Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Blog Archive » antisionismo

O título alternativo deste post era ‘innombrable’, porque non pensaba mencionar o título nin o autor de Xudeus e conversos en Galicia: o editor cáeme demasiado ben e non querería que se sentise ferido por unha gugleada a destempo. Pero o certo é que este volume de Rouco González é un dos peores libros que lin e o primeiro que tiven tentación de destruír. Non polo seu corte ideolóxico nin polo seu estilo, pois o que non me guste a min a outro lle aproveitará, senón pola súa carencia de relación coa verdade. Non creo que dende Murguía se publicase un libro máis baseado en ruxerruxes, propósitos ideolóxicos e contos de vellas ca este. A súa falta de estrutura, o caos da redacción e o trapalleirismo son tan grandes como o caixón onde, ao longo dos anos, o autor debeu ir recollendo anotamentos e ocorrencias de ducha sobre o xudaísmo en Galicia, ceibadas agora coa única virtude da aleatoriedade. As tres ou catro afirmacións interesantes que se verten no libro carecen completamente de referencias, e incluso prescindindo diso resulta difícil sacar máis conclusión có paradoxo de que esa foi unha terra que acolleu especialmente ben os xudeus, e que por iso acolleu poucos (así, a ollo). Alguén debería escribir unha boa historia do xudaísmo na ghalleira. Os nosos devanceiros meréceno.


50 Comments to “antisionismo”

  1. J. | April 6th, 2009 at 5:56 pm

    Eu aínda non o lin, pero faláronme moi ben de “Los judios en Galicia (1044-1492)”, da investigadora Maria Gloria de Antonio Rubio. De feito, este estudo sobre o xudaísmo na Galiza medieval recibeu a ano pasado o prestixioso premio Samuel Toledano, o máis importante que existe en Israel sobre España e a cultura xudía. A editorial Lóstrego publicou en galego un resumo do libro, de pouco máis de cen páxinas, dentro da súa colección O saber de peto (éste si que o lin, agora fáltame o irmán maior).

    Ata que se publicou este libro, o ensaio máis consultado era “Los judíos en el Reino de Galicia”, de José Ramón Ónega. Se ben hai que recoñecerlle o mérito de aventurarse nun campo onde prácticamente non contaba con referencias previas, gran parte do que conta son suposicións sen apoio ningún (e moitas dificilemente sustentables). Ten datos de interese, e conta cun anexo documental moi útil, pero hai que peneirar moito moito.

    Aínda sen telo lido, arríscome a recomendarlle o de Gloria de Antonio Rubio.

  2. Simon Bar Kochba | April 6th, 2009 at 6:18 pm

    Alegro-me que não o destruíras embora não gostasses do livro. O facto de destruir livros sempre me remite à inquedante “Fahrenheit 451″ de Truffaut, ou a Alemanha anos 30. Também ao esnobismo do defunto Umbral, que botava à piscina da Dacha os livros que caiam em desgraça no seu escrutínio.
    Uma pergunta: quais são esses “propósitos ideolóxicos” que detectas no livro?

    Saúdos.

  3. GZ-Israel | April 6th, 2009 at 7:30 pm

    O libro é certamente moi pobre. Mais neste o noso -pobre- país, o seu autor sentiuse na obriga de publicar un artigo de desculpa por telo publicado. Non é coña. Tiña o autor do libro o “temor” a ser confundido con un xenocidaimperialistaprolisraelí. Triste? Eu non digo nada. Eis o artigo en cuestión publicado tres días despois da presentación pública do libro na Galería Sargadelos de Lugo:
    ————-
    ARTIGO PUBLICADO EN ‘EL PROGRESO’ DE LUGO
    17 DE OUTUBRO DE 2008
    ————-
    O ESTADO DE ISRAEL

    Non se debe confundir o Estado de Israel co pobo xudeu. Figuras relevantes do xudaísmo rexeitaron o comportamento sionista como Simone Veil, Kreisky, Marx, Rosa Luxemburgo, Trosky, Primo Levi ou Hanna Arendt. O Estado de Israel aferrase á memoria do Holocausto como categoría absoluta, xustificativa da súa excepcionalidade, unha excepcionalidade que o leva a ocupar territorios alleos, implantando neles colonias ilegais a costa do sufrimento da poboación palestina, vítima cotiá do seu acoso e brutalidade.
    Roberto González Rouco.

  4. cesare | April 6th, 2009 at 7:32 pm

    Simon, o autor está empeñado en demostrar a bondade e a tolerancia dos galegos cristiáns con respecto aos galegos xudeus, e faino por riba de probas e evidencias.

    Por certo, J., as poucas e vagas referencias deste libro son á obra de Ónega. O de Antonio merqueino para agasallo, pero non tiven tempo a lelo con calma. Mercareino pois, cando poida.

  5. cesare | April 6th, 2009 at 7:33 pm

    Home, Gz-Israel, non sei eu se será esa a razón da publicación… dío noutra parte do artigo?

  6. cossimo | April 7th, 2009 at 8:19 pm

    O, senhor Bar Kochba!. O senhor sabia que lá no Israel as pessoas queimam livros?

  7. cossimo | April 7th, 2009 at 8:20 pm

    E o senhor Cesare, voçê sabe que votou num neonazi?

  8. cossimo | April 7th, 2009 at 8:21 pm

    E nao acha que todas as mulheres de Gaza deveriam ser esterilizadas por nao apreciar a bondade dos soldados xudeus?

  9. cossimo | April 7th, 2009 at 8:21 pm

    E acha que devemos assassinar o terroristaAbbas?

  10. cossimo | April 7th, 2009 at 8:22 pm

    Diga lá, senhor Cesare,acha que o assassinato do Papa por um terrorista muçulmao seria estupendo para Israel?

  11. cossimo | April 7th, 2009 at 8:23 pm

    E o Daniel Barenboim deveria ser desterrado de Israel?

  12. cossimo | April 7th, 2009 at 8:24 pm

    E o qué é que acha do homófono fanatismo religioso?

  13. cossimo | April 7th, 2009 at 8:25 pm

    E da limpeza étnica?

  14. cesare | April 7th, 2009 at 8:29 pm

    Vostede que fuma??

  15. cossimo | April 7th, 2009 at 8:41 pm

    Por?

  16. cesare | April 7th, 2009 at 8:46 pm

    Porque que terá que ver o que pensen os que comentan neste blog, coma vostede, co que eu penso?

  17. cossimo | April 7th, 2009 at 9:34 pm

    Nada, claro. Pero, ás veces, non debería ser tan liberal. Todo ten un límite. Supoño.

  18. cesare | April 7th, 2009 at 9:58 pm

    Home, neste blog só se exclúen os comentarios que teñen insultos ou que revelan datos persoais.

    En canto á liberdade de expresión ideolóxica: adiante, e máis alá (non como nos réximes dos que vistede gusta, por certo).

  19. cossimo | April 7th, 2009 at 10:10 pm

    Afortunadamente, eu non son tan tolerante coma vostede. E, por certo, cales son eses réximes que a min tanto me gustan?

  20. o Paneleiro bla bla | April 7th, 2009 at 10:21 pm

    Duro aí com a homófoba assassina entidade sionista que reconhece os matrimónios entre pessoas do mesmo sexo realizadas fora ou que admite a adopçom por parelhas gays.

    Homófoba e fanática religiosa entidade sionista para a que vam os gays palestinianos acosados polo tolerância e liberdade sexual palestiniana. Que estúpidas as lesbis organizadas palestinianas que em troca de radicar em Palestina, facho da tolerância sexual dos gays para as naçons, vam e radicam a sua associaçom em Haifa ( cidade da entidade sionista, e nom das menos religiosas, por certo).

    Mas nom era este o tema do post, n’é? Era o tratamento que certa má historiografia dá ao tema do antisemitismo na Galiza medieval. O “culpável” é Carlos Barros, que começou com o cliché da benefactora galaica actitude cara aos judeus. Desde aquela, todos repetem.

    Considerem-se beijad@s.

  21. cossimo | April 7th, 2009 at 10:41 pm

    Joder, se hai algo que deteste máis ca un supremacista liberal é un gai supremacista. Eu tamén son paneleiro neniño. Se vivise en Gaza, probábelmente os meus veciños me farían a vida imposíbel; non o sei. Probábelmente, se vivise nunha villa miseria, os meus veciños me farían a vida imposíbel; non o sei. Probábelmente, se vivise nunha inner city americana os meus veciños me farían a vida imposíbel; non o sei.
    O que si sei é que me la suda o seu pernicioso opinionismo de pijo do segundo mundo.
    Non se considere beijado.

  22. cesare | April 7th, 2009 at 10:49 pm

    Unha vez máis, Cossimo, demostra a súa brillante educación e o seu permanente bo humor. Non sei se é paneleiro ou non, pero ten falta de foder abondo.

    Non sei por que é afortunado non ser tolerante. A intolerancia é a peste.

  23. o Paneleiro bla bla | April 7th, 2009 at 10:53 pm

    Cossimo, se há algo que eu detesto som os progres-chachi-guai-alternativos que para defender umha suposta política internacional igualmente chachi-guai-alternativa distorcem a realidade e apoiam a homofobia nas suas facetas mais sanguinárias.:-(

    Quanto à sua opiniom sobre mim e as minhas opinions, já pode imaginar quanto me importa. ;)

    Os demais, sigam considerando-se beijados :P

  24. cossimo | April 7th, 2009 at 10:56 pm

    Qué hostia lle pasa a miña puta educación?
    Non sei se follo máis ou menos ca vostede pero de ser verdade o que vostede conta aquí, pásoo mellor, Iso seguro.

    Ui,si. Vostede sería tolerante mesmo con Goebbels.

  25. o Paneleiro bla bla | April 7th, 2009 at 10:58 pm

    Por certo, nom estou a falar de paneleirismo, senom de direitos humanos, um dos quais é o de foder com o que um prefer, dentro dos límites do consentimento mútuo. E nom sendo o único, ultimamente é umha boa pista para ver quê acontece com os demais.

  26. cossimo | April 7th, 2009 at 11:00 pm

    Bombardea ao homófobo!!!

  27. cesare | April 7th, 2009 at 11:03 pm

    Si, eu son tolerante con Goebbels. Sono incluso con vostede.

  28. cossimo | April 7th, 2009 at 11:09 pm

    Por Dios! Hai que ver que boa persoa é vostede! E con que elegancia me chama nazi!

  29. gamilo | April 7th, 2009 at 11:27 pm

    Ser tolerante non e un pouco prepotente e baseado na incomunicacion ? eu prefiro falar de respeto e de ser respetuo@s.

  30. cesare | April 8th, 2009 at 12:37 am

    Cossimo, é máis porque Goebbels non escribe neste blog, e vostede si. Vostede ten dado aquí sobrados exemplos de totalitarismo, pero non dese cariz.

    Gamilo: se nin sequera hai tolerancia, non pode haber respecto.

  31. GZ-Israel | April 8th, 2009 at 2:03 am

    Fágame caso. O do temos a ser cualificado de sionista polo autor do libro é completamente certo. Non é un infundio gratuíto. É triste e lamentábel mais certo.

  32. cesare | April 8th, 2009 at 2:07 am

    Boeno, pero ten probas?

  33. gamilo | April 8th, 2009 at 11:37 am

    cesrare:creo que o respecto esta relacionado cos dereitos d@s outr@s,a tolerancia é do poder hacia @s menos poderos@s. Pódese ser intolerante dende o respecto e podese ser tolerante dende posicions irrespetuosas.

  34. cesare | April 8th, 2009 at 11:43 am

    Si, iso é un discurso que xa teño escoitado con respecto á tolerancia, que a asocia cunha especie de perdonavidismo. Non o vexo así; en calquera caso, a miña é unha posición egoísta: gústame vivir nunha sociedade onde a liberdade expresión, sexa de quen sexa, é respectada e promovida.

  35. cossimo | April 8th, 2009 at 3:56 pm

    Vostede chámame totalitario e nazi. Insúltame, nunha palabra. Non é que me importe pero se vostede fose un pouco coherente debería eliminar os seus comentarios.

    Por outra parte, gustaríame que me explicase por qué son totalitario e tal.

  36. cesare | April 8th, 2009 at 5:56 pm

    Ei, ei, ei, ei… Eu non o chamei a vostede nazi. Por suposto que non o é. Nin é vostede alemán, nin, ata onde eu sei, racista. Pero dende que leva comentando neste blog —e doulle as grazas por facelo, que conste ben clariño— foron múltiples as ocasións en que defendeu os principios dos estados totalitarios, do sovietismo, da igualdade na mediocridade, da falta de liberdade. Non é nin pretende ser un insulto. é tan insulto como que vostede me chame a min liberal.

  37. cossimo | April 8th, 2009 at 8:24 pm

    oiiiiiiii. Qué manipuladorcillo! Cales son eses principios que supostamente eu defendín? Qué teñen de malo as colectividades onde non se obedece a autoridade xerárquica ningunha?
    No de igualdade na mediocridade teño que darlle a razón. Se hai algo que sobra no mundo son superegos superpreparados.
    A cousa élle ben graciosa. Eu digo aquí teta-culo-caca e son un totalitario maleducado. Se, polo contrario, me pronuncio a favor, qué sei eu, do exterminio do pobo letón, pois entón, estou exercendo o meu dereito á liberdade de expresión.
    Vostede non é un liberal. Vostede defende unha ideoloxía que fixo do estado de excepción a norma.
    Siga desfrutando na súa gaiola.

  38. cesare | April 9th, 2009 at 11:06 am

    1) Vostede non é un maleducado por dicir caca-culo-pedo-pis.
    2) Non vou pasar o traballo de revisar todos os seus comentarios á procura das adhesións ao totalitarismo de esquerdas. Se tanta curiosidade ten, repáseos vostede.
    3) Non lembro que vostede louvase comunidades non xerárquicas. Precisamente o totalitarismo é o cumio da xerarquización.
    4) Estado de excepción e liberdade son antónimos.

  39. cossimo | April 9th, 2009 at 9:14 pm

    Ah, si; chamarlle supremacista a un supremacista é ser maleducado. Colectividade onde non se obedece a autoridade xerárquica ningunha. Esa é a definición dun soviet. Aclárase; defendo ou non defendo o sovietismo?
    Para vostede o rexeitamento do mercado a da falsa liberdade do consumidor é sinónimo de totalitarismo.
    En realidade, totalitaria é a engranaxe do biopoder capitalista que controla de xeito inmisericorde todos os aspectos da nosa vida. Aconséllolle que lea a Foucault, outro paneleiro totalitario.

  40. cesare | April 9th, 2009 at 9:19 pm

    Pero de verdade cre que nos soviets non había xerarquía?? lol lol lol! vese que viu poucas pelis de rusos…

    Entre a falsa liberdade do consumidor e a obriga de comer o que me manda o oficial local do partido, a quen nin sequera podo elixir, prefiro a falsa liberdade do mercado. Se vostede prefire a outra, avise, que lle mando unha dieta pra que siga ata remate do 2009 (espero que lle guste o brécol, por certo, porque se vai inchar)

  41. cossimo | April 9th, 2009 at 9:45 pm

    Ás veces as súas respostas son tan mediocres que dubido que sobrevivra nesa añorada sociedade meritocrática.
    E corto y cierro, que teño que ir follar.

  42. cesare | April 9th, 2009 at 9:51 pm

    de momento sobrevivín. E vostede tamén!! :)

    boas noites e boa sorte.

  43. Paneleiro blah blah | April 9th, 2009 at 10:14 pm

    Pois a mim isso de “E corto y cierro, que teño que ir follar.” soa-me a supremacista sexual que dá medo (ou morbo!). 8)

    Considerem-se beijados e todo isso. Você, Cossimo, nom, claro é. :P

  44. Máis Migraine Man Que Nunca | April 16th, 2009 at 12:32 pm

    Cesare e amigos, ós intolerantes hai que lles dar no lombo intelectual ata que aprendan o catecismo -e aquí cambiades “catecismo” pola palabra que máis vos conveña-. En canto ó totalitarismo, eu pensaba que o eran os sistemas, e non os individuos -boa sería-, e quero lembrarbos que a CCCP foi o paradigma do capitalismo de estado, e nada de comunismo. Porque para que sexa comunismo, o concepto de propiedade privada simplemente desaparece, é dicir, ninguén físico ou xurídico poderá dicir que algo é seu, e aquí incluo ó Estado. Se o Estado é propietario, quere dicir que ten a posesión, e posesión é inseparable de propiedade, propiedade privada. Nun sistema auténticamente colectivista, os medios de producción son compartidos por toda a sociedade, da que o Estado só é unha parte. Chegando un pouco máis ó fondo, ó non existir “apropiación privada”, por chamarlle de algún xeito, poderiase acadar un sistema onde nin sequera fose necesario o diñeiro. Se ninguén é dono dos medios de producción, o comercio podería non se basear na adquisición dos bens con diñeiro, se non nun intercambio “social” (non se me ocorre outra palabra).

    Por certo e por falso, xa vin a páxina esa presunta sionista. Mal pensando, máis semella un elaborado engano antisionista, porque se os sionistas pensan o que se di nese blogue, imos de lado.

    Aaaaaaamen.

  45. Máis Migraine Man Que Nunca | April 16th, 2009 at 12:47 pm

    Teño que escribir o que vou escribir, ou rebento.

    ¿Alguén pensou de onde pode sair o antixudaísmo? Seica ninguén parou a cavilar que das tres grandes relixións do “libro”, o xudaísmo é a única que non se predica, o que ten sentido: se os xudeus son o pobo elixido, ninguén máis o pode ser, polo que a relixión e cultura xudea é necesariamente un sistema pechado. Aquelas relixións que son predicadas, cristianismo e islam no caso que estamos vendo, tentan apropiarse de seguidores, xa que eso é parte fundamental da súa ideoloxía, ser para todos (de aí pode sair “católico”¿?). Deteñámonos no concepto de deus que propoñen:Xudaísmo e Cristianismo din que o seu é o deus verdadeiro e que todo o mundo o debe comprender e aceptar por ser o bo e verdadeiro. No Islam dise:Alá é o único deus, o que nos está dicindo que, realmente, todos somos musulmáns, pero que aqueles que non seguen os ritos e leis reflictidas no Korán son infieis, é dicir, ovellas descarriadas ás que hai que meter de novo no redil. Penso que o perigo que sempre correron os xudeus, quitando a falsa propaganda sobre o asasinato do “fillo de deus”, débese a ser un grupo pechado. Se fose unha cultura aperturista, ó mellor as outras opcións perderían argumentos de propaganda para mallalos. Por certo tamén, que cada vez estou máis convencido que o chamado “sionismo” ten ben pouco que ver coa relixión e a cultura. Lémbrame máis ben a aqueles do tipo New American Century, etc.

  46. cãosemdono | April 16th, 2009 at 7:02 pm

    En canto ó capitalismo de estado: sí e non. Supostamente, o estado propietario correspondería á fase histórica da dictadura do proletariado, que viría sendo, segundo teño entendido, o estadio previo ó verdadeiro comunismo (ai, que morriña lle entra a un ó recuperar estes termos escolasticistas…).

    Posesión e propiedade, en segundo termo: non é correcto identificármolo, por dúas razóns: a primeira, que o estado detentador da posesión non é máis ca un poseedor delegado ou vicario (do proletariado, verdadeiro amo e señor dos medios de producción). A segunda, que xa mesmo o dereito romano distingue claramente propiedade (dereito real) fronte a posesión (feito, non dereito, malia ter certos efectos xurídicos), tradición xurídica que se manten na actualidade.

    Finalmente, fronte a verdades reveladas, libros sagrados, pobos elixidos e toda esa faramallada chegada do ponente, proclamo a miña simpatía inextinguible polas deidades panteístas dos nosos antergos precristiáns. Sí, as que moraban nos ríos, nas pedras, nas fontes ou os lares viais que protexían ós camiñantes… todo moi de andar por casa, máis modesto e discreto, pero para mín máis fondamente humano. Aínda que tamén teño para mín que se hai algo que o que nos desalienará como especie e fará definitivamente humanos, alén do feito relixioso, será o dominio e a socialización da tecnoloxía e a ciencia.

  47. Migraine Man | April 16th, 2009 at 10:50 pm

    Graciñas por me corrixir o erro, que un non sabe onde ten a cabeza ás veces. O caso é que se entendera o que eu quería dicir.

    En canto ó da relixión, ben certo é que a proposta de algo sinxelo en troques “do que xa está dito máis arriba” é algo ó que (coido) xa están usando algúns (¿neopaganismo, etc?). No da tecnoloxía, isa proposta dame un pouco de medo -ou ben non a estou entendendo-.

  48. Migraine Man | April 16th, 2009 at 11:02 pm

    Insistindo neso da tecnoloxía: oxe máis que nunca, semella que a xente esqueceu que fai falla moi pouco para voltar á idade de pedra. E que non teñamos que facermos de Dioxenes outra vez.

  49. Pablo Santiago | April 17th, 2009 at 3:37 pm

    Logo do que pasou no século XX -holocausto e creación do estado artificial de Israel-, está claro que se tocas o tema xudeu, xa estás posicionado. Se falas del, porque falas: se non, porque non falas. En España, pasa co tema vasco. En moitos países, cos gais. Imaxino que teremos que seguir lendo a Camus e a Sartre para seguir entendendo a “os outros”.

    Eu lin e entrevistei a Ónega, o autor de “Los judíos en el Reino de Galicia”. Como tantos “polígrafos” da nosa terra, o seu é un empeño amateur, e así o recoñece. Todo xurdiu na súa infancia, ao enterarse dun lugar que se chamaba “sinagoga”. Fáltanlle fundamentos científicos e algunha formación histórica, pero o traballo é moi meritorio. Descoñezo o libro do que fala, pero logo desta crítica, da gañas de calquera cousa menos de mercalo. Eu sempre digo que dos libros malos sempre se aprende algo fundamental: a non repetir algúns dos erros do autor.

  50. cãosemdono | April 17th, 2009 at 5:00 pm

    Paneleiro: a noción da socialización da tecnoloxia e a ciencia como feito liberador é unha idea atractivísima que collín prestada da obra de Eudald Carbonell, un dos paleoantropólogos de Atapuerca, marxista confeso e que ten un blog e uns cantos ensaios magníficos.

    Apertas!

Leave a Comment