Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Blog Archive » dedo

Cando xa tiña unha conspiración fantástica artellada pra explicar os rarunos resultados electorais de pequenas formacións políticas, cando xa imaxinaba a axentes electorais a soldo de rubalcaba vendendo sufraxios no mercado negro… plam! vén @mourullo e derruba esta conspiración e a das Torres Xémeas cunha mesma ligazón: a da orde das candidaturas, que é por lista de chegada á oficina.
Por que o MSR saca resultados extraordinarios en Benicássim, no Irixo ou en Ordes? Miramos a lista e… chindi! xusto despois do PSOE está a candidatura do MSR. Será posible que algún factor humano se trabucase e lle asignase os votos dun partido ao que ten na cela de abaixo?
Pero… e os resultados do Pacma en San Sadurniño? O Pacma vai xusto antes do Psoe! E os resultados de Falange Española en Verín?… O Bloque, xusto despois. E os resultados de IZAN-RG na Baña? O Bloque, xusto antes. Por que saca Extremadura Unida máis votos en Madrid ca en Estremadura e é o quinto máis votado en Ávila? Quizais porque está despois có PP? E por que saca o Prepal máis votos en Barcelona ca en toda a provincia de Salamanca? Talvez porque está antes ca IU?
Que tristeza: unha conspiración máis pró carallo! Ora que, de ser verdade que os dedos temblorosos dun axente electoral causaron semellante estropicio, alguén vai ter que contar outra vez todo. Calquera parecido entre os votos emitidos e os votos contados é, neste momento, pura coincidencia.


22 Comments to “dedo”

  1. magnummare | June 9th, 2009 at 11:08 pm

    É patético… pero á vez gracioso XD XD

    A verdade é que parece que o requisito para ir ás mesas é ser miope (ou ir bébedo)… :P

    Por outra banda, concordo en que debería haber algún tipo de reconto, non? ou se cadra dá igual, van gañar os mesmos…

  2. cesare | June 9th, 2009 at 11:15 pm

    Pero non se trata de quen gaña e quen perde. Trátase de que vota a xente… :)

  3. bouzafria | June 9th, 2009 at 11:29 pm

    Lémbrame o mito urbán que dicía que Paco Vázquez esixía que os seus compañeiros de lista do PSOE para o Senado foran despois de el na orde alfabética.
    Mito urbán? Lembremos os compañeiros de Sir Paco: Vila Blanco e Yáñez Fernández.

  4. cesare | June 9th, 2009 at 11:37 pm

    Non é mito urbán en absoluto. É completamente certo. Estes son os senadores da etapa Vázquez.

    AGUSTIN LUIS VILARIÑO GOMEZ
    MARIA CELIA VILLANUEVA NIEVES
    MARIA CARMEN VILA BLANCO
    JORGE LUIS YAÑEZ FERNANDEZ

    E Francisco Cacharro presumía de ser o senador máis votado de España… ata que ao PP se lle ocorreu incluir na lista a César Aja.

  5. ifrit | June 10th, 2009 at 12:28 am

    E o teu informador díxoche se se deran de conta ou van facer algo? ou vanno deixar correr? (cousa que non me extrañaría :p)

  6. cesare | June 10th, 2009 at 12:46 am

    O meu informante pouco pode facer. Imaxino que o problema está na web, pero que as actas estarán correctas. Mañá quizais chame á Xunta Electoral Central.

  7. sHs | June 10th, 2009 at 12:18 pm

    O de Extremadura Unida e o Prepal de seguro que obedece ó factor morriña.

  8. turonio | June 10th, 2009 at 3:49 pm

    Igual que hai os países falcatrueiros, ou na era Bush habíaos, tamén hai o voto falcatrueiro. E non hai mais que mirar a diferenza de resultados entre o senado español e o parlamento. Votos emitidos o mesmo día e polas mesmas persoas pero que en función da seriedade que lle outorgan a cada votación fan máis ou menos o falcatrueiro.
    Nestas eleccións, que non gozaron de muita respetabilidade no pobo, hai muito deste voto. Posiblemente maioritario nos recontos de UPyD.

  9. leyma | June 14th, 2009 at 2:39 pm

    Esquece vostede un dato, Césare: naquelas mesas onde hai interventores dos partidos maioritariors, en Galicia o Bloque, PSOE e PP, as papeletas deses partidos están postas á parte, en primeira fila. Siga pensando no da conspiración, nunca se sabe.

  10. cesare | June 14th, 2009 at 2:44 pm

    Non estou seguro da cantidade de xente que pode votar “a primeira papeleta que vexa”. Só sei que todos os interventores se comportan do mesmo xeito. Aínda lembro esa frase do manual de interventor bloqueiro que di, máis ou menos, “insiste en que se coloquen por orde alfabética; iso favorécenos!”.

    Ah, a democracia…

  11. kaplan | June 28th, 2009 at 11:29 pm

    Onde anda metido?
    É que o boto de menos!

  12. Xabier | June 29th, 2009 at 11:23 pm

    Mira unha cousa, Cesare, porque eu sigo alucinando co resultado, agora definitivo, dese partido ultradereitista. No reconto definitivo aumentan 3 votos sobre o provisional, no que respecta á provincia de Ourense. Creo que alguén debe dar unha explicación a isto e sería ben que alguén do Irixo, ou de Ordes, ou de Fene, ou de Verín.

  13. Cesare | June 29th, 2009 at 11:57 pm

    Xabier, onde consulta vostede os datos definitivos?

  14. Xabier | July 2nd, 2009 at 7:33 pm

    Ai, perdón, que estiven fóra; os datos definitivos están na web e non son difíciles de atopar, aínda que só se encontran desglosados por partidos e por provincias. Miles de votos de II non foron recontados en Euskal Herria, co cal se converte na terceira forza da CAG. En Galicia vese o que comentamos arriba e non me parecen suficientes as casualidades para explicalo, dsede logo, aínda que escoito todas as teorías.

  15. cesare | July 2nd, 2009 at 7:47 pm

    É que eu na web sigo vendo os datos provisionais, non os definitivos…

  16. Xabier | July 3rd, 2009 at 2:56 pm

    http://www.boe.es/boe/dias/2009/06/24/pdfs/BOE-A-2009-10476.pdf

  17. cesare | July 3rd, 2009 at 4:45 pm

    Xabier, moitas grazas polo envío do BOE. Estaría ben que soubésemos os resultados por concellos, porque así é difícil establecer unha comparación. Ora ben, supoñendo que eses datos se manteñan con respecto aos que tiñamos de antes, creo que está claro que:

    a) existiron transfegos e erros de asignación de votos ás candidaturas nalgúns puntos da cadea.
    b) Os partidos máis beneficiados son aqueles que, na orde xeral de candidaturas, ían antes e despois dos partidos con maior número de votos (PP, PSOE e, en menor medida IU, EP ou CE).
    c) iso non quere dicir que entre outras formacións, e sempre coas que tiñan antes ou despois, non se producisen eses erros, senón que son moito máis indetectables.
    d) Non hai ningún dato sólido que leve a pensar nunha acción organizada ou nunha conspiración.
    e) os resultados, a nivel global, non mudarían se se fixese ben o reconto. O único probable é que os partidos máis prexudicados (PP e PSOE) aumentasen os votos.
    f) iso non quere dicir que non sexa todo unha auténtica e vergoñenta chapuza, e que cada voz, por moi pequena e friki que sexa, debería ser correctamente atribuida.
    g) indo aos casos concretos, os votos ao MSR no Irixo foron evidentemente votos ao PSOE mal asignados.
    h) os outros dous argumentos principais que sustentaban a conspiranoia do pucherazo foron o do número supostamente insólito de votos brancos e nulos (se ten interese podemos falar sobre iso, pero non é algo que se sosteña cos datos), e o de que eu tiña unha curmá que votou unha cousa e esa cousa non aparece no reconto final. O certo é que iso, salvando o elemento sempre lendario de “eu tiña unha curmá”, pode ser verdade. É tan probable que se lle atribuíse a Andecha Astur un voto que ía para o Partido Humanista nunha mesa de Viana do Bolo, do que ao revés. En concreto, vostede debería estar preocupado polos votos que recibiu ‘Democracia Nacional’ e ‘Unidá Nacionalista Asturiana’.

    Insisto: é unha chapuza incrible, pero non é unha conspiración.

  18. Xabier | July 4th, 2009 at 8:45 pm

    Ben, certo que o máis cómodo son as conspiracións e a túa argumentación é correcta, pero eu pregúntome:

    1.-Por que nuns casos (Lobios) os votos van para Falange e noutros para o Movimiento ese? Olla que non é só o Irixo, son Verín, Fene, Miño, Ordes e algún outro que xa non lembro, polo resultado provisional. Que se manteñan as cifras de votos no reconto definitivo dá a entender creo que inequivocamente a súa validez.

    2.-¿Por que o “mal reconto” se dá en certos sitios si e noutros non, e por que ese “corremento alfabético” (sorry) non se produce onde sería máis lóxico estatisticamente, ou sexa: hai máis votos para “errar” nas mesas de Vigo e da Coruña ca nas de media provincia de Ourense.

    3.-Se non é “conspiración” que II perda máis de mil votos na CAG e en Navarra, é bastante grave.

    4.-Entón? A miña teoría é complicada de máis como para ser aceptable, así que non a explico, pero digamos só que existe unha liña difusa entre a calculada incompetencia como dique de contención (a coartada é que afectaría a todos os partidos e en diversos lugares) e a verdadeira fraude no caso de que certas forzas moi incómodas obtivesen escano. Porque,

    5.-¿Por que ocorre isto precisamente nestas eleccións europeas? E por que ninguén protesta no Irixo -e nas outras vilas- esixindo un reconto de votos oficial e con medios de comunicación diante?

    En calquera caso agradécese que alguén trate este tema nun blog. Un saúdo!

  19. cesare | July 4th, 2009 at 9:33 pm

    Ahá.

    1. A Falange benefíciase de votos que deberían ir ao BNG e o MSR de votos que deberían ir ao PP. Pero iso non é por orde alfabética, senón por esta orde: http://elecciones.mir.es/europeas2009/candidaturas.html Eu diría que se produciu un cambio tecnolóxico que permitiu que nestas eleccións se producisen estes erros, pero non fun membro de ningunha mesa nin estiven presente no escrutinio, así que non podería dicilo.

    2. O desprazamento dos votos dáse en mesas moi contadas, pero non ten que ver co número de votos. Nunha determinada mesa, todos os votos dunha formación se lle anotan a outra formación. Non é que en Vigo non suceda: é que no Irixo canta moito máis.

    3. Iso non llo entendo. Pode explicalo mellor?

    4. Boeno, a esa liña disfusa chámase principio da navalla de Ockham.

    5. Creo que a razón hai que buscala precisamente nesa mudanza tecnolóxica que eu intúo no proceso. Unha mudanza que, digamos, fai máis sinxela a atribución incorrecta có anterior sistema de boli e papel onde se escribían os nomes por enteiro. A razón de por que ninguén do PP do Irixo protestou porque os 45 votos dunha das súas mesas lle foi asignado a outro partido, é unha boa pregunta. Eu diría que todos os partidos menos un, o día 8 estaban máis preocupados doutras cousas, e non lles acordou comprobar que os resultados conxuntos que ofrecía o goberno coincidían cos que eles obtiveran sumando todas as mesas.

  20. Xabier | July 5th, 2009 at 10:03 pm

    Punto 3: pois grave quere dicir grave, irregular e con aspecto antidemocrático, sobre todo cando ninguén o explicou publicamente.

    Sobre o 5, a causa que aduces é un tanto dubidosa. Se hai algo que preocupe aos partidos nunhas eleccións son os votos e as súas flutuacións locais, mesmo por mesa urbana.

  21. cesare | July 5th, 2009 at 10:15 pm

    Si, o que non entendo no punto 3 é a que se está referindo. Con respecto ao punto 5, é evidente que o PP do Irixo quere levar a conta de todos os seus votos pero iso xa o fan mesa a mesa. O que resulta máis dubidoso é que cotexen o que eles saben das mesas co que aparece na web do ministerio, porque aínda que teñan internet na alcaldía non teñen por que dubidar do valor dos seus propios datos.

    Por certo, unha das razóns de que nas grandes mesas non suceda isto é que é necesario sacar 0 votos para que che toque a lotaría dos votos do PSOE.

  22. Xabier | July 6th, 2009 at 10:31 am

    Ben, pois certamente é moi boa análise, Cesare.

Leave a Comment