Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Blog Archive » aforrismos

picture-1Copiando a Calidonia.

1. A esquerda baixa en toda Europa e non é substituída por forzas máis á esquerda. Quizais non estea a piques de colapsar o capitalismo. Quizais tampouco os cidadáns queiran que iso suceda.

2. As clases medias que antes votaban a esquerda desprazan o seu voto a partidos que reivindican liberdades —reais ou aparentes— e a partidos que teñen como obxectivo fundamental a loita contra o cambio climático. Esas son as preocupacións.

3. As clases baixas que antes votaban a esquerda desprazan o seu voto a partidos de ultradereita e antimigratorios. A solidariedade ben entendida empeza por un mesmo.

4. Os países onde a corrupción é unha práctica social estendida e respectada, respaldan con forza os seus líderes corruptos.

5. O Bloque está morto. E non por votos —eu agardaba algo peor—, senón por actitude. O desprezo que a organización tivo pola candidata e por Europa son unicamente o sinal do inmobilismo, do enferruxamento das estruturas, do discurso rancio e resistencialista, e da incapacidade por achegar unha soa idea que mova os galegos. Por non falar de machismo. Só hai unha solución: montar outra cousa. Ou outras. E eu xa ando nesas.


33 Comments to “aforrismos”

  1. W. Sobchak | June 8th, 2009 at 11:51 am

    Das elecións paso de falar que me deprimo.
    Sorte nesa nova aventura . Cantas máis forzas políticas haxa no noso parlamento, máis rico e diveso sera o debate
    Mais non acabo de ter claro cal é o “nicho de negocio” de converxencia

  2. en fin | June 8th, 2009 at 12:19 pm

    Esquece vostede que a máis da metade dos europeos selasopla todo o que di vostede aí arriba.

  3. cesare | June 8th, 2009 at 12:27 pm

    Oh, si, claro.
    En xeral, á grandísima maioría dos europeos impórtalle un carallo o que eu digo arriba e o que digo abaixo. Pero se deciden delegar as decisións nos demais é o seu problema.

  4. fumador | June 8th, 2009 at 12:35 pm

    En primeiro lugar, parabéns polo teu blogue que leo desde hai tempo.
    Quero contrastar un par de cousas.
    1. É certo que a esquerda tradicional baixa en Europa, pero creo que se está a transformar en cousas alternativas (Os verdes e ALE suben 1,8%).
    2. A esquerda, en sentido amplo, non se soubo dotar de organizacións que satisfixesen a súa pluralidade, algo que a dereita si fixo (e moi ben).
    3. A inmigración é un problema aobre o que estivemos calados e non temos un discurso artellado (decateime onte no colexio electoral, o que xa é bastante significativo).
    4. Cando formas parte dunha rede clientelar e obtes beneficios dela, fas todo o posíbel para mantela. (onte presenciei como un apoderado do PP lle arranxaba unha entrevista de traballo a unha interventora do PSOE -o home non tiña credibilidade porque no barrio xa o coñecemos, pero a rapaza picaba)
    5. Non sei como foi noutros lados, pero en Vigo estivemos facendo campaña catro: os catro máis rancios e enferruxados, os máis resistencialista e inmobilistas, os máis machistas. O resto, desaparecidos. Creo que fun claro de abondo, non? Creo que é un pouco inxusto afirmar que a organización desprezou a Ana.
    6. Tes razón nunha cousa. Hai temas que son unha preocupación para moitas persoas (por exemplo, as descargas de música ou vídeo) sobre as que non pareza que teñamos posición.

  5. cesare | June 8th, 2009 at 12:42 pm

    Sobre o punto 5, fumador. Que haxa persoas benintencionadas que fixeron un gran traballo de apoio a Ana non o discuto. Pero podes consultar os mecanismos de difusión habitual de campaña do BNG, as súas redes sociais, a carta aos electores, ou, sen ir máis lonxe, a roda de prensa a posteriori. Houbo algún candidato que non falase na roda de prensa?

  6. signatus | June 8th, 2009 at 1:57 pm

    Que o capitalismo colapse nom é cousa da vontade cidadá.

    Os problemas ambientais nom som umha prioridade para quase que ninguém, ainda que tenham cada vez mais peso.

    Estes resultados eleitorais semelham um passo mais adiante no caminho da combinaçom de “mais do mesmo” e “salve-se quem puder”.

  7. cesare | June 8th, 2009 at 2:05 pm

    As estatísticas non parecen confirmar iso que vostede di. O que si non é importante para case ninguén é o convenio do metal da provincia de Pontevedra.

  8. signatus | June 8th, 2009 at 2:34 pm

    Nas passadas autonómicas lembro umhas sondages realizadas polo CIS ( http://www.anosaterra.org/nova/lingua-infraestruturas-e-ambiente-as-mais-valoradas.html ) segundo as quais as políticas melhor valoradas do bipartito eram as ambientais e as da língua (ninguém o diria olhando para as mobilizaçons e discussons da legislatura, nom é?). A resposta estava noutra parte do estudo: língua e ambiente era o que menos preocupava às pessoas consultadas.

    O convénio do metal preocupa só aos do metal e às suas famílias, mas as preocupaçons “da gente” (e mais nos tempos que correm) som cada vez mais o emprego e o poder adquisitivo, que a curto praço é doado traduzir em pregar porque o sistema nom colapse mentres se colocam reixas nas janelas e se levantam muros mais altos e protegidos.

  9. kaplan | June 8th, 2009 at 2:35 pm

    A min non me mire: finalmente votei, e votei o mesmo de sempre. Non sei se o que votei está morto, como di vde. ou lle fai falta reciclar… veremos.
    Creo que boa parte da derrota da esquerda se debeu (como sempre) a que se abstivo para castigar os partidos/políticos descafeinados. Nunca entendín moi ben esa actitude enfurruñada/suicida.
    Logo pasa o que pasa: marica non chores.
    (Grazas polos seus consellos nun momento de desalento)

  10. en fin | June 8th, 2009 at 2:35 pm

    O convenio do metal na provincia de Pontevedra interesa, máis ou menos, á mesma xente que os campo de concentración en Ceilán ou a situación dos saharauis no medio do deserto.

    O que de verdade trae de cabeza aos cidadáns galaicos é como conseguir os mesmos traxes que Camps e as mesmas rapazas que lla zugan a Berlusconi.

    That’s Europe

  11. cesare | June 8th, 2009 at 5:08 pm

    A Kaplan: por que cre que se abstivo a esquerda? Sempre estamos con esa requiloria… :) Primeiro, se se absteñen, quizais non sexan tan de esquerda porque a min me aprenderon de pequecho que a esquerda era preocuparse polos demais e a dereita preocuparse por un só. Segundo, non hai ningún dato científico, ningún, que sinale que a esquerda se abstén máis cá dereita. Vímolo nas autonómicas e vímolo tamén nestas europeas, onde o descenso de participación lles corresponde a uns e a outros. Temos un prexuízo mental que nos impide ver que hai votantes de forzas de esquerda que votan forzas de dereita e ao revés. Pero non por iso teñen coágulos no cerebro.

    A Signatus: cando falaba da preocupación medioambiental falaba de Europa. En Europa tamén hai zonas máis atrasadas ca outras.

    E signatus e en fin: creo que o convenio de metal interesa a menos xente cá situación dos saharauís, pero que a situación dos colectores de lixo queimados ou o tráfico en Vigo interesa a máis xente. Porén, os manifestantes seguen pensando que isto é San Petersburgo, 1917. Con respecto ao de pregar pra que todo se amañe, creo que iso é o que pensa a “esquerda”. Pregar pra que todo isto pase e que nada mude. Hai que tomar medidas, medidas de revitalización da economía que non sexan demagoxias baratas e contaminantes como pagarlles aos que compren coches. As esquerdas españolas non reforman o mercado laboral porque cren que se o fan perderán votos: o resultado é que perden votos igual, pérdense meses valiosos prá recuperación económica, e ao final fará a reforma laboral quen, en teoría, ten menos coidado coas consecuencias sociais desas reformas. Iso si, haberá quen estea contento diso porque “da rúa non nos moverán”.

  12. en fin | June 8th, 2009 at 5:27 pm

    E quen é Lenin en Vigo?

  13. cesare | June 8th, 2009 at 5:31 pm

    En Vigo non hai nin Lenin, témome

  14. Un de paso | June 8th, 2009 at 6:33 pm

    Teño que dicer que fiquei sorprendido pola web de converxencia. Para estar nos inicios ten moi boa pinta. Estéticamente mellor que o BNG, agora haberá que ver cara onde van os contidos. Pola miña parte só desexarlles un bon traballo e moita sorte.

  15. Un de paso | June 8th, 2009 at 7:08 pm

    Se me permite un consello, no caso de que vostede estea involucrado no proxecto de C.XXI direi que abusar do tic antifuncionario que se pode ver nalgunha sección da web é tan rancio como o discurso económico do BNG. Na función pública haille de todo e dígolle que resulta case imposible ser un bon governante sen coñecer ben o funcionamento da administración pública, máis que nada porque o xefe do governo e os conselleiros/ministros veñen sendo os máximos renponsábeis dos diferentes departamentos da administración. Dito doutro xeito para que me entenda: un político pode ter moitas e moi boas ideas, pero sen saber como funciona a administración difícilmente as porá en prática cunhas mínimas posibilidades de éxito.

  16. Un de paso | June 8th, 2009 at 7:13 pm

    Completando o anterior: “Daba gañas de chorar cando escoitabamos a Pérez Touriño afirmar que eles representaban á Galicia emprendedora. Creo que a inmensa maioría dos cadros do PSOE galego e da grande maioría dos partidos, especialmente dos de esquerda pero tamén dos de centro e dereita son funcionarios, que non é precisamente o tipo de traballo que soe desempeñar alguén de perfil moi emprendedor. Daí a falta de sensibilidade que demostran ante a Galicia que si é emprendedora e da que eles non forman parte.”
    Pódese dar a volta a este argumento dicindo: Da ganas de chorar ler os señores de C.XXI dicindo que van governar Galicia sen ter nin idea de como funciona a administración pública. Nótase que nunca pasaron unhas oposicións e descoñecen totalmente as posibilidades dinamizadoras que ten o sector público e o nivel de cualificación que teñen moitos funcionarios. Daí a falta de sensibilidade que demostran ante a Galicia que si é funcionaria e da que eles non forman parte.

  17. cesare | June 8th, 2009 at 7:20 pm

    Aghasús, un de paso… Non se enfade, que non hai motivo. Iso só está empezando. Estou seguro de que hai sitio pra vostede: as persoas cun amplo coñecemento da administración son vitais pra entender e mudar un país, claro que si. Anímoo a que se poña en contacto con eles.

  18. Un de paso | June 8th, 2009 at 7:27 pm

    Os comentarios son de “buen rollito”, era por facer polémica, xa sabe que non hai nada pior que indiferenza xd.

  19. ronsel | June 8th, 2009 at 7:38 pm

    Un de paso, gustoume o da Galicia funcionaria que sí pasou oposicións.

    Seguro que hai funcionarios excelentes e que por desgracia cobran o mesmo (ou menos) que outros que non o son.
    E seguro que o descoñecemento da función pública e a falta de cadros en algúns partidos que veñan dela é un problema gravísimo se hai vocación de gobernar e ser vangarda social.

    Pero tamén é certo que hai problemas coa función pública de xeito que si se guiase por criterios profesionais moitos funcionarios non deberían ter un posto de traballo (de por vida).

    E creo que tamén é certo que sería bo que en Galicia houbes moitos máis emprendedores e tivesen máis espacio para respirar que funcionarios.

    Por certo, por qué os funcionarios teñen un posto de traballo asegurado mesmo cando fan mal o seu traballo? E por qué a única vía de acceso á función pública son as oposicións, ese instrumento probadamente ineficaz? Son consustanciais esas dúas cousas á función pública?

  20. Un de paso | June 8th, 2009 at 8:33 pm

    Ronsel, totalmente dacordo no que di sobre o bo que sería que houbese máis emprendedores no noso país en lugar de funcionarios. Pero a relación seguramente é inversa a como vostede a plantexa. Por haber menos funcionarios non vai haber máis emprendedores e si hai máis funcionarios pola imposibilidade de emprender. Moitos potenciais emprendedores buscan refuxio na función pública ou emigran ou as dúas cousas ao mesmo tempo. E a causa disto está clara: falta de liberdade. En Galicia non hai unha liberdade de mercado real. Todo está tocado polo sector público, pero non polos funcionarios, senon polos políticos que controlan todo. E os máis intervencionistas con grande diferenza sobre o resto son os do PP.
    Na forma de acceso á función pública dígolle que está regulado na Constitución Española de 1978 “só” fai falta cambiala. Ese é o motivo de que sexa así: Artículo 23.2. Asimismo, tienen derecho a acceder en condiciones de igualdad a las funciones y cargos públicos, con los requisitos que señalen las leyes.
    Artículo 103.3. La ley regulará el estatuto de los funcionarios públicos, el acceso a la función pública de acuerdo con los principios de mérito y capacidad.
    Se coñece algún xeito mellor que a oposición para cumplir ese principios de igualdade, mérito e capacidade pode comentalo. Eu non o coñezo.
    O do traballo para toda a vida aparece na ley da función pública ou máis recentemente no EBEP, cando di que son funcionarios de carreira os que desempeñan servizos profesionais retribuidos de carácter permanente. Habería que cambiar a lei.

  21. en fin | June 8th, 2009 at 9:07 pm

    Que carallo é un emprendedor?

    En que se diferencia dun funcionario?

    Poden dar exemplos concretos de amabas as dúas especies?

  22. cesare | June 8th, 2009 at 9:13 pm

    Hhahaha, cartón amarelo á troleada!! Un emprendedor é unha persoa que arrisca a súa posición e os seus cartos pra adaptarse ás circunstancias e obter un beneficio, operación que realiza ao longo da súa vida cantas veces é necesario. Un funcionario é aquel que traballa moito durante un tempo breve para despois poder escoller non traballar ou traballar o resto da súa vida, sen que por iso o seu ecosistema se vexa afectado de forma fundamental. Hai unha variante destes que nin sequera traballa duro durante un período breve de tempo.

  23. P. Iro | June 8th, 2009 at 9:40 pm

    Emprendedores, funcionarios… uuuuiii… eu marcho de aquí. De todas as maneiras, Cesare, benvido á definición republicana de Galiza (vid. V Asemblea da FPG). Nunca é tarde para deixar o nacionalismo.

  24. cesare | June 8th, 2009 at 9:45 pm

    Desculpe?

  25. converxencia | June 8th, 2009 at 9:52 pm

    Estamos empezando e queremos a aportación de canta máis xente mellor. Non nos poñamos tiquismiquis cando ao final se ve que estamos de acordo co fundamental. É estúpido ter a xente chapando sen sentido para despois non traballar (porque non aproba) traballar pouco (se aproba e quere) ou facer que traballa. Por outra parte, as nosas propostas aínda teñen que ser pulidas e agradecemos todas as suxerencias.

  26. signatus | June 8th, 2009 at 10:24 pm

    Está bem que nom haja funcionários, assi, cada vez que mude o governo em lugar de botar fora aos altos cárregos de designaçom digital para colocar os próprios farám isto mesmo com toda a administraçom. Os nossos governantes estariam encantados: Professorado revoltoso? Fora! Patrimonializaçom da administraçom pública? Agora mais que nunca!

    Nem tantos empresários som “emprendedores” nem tantos funcionários som parasitos… E de entre uns, outros e os de mais alá, quantos som “emprendedores sociais”?

  27. Xesus | June 8th, 2009 at 11:06 pm

    Un que pasa amiudo dende o territorio inimigo do Sur e quere agradecerlle polos seus magnificos artigos.

    Creo que o tema no que derivou os comentarios deste artigo e moi interesante. Emprendedores vs Funcionarios.

    O que di “un de paso” lembrame ao que decia Manuel Cao nas suas clases, e non lle sobra razon,de que todo en Galicia esta tocado polo sector publico e que iso era insostible. Iso, faime pensar, que crea certa atrofia na xente e ven a Xunta unicamente como unha “entidade” protectora en termos economicos. Falo de oidas, e non e axeitado facer suposicion sen dados, pero que “algunha” xente vexa a Xunta como un “organismo” para colocar xente con ou sen oposcion, as veces preguntome cantos funcionarios nos fan falta para xestionar o pais como Deus manda?, que se se montan empresas coa idea de conseguir proxectos publicos e etcetera. Non tenho nada encontra dos funcionarios nin das empresas que traballan para as institucions publicas, alguen ten que facer ese traballo, pero que unha parte, semella que bastante abundante, tenha esa como meta e un pouco preocupante para conseguir unha sociedade dinamica e emprendedora. Non credes? Como anecdota, cando eu era un estudiante un dia un profesor preguntou: Cantos de vos quere ser funcionario? Unha amplia maioria ergeu a man. Era unha clase da licenciatura de Economia hai 11 anos. Hoxendia, cal seria o resultado? E se iso non mudou, por que?

    Eu creo que os galeg@s somos xente emprendedora, tanto os que estan dentro coma os de fora. Creo que a nosa historia demostra iso. O que precisamos e mellor comunicacion entre tod@s os que queren levar adiante iniciativas e a rede danos esa posibilidade, asi como adoptar outros modelos organizativos. Aqui deixovos un que a min me parece moi interesante
    THe hacking business model. Tamen fai fallas que a xente se organice e ter “sitios”, que non tenhen que ser fisicos, como the-hub.net onde un poda interactuar con xente semellante.

    E a adopcion da rede como medio organizativo e de colaboracion, asi como implantar e adaptar novos modelos empresariais a posibilidade que temos de crear unha burguesia galega?

    En canto ao novo partido. Oxala que vaia para arriba, porque eu, como votante nacionalista, transferirialles o meu voto de bo agrado na vez da opcion que apoio.

    Apertas.

  28. cesare | June 9th, 2009 at 1:32 am

    Signatus: se os gobernos teñen como obxectivo colocar os seus afíns e non o de primar os mellores pra que a súa acción executiva sexa brillante, non é culpa do sistema.

    Pero acaso con este sistema actual se consegue que os funcionarios traballen motivados? Ou cando non está o seu partido na dirección teñen, en boa parte dos casos, unha actitude resistencialista, saboteadora ou bloqueadora? Só podemos aspirar a que o 50% da administración traballe ao mesmo tempo?

  29. Migraine Man | June 9th, 2009 at 7:20 pm

    Non podía evitar escribir polo que estou lendo. O caso é que vexo cousas como intervencionismo, liberal, burguesía, funcionarios, emprendedores. Se por emprender entendemos buscar beneficios, ben, voume facer ladrón. Debe haber poucas cousas das que se poida sacar tanto con tan pouco traballo “socialmente aceptable e necesario”. Por certo que moitos se empeñan en facernos esquecer que a figura do ladrón é a do perfecto capitalista. Aos “legais” oféndelles únicamente porque o que rouba sen hipocresía faino sen gasta-lo traballo dos “homes industriosos”, procurando medios e forza de traballo á que zugarlle o sangue.

    O que vivimos na Galicia hoxendía, só hai que furgar un pouco pra darse de conta de que é puro feudalismo. Trabállase un pouco para un, por aquilo de ter algo que meter na boca (con perdón), e o resto para o señor, que para iso nos buscou traballo, casa e, quen sabe, parella.

    Pra non levar esta miña opinión demasiado lonxe polo momento, lembrarvos aínda que me repita máis có allo:

    Propiedade, diñeiro, débeda, non son máis que fantasías.

    ¡Espertade, ostia!

    (El rudo taco ibérico impide, una vez más, pronunciar una frase histórica).

  30. Tudense | June 10th, 2009 at 11:58 am

    Un dato para a reflexión, segundo os indices de desenvolvimento que publica La Caixa, Ourense é a provincia máis atrasada de todo o estado, sabedes onde está a sede central da academia de oposicións máis importante do estado chamada Academia Postal?, sí, na mesma Ourense.

  31. danielo | June 10th, 2009 at 4:09 pm

    Que gracia me fixo ver que un punto do ideario de converxencia é:
    tradición e modernidade

  32. danielo | June 10th, 2009 at 4:56 pm

    http://inseminario.blogspot.com/2006/11/conxugar-tradicin-e-modernidade.html

  33. Tudense | June 10th, 2009 at 7:36 pm

    Danielo, iso que aparece no teu blog non é a combinación de tradición e modernidade, eu calificariao como a combinación de tradición, miseria e incultura.

Leave a Comment