercicio de raíz e pasamos a outra cousa.

II
Calquera manual de pedagoxía podería sinalar os erros desa práctica: dende a definición dos obxectivos ata un modelo de aprendizaxe baseado na nota, pasando por construír situacións irreais que conducen a que criaturas, a miúdo batante máis achegadas á realidade cós seus profesores, bordeen ou eludan o absurdo. Se ademais este novo pero experimentado profesor lese Mal de escola, de Daniel Pennac, podería intuír que a culpa do fracaso do exercicio era en boa medida súa.
As renovacións pedagóxicas, as contrarrenovacións, os sindicatos, os políticos, as anpas e os medios de comunicación foron sinalando como causas do fracaso escolar o método, as reformas legais, as infraestruturas, as familias desestruturadas, as vacacións dos profes ou esa violencia da mocidade que tan precisamente describe Pennac. Pero o erro está na falta de amor, como di Pennac, e na falta de autocrítica, que é outra vertente da falta de amor.
Mal de escola é poliédrico, embarullado e marabilloso, anque Pennac é fondamente conservador: de aí a súa teima nos alicerces do ensino: a ortografía, a literatura dos séculos pasados (ás veces moi pasados) ou, ata un punto que asusta, a proposición subordinada adverbial concesiva, que a pequena Nathalie, con toda lóxica, non entende. A escola ten que revisar métodos e amores, si, pero tamén contidos, ese pequeno e obsesivo apósito que vai xunto á aprendizaxe de modelos, e sobre o que, estrañamente, avaliamos.

Mercar Mal de escola na libraría Couceiro.


14 Comments to “mal de escola”

  1. «Mal de escola» « Xerais blog | March 29th, 2009 at 5:47 pm

    [...] «Mal de escola» By xerais Recollemos a anotación que sobre Mal de escola de Daniel Pennac publica Cesare no seu blo As túas balas. [...]

  2. peke | March 29th, 2009 at 8:24 pm

    Precisamente acabo de mercala en Biblos.

  3. Melinha | March 30th, 2009 at 12:42 am

    Estou totalmente de acordo, non sei cómo se podería facer, pero no ensino, por riba de calquera profesión, debríase esixir amor.

    O mestre, debería amar e respetar a materia que imparte, ata o punto de deixar a pel en transmitila.

    Encántame lerte

  4. cesare | March 30th, 2009 at 9:17 am

    Ola, Mela, :)

    Eu creo que o amor á materia é case o contrario do amor aos alumnos, que é o que defende Pennac.

  5. Melinha | March 30th, 2009 at 12:12 pm

    ola,

    A verdade non lin nada de Pennac, mais non creo que o amor á materia ou ós alumnos sexa excluínte, o ideal sería que se complementasen. ¿non?

    É máis fácil transmitir o que un ama, a min marcáronme mestres apaixoados polo que ensinaban…

  6. cesare | March 30th, 2009 at 1:01 pm

    Non sei, Mela, creo que partimos de situacións diferentes. Non creo que os meus profesores malos non amasen as súas materias; pero o que si sei é que non nos querían a nosoutros.

  7. Tino | March 30th, 2009 at 4:05 pm

    Se cadra é unha cuestión de perspectiva, pero eu coido que se aos profesores nos falta autocrítica (que nos falta, abofé) é porque nos sobra heterocrítica. Non coñezo a moitos mecánicos, dentistas, contables, arquitectos ou técnicos informáticos aos que a clientela lles diga como teñen que facer o seu traballo. Pola contra, dun tempo a esta parte os pais teñen como primeira opción dos malos resultados dos seus fillos o mal labor dos mestres.

    E por certo, dentro da heterocrítica ao profesorado inclúo aos pedagogos. Certo que é unha xeralización pero, despois dunha década dando clase, estou agora a estudar pedagoxía e decátome de que os máis dos especialistas en pedagoxía SON XENTE QUE NON DOU CLASE NA SÚA VIDA, os menos fixérono na Universidade.

  8. cesare | March 30th, 2009 at 5:30 pm

    Tino, estou superconvencido de que os malos resultados dos alumnos se deben, fundamentalmente, aos mestres. En todo caso, estou seguro de que calquera mecánico, dentista, contable, arquitecto ou técnico informático recibe unha presión bastante semellante dos seus clientes.

    De por parte, non vou defender os pedagogos, así, en xeral. Pero estou certo tamén de que pra ser un bo profesor é máis importante a experiencia como alumno, do que a experiencia como profesor. Como di Pennac no seu libro, só deberían chegar a profesores os malos alumnos.

  9. Tino | March 30th, 2009 at 7:50 pm

    A min gustaríame que atribuir as causas dos malos resultados dos rapaces fose tan doado, xa fosen os mestres os culpables ou calquera outro factor. Porén penso que a realidade é ben outra. Non só cada rapaz constitúe un caso ben específico; ademáis, as máis das veces cada caso é o resultado dunha pluralidade de factores. Entre eses factores está, sen dúbida, o sistema educativo (que determiina obviamente a marxe de acción dos mestres). E despois, claro, estamos os mestres, que tamén debemos responsabilizarnos.

    No tocante ao dentistas e compañía, eu non dixen que non tiveran presión, que a teñen. Digo que ninguén (que non comparta profesión con eles) lles di como teñen que facer o seu traballo, cousa que si pasa cos mestres. Por que? Polo que apunto vostede a seguir, quen máis quen menos, todo o mundo tivo experiencias educativas e por tanto, todos nos consideramos con dereito non a opinar, senón con dereito a esixirlle aos profesionais que compartan a nosa opinión. Non me parece razoable.

    POlo demáis, a frase de Pennac paréceme ben coma frase (coma frase olímpica) e mesmo coñezo algún caso de bo exercicio da profesión por quen foi alumno revirado. Pero así a bote pronto tampouco me parece unha máxima moi fiable.

    Eu prefiro a de Finkielkraut (se é que acertei na escrita): a escola é o derradeiro reducto de modernidade nun mundo posmoderno. Debe seguilo sendo? Velaí a cuestión.

  10. cesare | March 30th, 2009 at 9:17 pm

    A pluralidade de factores, hehe… :) Home, dende logo, a extracción social do estudante é un “factor de risco”, pero non é unha causa. Outra cousa é que un mestre/a pode non ser suficiente pra loitar contra o temporal (e contra os outros mestres) pero os únicos responsables directos son os profesores: ás veces hai poucos recursos, e ás veces o sistema é demasiado ríxido, pero como dicía sabiamente Asterix, botarlle a culpa ao que comeron os xabarís non é razoable.

    Tampouco creo que haxa que suicidarse por cada un dos casos de fracaso escolar cos que nos cruzamos: reduciría as listas de paro, pero saturaría os camposantos. Tamén do libro de Pennac se deduce que non todos podemos salvar a todo o mundo. Pero cada un de nós pode salvar algún.

    Con respecto a ese sabio con nome de salchicha, ás veces molaría que fose un reduto de modernidade: canto máis avanzamos no proceso educativo, máis nos adentramos na Idade Media.

  11. Migraine Man | March 31st, 2009 at 3:08 am

    Lembro a historia dun rapaz que hai vinte anos entrou nun certo IES dunha certa capital galega do interior, cara o sur. Lembro que se sentiu coma se o separasen do seu mundo, descubrindo a esa pouca idade a terrible “realidade”: alí ninguén se ía preocupar por el. Dunha comunidade que se podería definir por ese nome, pasou a unha auténtica colmea de incomunicación, de o levou á rastro. Para terminar de enchela aquel ano enfermou gravemente, máis de dous meses pechado na casa, o curso perdido. Mágoa. O seguinte ano, máis do mesmo por parte “dos demáis”. No noso amigo, o medo converteuse en carraxe, unha mal enfocada rebeldía. E seguiu a cousa á rastro. O cuarto ano os miolos simplemente xa non querían funcionar coma deberían, e deixouse levar ¿quen o ía notar? Todo un triunfo da alienación. Alguen dirá que podería ter loitado por si mesmo máis, que para iso estamos na vida, etc. O caso é que NINGUÉN se preocupou por levantalo, comezando por aqueles nos que poñemos toda a confianza no ensino:aqueles que ensinan. Era tal a apatía que o noso heroe non puido resisti-lo nacemento da ansiedade, ou se queredes interpretala doutro xeito, depresión, xa que seica son cousas diferentes.

    Un tempiño despois mellorou a cousa, entrou de novo no sistema educativo, pasou con nota os diferentes cursos e chegou á universidade. Pero, amigo, alí a cousa era ben peor. Nunca vira o noso rapaz tanto pasotismo e despreocupación por aqueles que se chamaban mestres ¡hah! Mirando dende as súas cátedras, uns tronos dourados e inaccesibles, seica era o que pensaban ¿Sería que canto máis cobraban, canto máis ascendían os profesionais do ensino na xerarquía Escola-Instituto-Universidade máis ruins eran e máis “sobrados”? Pois ben, aquel rapaz deixouno tres anos despois, incapaz de escribir un só exame, así que ¿para que perde-lo tempo alí? Ainda por riba, tiña que pagar un diñeiral -para el- de matrícula.

    Unha vez caido no mundo con esa perspectiva de como funcionan as cousas, aprendida a base de couces dos demáis seres humanos que o rodeaban ¿que facer?¿Comer ou ser comido, coma eles teimaban en lle ensinar?

  12. peke | March 31st, 2009 at 10:03 am

    É moi doado botarlles as culpas dos nosos males aos demais, pero tamén é inexacto e inxusto. As influencias existen, por suposto, pero tamén hai outros moitos factores para ter en conta. Hai unha casa, unha familia, uns amigos e unha sociedade, da que a escola forma parte, pero esta non é o único mundo no que se move un rapaz.

  13. cesare | March 31st, 2009 at 10:10 am

    Heheh, Peke, :)
    Non asuma culpas que non son súas. Tampouco nos vexa aos outros como “os demais”.

    A sociedade, a familia, os amigos, poden ser chunguillos, pero supoño que é aí onde ten que actuar a escola, non? porque a educación de quen xa vén educado de serie non ten moito mérito, non?

  14. «A clase» e «O valor do envoltorio» « Xerais blog | April 8th, 2009 at 10:09 am

    [...] que poderían asinar os irmáns Marx, se non fose porque o conto é triste. Tiña boa razón un dos comentaristas deste blog: a escola é o último espazo moderno nun mundo postmoderno. Pouco mudou a escola dende o tempo que [...]

Leave a Comment