Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Blog Archive » mal de escola, e 3

Xa en racha, prosigo e remato esta arroutada pedagóxica coa lectura d’O valor do envoltorio, un estudo sobre a introdución das TIC no sistema educativo. O volume é, dende logo, moi interesante. Anque quizais resulta algo denso e pouco directo, e anque careza dun imprescindible índice onomástico, illa moitos dos problemas e dos retos diso que se chama escola, principalmente o conservadorismo e refracción do profesorado aos cambios.
A seguir ou no medio discuto con Barataria, que traballa ao meu carón, sobre o concepto clave: a motivación. A imaxe é esta: Hai un gato pechado na despensa e temos a casa chea de ratos que, en boa lóxica darwiniana, son cada vez máis espilidos. A función do gato sería ‘negociar’ cos ratos, pero o certo é que na despensa, onda os chourizos e as conservas de peixe, se está moi ao xeito. Ata hai unha xanela elevada pola que entra a raxeira durante tres meses ao ano. Nós, como xestores da casa, deberiamos botar o gato fóra; en primeiro lugar porque temos un problema cos ratos, e en segundo lugar porque os chourizos e as latas de bocareu non son infindas. Pero cada vez que entramos na despensa pra botalo fóra, o gato enrabecha, revira os pelos do lombo, incha a cola e bufa. E canto máis o deixemos estar na despensa, menos gana vai ter de marchar. Ademais, tampouco nos valería sacalo ás bravas da despensa (conseguímolo un par de veces, enganándoo con horas de cepillado do lombo), porque ao menor descoido volvería entrar. Teriamos que convencelo de que a ardua tarefa de poñerse á altura dos ratos, de correr atrás deles, e de ‘negociar’ con eles (que é o motivo polo que temos gato), é máis molona ca deitarse a lamber a graxa que cae das chourizas.
Prégase aos gatos que lean isto que dean consello.

Mercar O valor do envoltorio na libraría Couceiro.


25 Comments to “mal de escola, e 3”

  1. procastino | April 4th, 2009 at 6:56 pm

    Evidentemente, existe un sistema que non só permite, senón que promove, o acceso á función docente dos gatos nugalláns e lambóns e, evidentemente, é preciso que estes mininos se poñan as pilas porque, se non, a casa vai estar chea de ratos cabreados.
    O que creo que é un erro, e xa deixo de lado a metáfora felina, é pensar que a solución pase por reducir as vacacións (os famosos fineses teñen menos días lectivos ca nós) ou evitar as melloras salariais (pouco aumento de motivación conseguiremos así).
    Lembre que existen gatos que si cazan ratos, normalmente polo mesmo soldo que os que quedan na alacena, e o importante sería recompensar a estes en vez de ignoralos.
    Certo que existen moitos factores, sindicatos e outros restos da época moderna, que van ser un obstáculo, pero creo que ise sería parte do camiño.

  2. cesare | April 4th, 2009 at 10:05 pm

    O argumento das vacacións é un tanto demagóxico, pero ao mesmo tempo é “real”, é dicir, é percibido pola sociedade como un agravio comparativo que non fai máis ca ir en contra da clase docente. A solución óptima sería que os profesores tomasen a inciativa de renunciar parcialmente a esas vacacións, transformándoas en períodos de formación e preparación. Porque o problema de como o profesorado é percibido pola sociedade non é pequeno.

    En todo caso, iso non é o máis importante. Concordo plenamente con que non é xusto que se valore igual diferentes niveis de traballo; pero son os órganos representativos do profesorado, os sindicatos, os que máis pulan por manter un sistema de iguais retribucións a diferentes implicacións, premiando os gatos que lamben o bandullo debaixo dos chourizos. Eu estou a favor de motivar o felino a que saia da despensa con diñeiro fresco, pero vostede cre que é viable? E se non o fose, con que máis poderiamos convencelos?

  3. gamilo | April 5th, 2009 at 12:02 am

    Viva o precio(carto) e a xerarquización.

  4. procastino | April 5th, 2009 at 11:53 am

    Desde logo que a percepción do profesorado pola sociedade é importante, pero renunciar voluntariamente ás vacacións… iso doe no corazón de calquera mortal! Eu, en calquera caso, non empezaría por aí. Creo que os profesores deberiamos esforzarnos máis en explicar e facer ver que non só nos movemos polos salarios ou as vacacións.
    En canto ao medo dos sindicatos a incentivar profesionalmente ao profesorado, eu comprendo que o fan por medo a que iso abra as portas dunha certa “empresarialización” do ensino, medo que eu comparto. Pero estou canso de ver profesorado motivado tirar a toalla ao non ver recoñecemento ningún ao seu traballo.
    Viable? eu penso que, a modiño, poderíao ser…

  5. procastino | April 5th, 2009 at 11:54 am

    Uff… tres veces medo na mesma frase!

  6. cesare | April 5th, 2009 at 12:03 pm

    Hahaha, si, debería irse mirar. :)

    Que tería de malo unha empresarialización do ensino?

  7. gamilo | April 5th, 2009 at 2:21 pm

    Refirese vostede a privatizacion de todo o sistema educativo?,ou tal vez lle moleste a vostede que se priorice a igualdade fronte ao merito(esforzo e disciplina, Pilar del Castillo dixit),…..

  8. cesare | April 5th, 2009 at 8:29 pm

    Non sei por quen o di, Gamilo, pero si, a min amólame que se priorice a mediocridade, non a igualdade.

  9. gamilo | April 5th, 2009 at 11:16 pm

    Que é iso da mediocridade se falamos de ensino obrigatorio??? non o didia por ninguén,non é un tema personal polo menos non estaba no meu ánimo, desculpe si se sentiu molesto.

  10. procastino | April 5th, 2009 at 11:20 pm

    Non lle teño moito medo eu a que certos aspectos da filosofía empresarial se aplicasen no eido público, se ben deixando moi, moi claro, que unha escola pública non é unha empresa nin debe selo.
    E a min si que me molesta que se priorice a igualdade, se falamos do profesorado.

  11. cesare | April 5th, 2009 at 11:23 pm

    Ais, Gamilo, que aquí ninguén se molesta, :) e menos por iso… :) Eu (e creo que Procastino tamén) falabamos da mediocridade do profesorado, non dos estudantes. :)

  12. cesare | April 5th, 2009 at 11:24 pm

    Home, procrastino… A escola pública non tería como obter beneficios. Ora que unha xestión máis empresarial sería positiva en moitos aspectos.

  13. gamilo | April 5th, 2009 at 11:26 pm

    E o do corpo único de ensinantes, non lle parece una boa idea, entendendo que o ensino e un traballo colectivo e non segmentado en áreas ou materias que forzosamente deberian estar integradas, como integral debera ser a formación dos suxeitos que pasan pola escola.

  14. cesare | April 5th, 2009 at 11:33 pm

    Con corpo único refírese a que non haxa divisións por materias? Pois podería estar moi ben… :) E que os equipos directivos dos centros puidesen ‘fichar’ os profesores que máis lle interesan conforme o perfil que lle queren dar ao centro, tamén.

    Pero como di Pennac á pregunta de “isto conta para a nota?”: “por suposto, todo traballo merece o seu salario”.

  15. procastino | April 5th, 2009 at 11:47 pm

    Eu estou a favor do corpo único de ensinantes desde o punto de vista que as diferenzas actuais entre mestres e profesores son absurdas e desfasadas, pero o que non podo entender é que o ensinante que só quere perder o tempo imprescindible cos seus alumnos, ao mellor para poder ter outra actividade privada polas tardes, teña o mesmo recoñecemento que quen traballa máis horas das que ten obrigadas só por responsabilidade.

  16. gamilo | April 5th, 2009 at 11:49 pm

    Non, son duas cousas ben distitas,e anguriome so con pensar que os directores poideran fichar, porque me seguirá sonando a ideario de centro (que xa existe na privada hoxe),non definitivamente creo que agravaria os males que padece a escola publica hoxe e dende logo a Pennac e xente coma el fichariano poucos directores pareceme a min.

  17. gamilo | April 5th, 2009 at 11:51 pm

    Procastino, estou dacordo pero iso solucionariase cunha lei de copatibilidades que se aplique na practica.

  18. cesare | April 5th, 2009 at 11:52 pm

    A iso se referían co de corpo único?? aghasús… pois claro!

  19. cesare | April 5th, 2009 at 11:58 pm

    Non estou de acordo, Gamilo.

    1) Por que supón que a Pennac o ficharían poucos directores? En todo caso, con que o fichase un chegaría. Un, por exemplo, que quixese un centro non demasiado innovador, pero entregado ás humanidades. Por que un “plan de centro” sería malo? Non molaría que eu puidese escoller entre mandar os meus fillos a un colexio innovador ou a un canónico e prestixioso?

    2) Non todo se soluciona con leis e normas. Menos normas, e máis vontade de cumprir. Se é por iso, antes tería que haber un corpo de inspección que funcionase, que despedise e expedientase profesores a mancheas, que controlase as baixas, etc. Pero, anque iso debe funcionar, o que se trata é de estimular a quen traballa, de recompensalo, non de castigar a quen non o fai.

  20. gamilo | April 6th, 2009 at 12:14 am

    Pois pidaos salario digno(o meu non me parece indigno e menos cos tempos que corren, Non creo que un plan de centro fose malo ao contrario creo que seria bo concertas condicions. Respecto ao d@s fill@s non teño. Permitame recomendarlle “Ramón Casares e Ignasi Vila

    La reforma educativa del PP
    El mérito frente a la igualdad ”
    No segundo ponto estou dacordo con vostede.

  21. gamilo | April 6th, 2009 at 12:16 am

    Amañome mal con esto das novas tecnoloxias disculpen os erros.

  22. procastino | April 6th, 2009 at 2:17 pm

    Se cadra puxen o exemplo máis estremo, pero sigo a pensar que dentro da profesión hai xente que está para cumplir o expediente e xente que quere facer algo máis, e a situación é que estes últimos acaban por desmoralizarse ao non teren recoñecemento algún.
    Eu tamén teño medo á privatización do ensino, pero penso que enrocarnos en posicións proteccionistas que manteñen o sistema anquilosado, é o camiño máis rápido para perder o prestixio social e acelerar ese proceso.

  23. cesare | April 6th, 2009 at 2:24 pm

    A maior razón que impulsa a privatización do ensino é a perda de calidade do público. Canto máis perda o público (canto máis se anquilose, canto menos de adapte aos cambios), máis emerxerá o ensino privado.

    Tamén deberiamos pensar cal é o obxectivo do ensino público. Ás veces, falando con profesores, parece que a única diferenza entre o ensino privado e o público é que non o público non te poden botar. E así vai.

  24. Olvidos | April 6th, 2009 at 6:19 pm

    Del blog de Yoana Sanchiz :http://desdecuba.com/generaciony/
    Ya un profesor se lo confesó a mi hijo y a sus colegas, cuando comenzaban el séptimo grado: “Estudien mucho para que no les pase como a mí, que tuve que terminar siendo maestro por mis malas notas”.

  25. «A clase» e «O valor do envoltorio» « Xerais blog | April 8th, 2009 at 10:09 am

    [...] Hai uns días publicou outras dúas anotacións de grande interese, a primeira sobre A clase e a segunda sobre O valor do [...]

Leave a Comment