Erguémonos cedo, moi cedo. A aldea comeza a espertar e séntense algúns galos, e tamén algúns coches.
Hai aló no fondo uns trigais, pero vense sobre todo leiras deixadas a barbeito dende hai anos e silveiras que loitan contra o secaño. Algunhas oliveiras vixían dende os outeiros, coidadosamente chapodadas a choleja.
Nos fíos eléctricos pousan estorniños, pardais, unha laverca, xílgaros, pombas e rolas, e sobre o patio bótanse en picado os anduróns, que aproveitan a alba pra cazar os mosquitos contra as tapias.
Mexamos na horta, ao pé dunha amendoeira. Subimos ao coche e pechamos o cancelo. Baixamos á cidade.


One Comment to “castela”

  1. Migraine Man | July 1st, 2009 at 10:24 am

    Eu sigo preguntándome cando me falan de “pesteciudá”:¿É que non facemos probas nucleares alí?”

    :D

Leave a Comment