ballot-box-lAo parecer, a candidatura que o ministro-atleta converteu en voceira do independentismo violento vasco, anuncia varias denuncias de votos desaparecidos. Casa tan ben coa paranoia como coa persecución. Á luz diso, anque evidentemente non relacionado, hai quen repara nalgúns datos curiosos do reconto electoral. Eu furo algo na provincia ateniense e flipo:

  • O MSR, un partido ultradereitista afortunadamente moi minoritario, consegue 149 votos en toda a provincia. Ata aí, non é demasiado sorprendente. Hai un bo coeficiente de aleatoriedade no voto, e ata os andalucistas sacaron un pola Teixeira. O estraño é cando se miran os datos por concellos: o MSR obtén 3 votos en Ourense, 2 votos no Carballiño, un voto en trece concellos máis, 64 votos en Verín e 66 votos no Irixo. No Irixo consegue o 8% dos sufraxios, ademais, máis da metade do que sacan os socialistas e superando o Bloque. Mirado dende o outro lado, o MSR saca o 44% dos seus votos ourensáns no Irixo, o 42% en Verín, e o 14% restante, a repartir.
  • En menor proporción sucede algo así coa Falange Española en Lobios, onde obtén 43 sufraxios, o 40% dos votos na provincia. Poderiamos aducir que a Falange é un partido coñecido, e que as poucas veces que se presenta os seus simpatizantes aproveitan. Pois non. Nas anteriores europeas obtivo só 1 voto,  e nas de 1994 (no 99 non se presentou), ningún. Ningunha outra falanxe ou partido ultradereitista rañou nada nos últimos anos en Lobios.
  • Tamén pasa algo así co PACMA. É verdade que o PACMA tivo o voto moi repartido, e que en concellos grandes sacou aínda media ducia de votos. Pero no concello de Monterrei obtivo 48 sufraxios, o 22% do conseguido en toda a provincia.

Seique suceden cousas semellantes na Baña, en Ordes ou en San Sadurniño. Grallas de censo? Mans nas caixas? Erros informáticos? Azar? Debemos temer pola solta de visóns en Monterrei? Ou por un golpe de estado racista no Irixo?


4 Comments to “rarezas & paranoias”

  1. magnummare | June 9th, 2009 at 7:37 pm

    XD XD a verdade eu xa non sei moi ben como funciona este sistema… :P

    Aínda que nós aquí criticando os erros por se son pucheirazo e de repente hanos sorprender o xurdimento do réxime ultradereitoso do eixe Verín-O Irixo!! XD

  2. cesare | June 9th, 2009 at 10:12 pm

    Enigma solucionado: http://astuasbalas.com/2009/06/09/dedo/

  3. GZ | November 3rd, 2010 at 11:58 pm

    Eu xa os vin con mesas informativas en Lobios…saqueilles un par de fotos de lonxe. Seica se queren presentar nas municipais. O que nos faltaba, mais fachas….

  4. Brais | January 26th, 2011 at 10:02 pm

    Mirade o que atopei:

    http://falangelobios.blogspot.com/

    …Non sei a vos pero a min preocupar preocupame….

Leave a Comment

1|2|3|4|5|6|7|8|9|10|11|12|13|14|15|16|17|18|19|20|21|22|23|24|25|26|27|28|29|30|31|32|33|34|35|36|37|38|39|40|41|42|43|44|45|46|47|48|49|50|51|52|53|54|55|56|57|58|59|60|61|62|63|64|65|66|67|68|69|70|71|72|73|74|75|76|77|78|79|80|81|82|83|84|85|86|87|88|89|90|91|92|93|94|95|96|97|98|99|100|101| levitra made in canada viagra oklahoma city cialis vs viagra vs kamagra Cialis withdrawl levitra tadalfil Fda approved cialis buying viagra with next day shipping levitra rebates Bontril levitra free no prescription generic cialis altace erectile dysfunction Chinese cialis Buy levitra soft Airfox cialis Buy levitra reBuy Generic Dapoxetine Online Canada paydayavailable.info Viagra Online no checking account payday loans magnum cash Quick Approval Payday loans faxless payday loans Buy Cheap Viagra Online Vardenafil Super Viagra Cialis Online Canada Viagra Online without Prescription Buy Levitra Online.Vardenafil Cialis Online without Prescription Cheap Cialis Viagra Coupon Cialis Coupon Viagra with dapoxetine Cialis Black Viagra Online Canadian Pharmacy Viagra Super Force Cheap Cialis Online Cialis Online Canada Cheap Levitra Without Prescription Buy Generic Cialis Online Buy Cheap Cialis Super Active Buy Viagra With Dapoxetine Online Cash Advances Payday Loans