Se non me chegaba xa coa lectura de Mal de escola, vou a embiburgo pra ver o fantástico filme Entre as paredes, traducido aí embaixo como A clase, e publicado como novela tamén con ese estraño e, ao meu ver, distorsionador nome — editores, pronúnciense, :) —. Porque nese espazo que construíu a escola moderna (republicana (!) chámanlle os franceses), nada funciona. O filme é devastador: o catálogo de malas prácticas pedagóxicas repásase de principio a fin, e a falta de respecto constante dos mestres cara aos alumnos vai medrando ata que remata da única maneira que pode facelo: o profe chámalles putas ás alumnas e un estudante é expulsado nunha escena tan dantesca que poderían asinar os irmáns Marx, se non fose porque o conto é triste.
Tiña boa razón un dos comentaristas deste blog: a escola é o último espazo moderno nun mundo postmoderno. Pouco mudou a escola dende o tempo que estudaron os nosos pais, agás polas zostregadas nas unllas e demais castigos físicos. E pouco mudará se seguimos a aparvar a perdiz: unha reforma urxente é necesaria, de currículo, de actitudes e de dinámicas, que sitúe os rapaces no centro, e non os profesores… ata de arquitectura dos centros debe mudar, pra axudar a romper ese espazo artificial e absurdo creado entre as paredes.

Mercar A clase na libraría Couceiro.


13 Comments to “mal de escola, 2”

  1. procastino | April 2nd, 2009 at 1:21 pm

    Ola, despóis de ler os comentarios do outro post sobre a escola e este, un par de cousas desde a perspectiva persoal dun profesor que aínda non veu a peli nin leu o libro.
    Concordo contigo en case todo o que dis, a escola é arcaica e precisa de reformas urxentes que, seguramente, aquí non se darán debido á inercia enorme deste sistema político-educativo.
    Os profesores non podemos culpar aos alumnos, serán mellores ou peores, pero un rapaz/a de 15 anos apenas tivo tempo de tomar ningunha decisión autónoma sobre a súa vida, son froito dun sistema moito máis grande ca eles. Son os alumnos que temos, e con eles temos que traballar o mellor posible.
    Os profesores son responsables nos fallos da escola, desde logo, pero non os únicos responsables nin os que poden cambiar o sistema eles sós.
    O amor polos alumnos, desde logo, é imprescindible para facer ben este traballo. Non sei se é suficiente, pero é imprescindible.

  2. Tino | April 2nd, 2009 at 10:16 pm

    A frase, como dicía no outro post, é de Finfkielkraut e pode atopala aquí:

    http://www.anagrama-ed.es/titulo/A__87

  3. cesare | April 3rd, 2009 at 7:19 am

    Uis, Tino, pero despois desta frase “Finkielkraut se indigna por el estado moral de una sociedad a la que le da igual un cómic que una novela de Nabokov, un slogan publicitario que un poema de René Char, un partido de fútbol que un ballet, o un videoclip que una ópera de Verdi”, xa non sei que pensar. Porque a min que me gusta o balé, a ópera e Char, e que teño boas referencias de Nabokov (inda non o lin), disfruto intlectualmente do fútbol, da publicidade, dos videoclips e, abofé, da banda deseñada. Dáme a sensación de que este mozote Finkielkraut non lle gustaría situar a escola na época posmoderna, senón levar todo o planeta á época moderna.

  4. Tino | April 3rd, 2009 at 7:53 am

    Eu non estou de acordo coa maioría da afirmacións do autor nese libro, pero paréceme unha lectura ben estimulante. Coido que o autor describe ben o momento actual (o momento actual de hai uns anos) e expresa a típica protesta de quen non acepta que lle moveran as coordenadas nas que se sentía seguro. E o máis feble da súa postura, ao meu modo de ver, é que critica a visión posmoderna da realidade pero, sen promover a volta a unha modernidade imposible, tampouco ofrece ningunha outra alterntiva que non sexa refuxiarse en Shakespeare a-la-Bloom.

    Por iso digo que como lectura é interesante, non para “cargarse de argumentos” senón para o contrario: para reflexionar e facerlle oposicións.

  5. cesare | April 3rd, 2009 at 7:57 am

    Pois mólame esa idea…; paréceme moi atinado o que dixo vostede ata agora acó, ;) fágome fan.

    Agora teño que ir marchando, pero logo miro de mercar en amazon.fr ese libro, ;)

  6. Migraine Man | April 3rd, 2009 at 1:00 pm

    Ai rapaces, non faledes tanto de posmodernismo que me dan ganas de invadir Polonia.

  7. cesare | April 3rd, 2009 at 1:17 pm

    lol lol lol lol

  8. Tino | April 3rd, 2009 at 2:54 pm

    Probe nunha biblioteca antes de mercalo (iso fixen eu), non quero ter ese cargo (na visa) sobre a miña conciencia, e se logo non lle gusta?

  9. cesare | April 3rd, 2009 at 10:57 pm

    Xa mirei na biblioteca… pero empezo a dubidar que se editase fóra do continente, ;)

  10. procastino | April 4th, 2009 at 3:52 pm

    A min ninguén me contesta. Tiña que ter escrito “posmoderno” nalgunha parte do meu comentario. Síntome ignorado.

  11. cesare | April 4th, 2009 at 4:01 pm

    Hahah, eu concordo con vostede plenamente… non vexo en que o podo rebater…

  12. procastino | April 4th, 2009 at 6:30 pm

    hehe… vale, serei máis polémico no seu novo post.

  13. «A clase» e «O valor do envoltorio» « Xerais blog | April 8th, 2009 at 10:08 am

    [...] de Cesare sobre Mal de escola. Hai uns días publicou outras dúas anotacións de grande interese, a primeira sobre A clase e a segunda sobre O valor do [...]

Leave a Comment

1|2|3|4|5|6|7|8|9|10|11|12|13|14|15|16|17|18|19|20|21|22|23|24|25|26|27|28|29|30|31|32|33|34|35|36|37|38|39|40|41|42|43|44|45|46|47|48|49|50|51|52|53|54|55|56|57|58|59|60|61|62|63|64|65|66|67|68|69|70|71|72|73|74|75|76|77|78|79|80|81|82|83|84|85|86|87|88|89|90|91|92|93|94|95|96|97|98|99|100|101| buy levitra online canadianpharms com generic levitra softtabs cheapest cialis tadalafil 20 mg levitra 50mg cheap Best levitra price how can i buy viagra in us Cialis prevacid lowest prices on viagra super force 100mg60mg pills cialis online store viagra express levitra promise buy cheap cialis drug canada cialis with prescription Cialis in dublin levitra active ingredient cheap generic viagra 100mg discount generic levitra order levitra onlineBuy Generic Dapoxetine Online Canada paydayavailable.info Viagra Online no checking account payday loans magnum cash Quick Approval Payday loans faxless payday loans Buy Cheap Viagra Online Vardenafil Super Viagra Cialis Online Canada Viagra Online without Prescription Buy Levitra Online.Vardenafil Cialis Online without Prescription Cheap Cialis Viagra Coupon Cialis Coupon Viagra with dapoxetine Cialis Black Viagra Online Canadian Pharmacy Viagra Super Force Cheap Cialis Online Cialis Online Canada Cheap Levitra Without Prescription Buy Generic Cialis Online Buy Cheap Cialis Super Active Buy Viagra With Dapoxetine Online Cash Advances Payday Loans