Sempre me pareceu curiosa a relación que tiña Peke coas súas fisioterapeutas. O xeito de falar delas, ou de escribir, facíame crer que mantiña en realidade duna relación sentimental con elas.
Hoxe foi a miña primeira cita con Stewart. Stewart é baixiño, leva a cabeza afeitada, e ten uns ollos azuis moi luminosos. Terá uns vintecinco anos de forte acento escocés enriba, tanto como as mans. Deitei o meu corpo brando e encanastrado na padiola, e concentreime en relaxarme. Mentres, el foi exhibindo o poder das mans, levándome onde el quería: á relaxación no ombreiro, arrastrando os seus dedos contra as miñas enrugas, ou á dor na chavella, presionando cos polegares un botón que nin sequera sabía que había. Despois pasou aos cariños, cun estroupelear suaviño contra as vértebras do pescozo, primeiro por detrás, e logo por diante, tratando de facer maior o espazo entre a sexta e a sétima: alí é onde, segundo el, está o enchufe da lámpada.
E eu, como xa o amo, fágolle caso.

A min para pescozo e ombreiros déranme hai anos unhas doses de baixo voltaxe. Maaaaal.
Acabarás por adorar as súas mans.
Teño tanta experiencia neste asunto, coma doente¡¡ que xa distingo unahs boas mans dunhas inexpertas. Incluso tiven unha rehabilitación un pouco especial. Isto é así na realidade, a fisio intriducía dous dedos con lubricante na vaxina e eu tiña que apretar según ela mo indicaba/mandaba e contaba ata dez¡¡¡ Ben despois me deixaba enchufada a un aparello intravaxinal e sabía que o estaba facendo ben porque o aparello tiña música, e si non apretaba correctamente estaba en silencio. O meu mal e a incontinencia¡¡¡
Saúdos e saude
Silvia