Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Blog Archive » suicidio, 2

O outro tema que me remoe é o do esvaecemento virtual. Ata o de agora eu, Cesare, fun un ser máis ou menos complexo e, en moitos aspectos, completamente distinto dun curmán seu que ás veces andaba por aí. Cesare e o seu curmán nunca actuaron con demasiado secretismo —nin lles preocupou— respecto da súa relación, sempre que google non os vinculase. Algunha vez Cesare —outras o seu curmán— mandou correos pedindo que deixasen de relacionalos publicamente, algo que a min —ou ao meu curmán— me resultaba moi incómodo pois sabía que estaba violentando un dos principios de internet: todo o poder nas mans dos outros.
Hai uns días tres persoas completamente descoñecidas pró meu curmán achegáronse a el e dixéronlle: “ti es Cesare, non es?”. Non vou dicir se con posterioridade, por un cualificativo mal posto, por un ferrete mal botado, esas tres persoas lle partiron os fuciños ou non: iso é a vidiña do meu curmán.
Pero non é xusto que o meu curmán leve por min culpas que non ten. Ou ten? E ese é o segundo tema do suicidio: facer equipo cando todas as redes tenden a converxer, ou actuar por libre e tratar de gañarlle tempo a google? E pídese consello. Confirmación ou rexeite.


16 Comments to “suicidio, 2”

  1. bouzafria | May 22nd, 2009 at 3:12 pm

    Pídese consello e eu non sei que dizer. En todo o caso, por se lle vale, eu tamén teño un curmán co que non quero que se lle relacione comigo. Non por nada especial, ou si, non sei (qué galego estou sendo). Pero dende logo confírmolle que non é xusto que o seu curmán leve culpas que non lle correponden.

  2. orsinia | May 22nd, 2009 at 3:48 pm

    Algo faría o seu curmán, digo eu

  3. cesare | May 22nd, 2009 at 3:55 pm

    Pouco fixo. Case todo son faladurías.

  4. o paneleiro blah blah blah | May 22nd, 2009 at 5:48 pm

    “E ese é o segundo tema do suicidio: facer equipo cando todas as redes tenden a converxer, ou actuar por libre e tratar de gañarlle tempo a google? E pídese consello. Confirmación ou rexeite.”

    Resulta-me terrivelmente críptico. Nem sou capaz de fazer umha aproximaçom ao que quer dizer. Ou estou mentalmente muito espeso e você está especialmente subtil, ou a mensagem é para iniciados.

    Considere-se

  5. cesare | May 22nd, 2009 at 5:52 pm

    Vaites, paneleiro. :)
    Pois non mesturarme co meu curmán ou mesturarme, basicamente.

  6. Ian | May 22nd, 2009 at 6:05 pm

    O caso de vostede e o seu curmán, ambos os dous bos amigos meus, non será o mesmo caso que o do doutor Jekill e Mr Hyde, que crían ser dous cando eran unicamente un? En calquera caso aí van un par de bicos por se fosen dous e non un.

  7. cãosemdono | May 23rd, 2009 at 10:39 am

    Faga introspección, pero procurando non caer na idiocia.

    Revise se ás veces parécelle que o seu ego ten vida propia ou escapa do seu control. Se o seu exhibicionismo excede de ser unha mera filia doméstica e benigna. Se a necesidade de aplauso e recoñecemento de descoñecidos provócalle certos niveis de ansiedade, mesmo difusa. Ou se ás veces sorpréndese a Vde. mesmo escribindo cousas que en outros lle parecen pedanterías insufribles ou de temas que ignora supinamente…

    Existen outro síntomas, pero se responde afirmativamente a máis de un dos anteriores, se cadra é moito hora de pendurar as botas.

    Ou eso, ou non entendín un carallo do post. Que tamén pode ser.

    Apertas!

  8. cesare | May 23rd, 2009 at 11:15 am

    Home, o ego, ou a autoestima, é en boa medida a razón de ser de Cesare —eu— e mais do seu curmán. Aí non muda o conto. Pero dous egos distribuídos son máis noxentos ca un ego converxente? Ou ao revés?

  9. cãosemdono | May 23rd, 2009 at 11:22 am

    Pois se a todos os síntomas anteriores hai que engadir os brotes de esquizofrenia táche ben a cousa…

  10. Anonymous | May 25th, 2009 at 2:27 pm

    Eu creo que a millor solución sería o suicidio colectivo, o do seu curmán, e de paso o de vostede tamén. Eso ou reinventarse.

  11. un | May 25th, 2009 at 5:09 pm

    Creo que a opción é facer equipo co seu curmán.
    Dalgunha maneira a rede xa tomou esta opción por vostede.
    Outramente, noutro caso, será un honor competir novamente, aínda que, lamento dicir, é moi improbable que gañe tempo ningún; nin sexa seguro para qué o gañar.
    De calquera maneira, sentiría non ter noticias súas. Sinto a súa voz viva e distinta. Quizais por iso, no fondo, deséxolle, en contra dos meus intereses, que non enmalle na rede.
    Asdo. Mr. Google

  12. A | May 25th, 2009 at 7:17 pm

    Iso do curmán sóname. No meu caso eu bótolle todiño enriba e logo quedo limpando as mans co xabón Lagarto Lagarto.

  13. Sun Iou Miou | May 27th, 2009 at 1:12 am

    Eu pensaba que a miña curmá e eu eramos persoas diferentes: máis adiante descubrín que como pouco, somos siamesas, compartimos sangue, coa única diferenza é que eu digo o que penso (ou non) e a miña curmá non dicía nada nunca, nin sequera o que non pensaba. Total que ao final, deille voz á miña curmá e así ela fala o seu e eu sigo dicindo o que penso (ou non) e cobro as costas cunha cita de Coetzee.

  14. moinante | June 5th, 2009 at 4:57 pm

    A familia hai que querela, para o bo e para o malo. Claro está que ás veces un non ten nada que ver cun curmán seu, pero son da mesma sangue, teñen a mesma orixe e, polo tanto, moitas cousas en común. Así que o lóxico é que cada un mire para o seu, pero cando chegue o momento, unirse.

  15. ghanito | June 9th, 2009 at 11:27 pm

    If it works, don’t fix it. Segue coa mesma política.

  16. cfm | August 5th, 2009 at 2:47 pm

    A min pouco me importa se vostede e seu curmán se misturan, converxen, diverxen ou o que sexa. O unico interés que teño no seu curmán, o único que lle agradecín e agradezo, e que o siga soñando a vostede.

Leave a Comment