Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Blog Archive » voto, 2

Mañá son as eleccións europeas aquí, que votamos en xoves. E non teño moita idea de a quen votar.

  • Verdes: A favor: a loita contra o cambio climático ten que ser o centro da política europea nos vindeiros cinco anos. Tamén coincido con eles en valores morais, en política de software e de liberdades individuais. En contra: en Escocia repártense seis escanos, co que a candidata ten que obter máis de 110.000 votos, ou sexa, pasar dun 6% a un 11%. Non é nada doado.
  • Nacionalistas: A favor, están a facer un gran goberno en Escocia. En case todas as políticas europeas están de acordo cos Verdes. Ademais, un bo resultado deles significa ademais un pau detrás das orellas aos laboristas, e tamén me gustaría dárllelo. En contra: os dous candidatos a eurodeputados son homes, e completan a lista tres homes e só unha muller máis. Ademais, van sacar dous escanos, e é moi moi difícil tanto que perdan un como que gañen outro.
  • Liberais: A favor: ideoloxicamente son os que me representan. Teñen tics que me sacan das virillas, como ese discurso paranoico sobre o control ao individuo que moitas veces non se traduce na defensa práctica do software libre ou de medidas restritivas á vixilancia nos concellos onde gobernan, pero en xeral son os que máis me molan. O seu escano está no aire e podería ir parar aos conservadores. En contra: estes tamén non mandan máis ca homes a Bruxelas.

Pídese consello, etc. E van tres post seguidos así. :)


11 Comments to “voto, 2”

  1. Bradomin | June 3rd, 2009 at 10:36 am

    En conclusion loxica e pragmatica: o teu voto exercera mais influencia se se lle outorga ao SNP. Doado.

  2. ifrit | June 3rd, 2009 at 1:51 pm

    É cousa miña ou o que buscas é o voto útil?

  3. cesare | June 3rd, 2009 at 2:05 pm

    O voto sempre é útil. Pero o feito de impedir que laboristas e/ou conservadores consigan un escano é tan importante como o posicionamento ante a enerxía nuclear.

  4. Costadamorte | June 3rd, 2009 at 6:45 pm

    Outro argumento para decidir o voto:
    ¿Cales son os candidatos que van apoiar a Durao Barroso, (o cuarto home das Açores)?…
    Pois xa sabes, o que se comprometa a apoiar a un candidato alternativo…

    Outra reflexión arredor destas Eleccións Europeas. A esquizofrenia dos votantes socialistas

    ¡Manda carallo!… Ultimamente estou alucinando con esta campaña.
    Correxídeme se me equivoco…
    Resulta que o domingo vótase na Hespaña para elixir a 50 deputados dun Parlamento Europeo…
    Resulta que sobre o 80% dos votos vanos repartir na Hespaña entre dous partidos, mais ou menos ao 50%…Resulta que eses deputados teñen que elixir ao presidente dun executivo, (si, é certo, un pouco sui-generis)…
    E… ¡¡¡tachiiín!!!…, resulta que xa sabemos que todos os deputados elixidos por eses dous presuntos partidos rivais van votar a…
    ¡Acertaron!…, ao mesmo candidato para presidente os dous partidos, a Durao Barroso, (o cuarto home da foto das Açores)…
    Algún votante do PP imaxina unhas eleccións na Hespaña nas que sexa o que sexa o resultado, PP e PSOE xa estivesen previamente de acordo en que ían votar para presidente a Zapatero?…
    ¡De tolos!…
    Pois os votantes do PSOE, que pensen que iso é o que van facer, votar para presidente ao candidato do…
    ¡¡¡Partido Popular!!!

  5. cesare | June 3rd, 2009 at 6:56 pm

    Bueno, Costadamorte… Non é exacto o que vostede di. O presidente da Comisión Europea non o escolle o Parlamento, escólleno os gobernos dos estados, ou sexa, Zapatero. E fano por consenso. O Parlamento limítase a referendalo/aprobalo, pero non hai unha investidura como no parlamento galego.

    Ou sexa, que o presidente da Comisión seguirá sendo Durão que, dentro do que é o conservadorismo europeo, non é dende logo a peor das solucións. Sinceramente, tanto me dá o que vaian facer os meus deputados respecto de Durão.

  6. kaplan | June 3rd, 2009 at 10:25 pm

    Pois vaino buscar a bon sitio: estaba á espera de que vde dese algunha consigna, suxestión, ou algo. Só sei a quen non votar, pero nin sequera sei se votarei. En fin, que xa me ve.

  7. cesare | June 4th, 2009 at 9:07 am

    A miña suxestión é que, se votase en España, teríao claro. Non tanto porque me guste o seu programa para Europa —porque está feito polos de sempre— senón porque hai unha candidata realmente boa, traballadora e distinta. Como programa e como orador mólame máis Tremosa, pero creo que vostede non é moito da súa corda. :)

    Pero votar, aínda que sexa en branco, sempre Kaplan. Sempre. E máis nunhas europeas.

  8. Anonymous | June 4th, 2009 at 10:28 am

    Love’s divine

  9. A | June 4th, 2009 at 6:44 pm

    Non sei se o Anonymus éste de Love´s divine é spam, pero eu se cadra votaría por él

  10. Migraine Man | June 5th, 2009 at 12:53 am

    ¿Non vas votar a uns partidos porque non levan mulleres abondo? Welcome to Scotland, meu.

    Éche ben raro nun sistema no que se elixen parlamentarios que para gobernalos apareza una terceira entidade, un deus ex machina, neste caso os “outros gobernos” para elixir de goberno a quen lles pete.

    En plan Saramago poderiamos imaxinar unha escea tal na que saise elixido, coma por arte de maxia, un parlamento de maioría aplastante (digamos un 75%) de comunistas, e un goberno, unha Comisión formada por elementos da vella dereita. Iache ser ben gracioso, si señor ¿Onde está Dióxenes cando máis o necesitamos?

  11. Migraine Man | June 5th, 2009 at 12:55 am

    Onde di “para gobernalos” está claro que me comín palabras, ou falei en alto. Con isto deixo caer que quen manda é a Comisión, os outros son de pedra e dan tabaco.

Leave a Comment