Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Blog Archive » voto, 1

registrars_no_voteE mira que lles dixen: quero votar neste país. Pero eles veña a descontrolar o censo, eles veña a non facer caso, veña a incluírme nas listas. E eu que non, e eles que veña. Hoxe chegoume a carta pra votar na ghalleira, con todas as papeletas —unha delas, descolocada—. Así que é de imaxinar que figuro nunha lista do censo e que, tecnicamente, podo votar dúas veces. E aí abrocha o dilema moral:

  1. voto á candidatura persoa que máis me satisface, anque diso se derive a ilegalidade de votar dobre?
  2. voto nulo, expresando que o censo galego é un cachondeo, anque siga cometendo a ilegalidade de votar dobre?
  3. abstéñome, co cal me adhiro, contra o máis firme dos meus principios, a esa maioría de xente vai optar por non votar nestas eleccións?

Pídese consello, confirmación, rexeite, etc.

Actualización: un amable e prezado lector envía esta puntualización técnica: “O CERA mándase de oficio. O Censo Electoral de cada provincia manda logo un arquivo á Audiencia Provincial coa relación de españois que solicitaron o voto no seu país europeo de residencia, para que non contabilice o voto“. Ou sexa, non só teño un gran dilema. Ademais é moi probable que o meu dilema sexa inútil.


26 Comments to “voto, 1”

  1. tdk lim | May 26th, 2009 at 10:18 pm

    cómprolle unha opción a voto. canto pide?

  2. cesare | May 26th, 2009 at 10:24 pm

    aaaaaagggghhhhh
    estame virando a cabeza como á nena do exorcista!!

    comprar un voto??
    —e pra quen se pode saberse?—

  3. Spav | May 27th, 2009 at 1:02 am

    Négome a crer que dubida.

    E quero crer que optará pola 3ª opción, por: ética/principios, por respeto ó resto do electorado, e, si lle son sinceiro, eu engadiría que porque todos sabemos que non son unhas eleccións europeas senón outra excusa para continuar a lea bipartidista noutro lugar ;-)

  4. tdk lim | May 27th, 2009 at 1:36 am

    Tan liberal e vénme agora con trécolas…
    A máis eu non son representante dun partido político que lle compra un voto, cómprolle meramente a opción, polo gusto de ter dúas.
    E que é iso de preguntar pra quen…ademáis xa o sabería cando tivese que votar por min.
    Propoña un prezo razoable.

  5. cesare | May 27th, 2009 at 10:01 am

    A tdk: Son liberal. Impórtame o individuo, non os cartos. Son capaz de vender outras cousas de min por ben poucos cartos, pero aínda que todos temos un prezo, o voto é o único que nunca vendería.

    A Spav: A terceira opción é a máis dolorosa pra min. Nunca concibín a abstención e négome a absterme. E máis, pola torpeza e ineficacia dun servizo estatístico. Por outra banda, non sei por que me acusa a min de bipartidista.

  6. ifrit | May 27th, 2009 at 10:26 am

    Eu escribiría no voto:

    HOYGAN, ME AN YEGADO 2 BOTOS A MI CASA Y NO SE QUE HASER CON EL SEGUNDO.

    X FABOR RESPONDA CON URJENCIA A SESARE1977@HOTMAIL.COM PARA K PUEDA BOTAR EN LA HURNA.

    GRASIAS DE ANTEBRASO.

  7. Spav | May 27th, 2009 at 10:32 am

    Non o acuso de bipartidista, acúsoo de entrar nun xogo abertamente bipartidista.

    Vostede achácallo á torpeza…vostede é moi inxenuo ;)

  8. cesare | May 27th, 2009 at 10:37 am

    superLOL, ifrit!!

    Spav: antes inxenuo que conspiranoico. O do xogo bipartidista non o entendo.

  9. tdklim | May 27th, 2009 at 10:42 am

    Comprenderíao se só tivese un, pero tendo dous…será rañicas!
    Ademáis non é vender o estatuto de votante senón alquilalo unha vez-e só ao 50 por cen- por un prezo que lle deixo elexir.

  10. cesare | May 27th, 2009 at 10:49 am

    Tdklim, creo que non lle está dando a trascendencia que lle eu dou: non é o meu voto, é o voto dunha sociedade e de min como membro desa sociedade. É unha sociedade a que me recoñece a capacidade de tomar decisións no seu seo, e unha sociedade que vai ser enganada coa miña decisión.

    Non é cuestión de pasta. É cuestión de principios, e se teño algún, é ese: o voto é o máis importante.

  11. tdklim | May 27th, 2009 at 11:01 am

    (Quen estaba a falar de pasta?)
    …En todo caso, aínda que para vostede o voto é o máis importante, supoño que non lle parecerá mal-máis alá de certas cuestións legais- que aqueles que queren facer uso da decisión que lle da a sociedade vendéndoa-decidindo libremente vendela- o fagan. non?

  12. cesare | May 27th, 2009 at 11:09 am

    ughs, vaia pregunta… non teño unha resposta a iso. Tería que reflexionalo moito.

  13. ifrit | May 27th, 2009 at 11:19 am

    tdklim, vostede vendería o seu cargo electo ou a súa praza de funcionario?

  14. tdk lim | May 27th, 2009 at 11:39 am

    Eu non, pero si Cesare tivese dúas intentaría mercarlle unha, por ver se ma vendía, e senon, por ver que razóns me daba.

  15. cesare | May 27th, 2009 at 11:45 am

    As razóns de que eu non venda o meu voto é que, na miña codificación moral, o voto é unha das funcións máis importantes do comportamento social. É verdade que facemos sociedade de moitas maneiras, pero o voto é a maior, a máis importante. Sería unha deixación de responsabilidades terrible.

    Teño claro o que eu faría ao respecto —e fago—. O que non teño claro é o que me parecería que fixesen os demais. Ao igual que animo a todo o mundo a que vote —algo que padeceron no meu entorno máis próximo moitas veces— vender o voto, votar o que me di o meu pai ou o que me di esta monxa son (parécenme) tamén opcións democráticas.

  16. Grial | May 27th, 2009 at 1:37 pm

    Pois fíxese que os meus principios como votante se tambalean nunha elección como esta. Nunca crin na abstención como opción política, coma mensaxe de desencanto, pero desta volta celebraría un resultado extravagante. Algo que provoque espabilar ao sistema.

  17. procastino | May 27th, 2009 at 1:47 pm

    Pois eu penso que o voto non é, nin moito menos, a máis importante das maneiras de facer sociedade. Podería selo nun sistema e nunha sociedade que non son as actuais, mais penso que agora o voto foi denigrado a liturxia.
    Partindo destas bases, e tendo en conta o escaso valor do voto, eu votaría duplo. Así pensaría que as miñas ideas (únicas acertadas, of course xD) inflúen duplamente nesta sociedade.
    Sorte na súa decisión…

  18. cesare | May 27th, 2009 at 1:56 pm

    A Grial: nin o voto nulo nin o branco son demasiado valorados polo sistema partidista. Pero a abstención éo moito menos. Se realmente buscamos un resultado extravagante, un voto protesta, tanto os brancos coma os nulos son a nosa resposta, e non a abstención.

    A Procastino: ten razón. Non é a máis importante. É a máis simbólica. Pero con todo respecto, o meu voto non foi denigrado a liturxia.

  19. procastino | May 27th, 2009 at 2:12 pm

    Non pretendía minusvalorar o seu voto, cesare. Se cadra expliqueime mal debería ter dito “eleccións”, “sistema político” ou “democracia” no canto de “voto”, non o sei. O voto propio ten o valor que cada cal lle dá, mais todo o trebello este que hai despóis e que reduce a democracia a que todo o mundo vaia á furna cada X tempo, iso si me parece unha liturxia.
    En calquera caso, non me faga moito caso, levo unha temporada moi roñona.

  20. cãosemdono | May 28th, 2009 at 12:24 am

    Pero… a vere… é que xa non se vai suicidar? E se suicida por aforcamento, non lle chega con morrer (ehem)palmado, que aínda quere conservar o voto (e a erectio)?

  21. Migraine Man | May 29th, 2009 at 3:07 pm

    O que conta non é votar, o que conta é participar. Se o noso voto non serve para participar e construi-la sociedade, coma quedou ben claro ó longo destes anos de “democracia”, paréceme o lóxico “pasar” do voto e usar doutros métodos. Axitación e propaganda sería o mínimo. Xa me estou pasando ¿non?

  22. Turzi | May 30th, 2009 at 3:32 pm

    Que significa para vostede: “con todas as papeletas —unha delas, descolocada—”? Cal foi a descolocación?

  23. cesare | May 30th, 2009 at 4:42 pm

    Oh, nada conspiranoico. Como as deberon meter ao final do resto, viña apartada do montón. Incluso podería ser positivo para ese partido. :)

  24. Paco | May 31st, 2009 at 3:17 pm

    Despois de leervos estou un pouco confuso de como debo atuar,

    Antonte, chegaronme dous sobres pra votar,nun censanme en Abegondo noutro en Riveira.
    Esto e normal,foi un erro ou sera que temos mais votos que votantes?
    Que debo facer?
    Gracinhas

  25. cesare | June 1st, 2009 at 8:36 am

    Ola, Paco.

    No teu caso, creo que xa non é a primeira vez que che pasa… :) Eu mandaríalle unha carta ao INE para que che desen de baixa dun dos sitios. :D

    Respecto ao dilema moral, eu non sei como facer. :)

  26. sHs | June 6th, 2009 at 12:04 pm

    A Grial: a última vez que se votou extravagante, saíu Ruiz Mateos

Leave a Comment