Dunha maneira un tanto triste e abrupta, coa morte da neta da miña mellor alumna, poño hoxe fin a tres aniños de traballo. Aínda me quedan moitas cousas por facer de tipo administrativo e avaliativo de aquí a setembro, pero ese vello oficio de aprender e ser aprendido remata —rematou xa— hoxe. Non creo que volva a el.
Quizais por iso aproveito pra ler as Leccións desaprendidas de Philip Jackson, semirrecomendado por Walter. Jackson, fóra de análises máis fondas sobre métodos pedagóxicos, funde escola con memoria e pregúntase por que volvemos visitar as nosas escolas co pasar dos anos, qué buscamos nelas, ou por que nos gustou aquel profesor que agora, tanto tempo despois, lembramos. Jackson cre que é cousa de maxia, de algo indicible e indefinible que está aí e que tamén se manifesta na súa experiencia persoal como mestre: grazas a “ese toque máxico” el é, moitos anos de docencia despois, moito mellor persoa.
Tamén eu o son. Mellor persoa, si, pero tamén testemuña dunha maxia que crearon pra min medio cento de meigos e meigas e que volverá á miña memoria, ben o sei, durante todos os anos que me queden, nunha nova vida.

Lástima que fose de maneira triste. Non se agobie, sabe que nunca vai deixar de ser profesora.
Leve un grande abrazo dunha profesora principiante.
Eló que pensabas? Que os profesores non se lembran dos seus alumnos durante moito tempo ou toda a vida?
Mágoa o da nena. Volves para o país, logo?
Haberá de todo, non, Peke?
Jaure, volver? país?
a superpiñeirolandia
Hahaha, téñolle moito moito aprezo a superpiñeiro, pero a distancia en xeral é hixiénica. Xa vivín moitos anos da miña vida en gz.
oooohhhhh!!!!!
Pero fai ben en andar polo mundo, vostede que non ten impedimentos filiales
Os fillos non son impedimento, senón escusa,
Pero si, asumo que me fun liberando de obrigas por algo e para algo.
E hai que aproveitar.
O meu gran impedimento é que teño o cú estupendamente asentado en Lugo. De todos os xeitos, conto con botar un ano en Londres ou Berlín coa familia así que os cativos medren uns anos para que eles e máis eu aprendamos inglés. A muller xa o aprendeu cando se debe facer, nos USA, cando tiña seventeen.
closer
Superpiñeirolandia! Jajaja
ais,…. q razón ten Jaure co dos fillos!!! Botádelle un tento ao de “Ciudades Creativas”, onde analizan este tipo de cousiñas.
Todos os cambios custa, pero ás veces son necesarios porque traen canda si cousas moi boas.
No fondo, xa sabiamos todos que iste non queria voltar. No fondo, xa sabiamos que o andan a perseguir un fato de alieníxenas zombis nazis comunistas ninjas. I eu que me cría conspiranoico…