Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Blog Archive » enquisa, 2

Como son paciente da gripe A, non puiden contestar axeitadamente a torrenteira de comentarios do anterior post. E case mellor. Así dáme pra facer un máis e atestar que si, efectivamente, estamos ben fodidos.

  1. Os que apostaron por boicotear o proceso de enquisa, insisten en que foi unha boa decisión, e que volverían facer o mesmo. É verdade que ninguén aprende en cabeza allea, pero desta vez nin sequera aprendemos na nosa. Porque cando na guinea conakry, por exemplo, a oposición democrática, dispersa e desestruturada, decide boicotear uns comicios a maior gloria do seu ditador, están a perder oito anos (ou máis) de historia, pero cando menos salvan a vida. Mais cando nun país democrático nos opoñemos a unha consulta realizada (trapalleiramente, si), por un goberno democrático, non arriscamos a vida. O problema é que, na nosa torre de marfil, non arriscamos nada. Tampouco nos importan os resultados porque non os imos crer. O único que pode resultar é que saia un cómputo negativo, e como ese cómputo negativo é, en parte, culpa nosa, picamos o balón e tratamos de crer (nosoutros só, claro) que aquí non pasou nada.
  2. Os que estiveron dalgunha maneira no proceso de normalización, nos concellos, nas asociacións, como individuos… insisten en que eles fixeron o correcto, e que volverían facer o mesmo, só que con máis forza. Os que tiveron a culpa foron outros. Ou ben, como dirían os galos en Astérix nos Xogos Olímpicos, os xabarís comeran porcalladas, a pista estaba en mal estado, ou había unha determinada correlación de forzas. É verdade que ten máis culpa González Moreiras có responsable de normalización do concello de allariz. Pero non é cuestión de medir quen a ten máis grande (a culpa) senón de ser conscientes de que todos e todas temos o noso quiñón. Que todos metemos a pata e fixemos as cousas rematadamente mal. Todos debemos decatarnos de que a realidade vai por outro camiño. Pensar, e mudar o rumbo. E despois, establecer sistemas de avaliación e control de calidade que nos digan se estamos acadando os nosos obxectivos e non agardar a que, dentro de trinta anos, unha enquisa trapalleira nos dea unha nova vareada nos fociños.
  3. Os que estiveron sempre rompendo a cabeza coa súa teima particular, insisten en que a súa teima é a mellor, e que seguirán a facer o mesmo. Formúlase o razonamento como se tivese unha base científica sólida, do tipo: cada vez que uns pais lles deixan de falar galego aos seus fillos, se o galego se escribise como se escribe en Angola, non o farían. Ou, os pais que non queren que o seu fillo aprenda galego na escola, se o galego se escribise como se escribe en Manaos, si que quererían. Esa conclusión nunca se vai demostrar cientificamente, e tampouco estatisticamente (ao final, as sondaxes, xa se sabe, están amañadas, non se fan as preguntas correctas, etc.). Pero non importa.
  4. Os que se moven por fobias persoais, insisten en que eu me movo por fobias persoais, e seguirán a facer o mesmo. É verdade que un curmán meu pode ter razóns pra algunha fobia persoal concreta, pero nin el coñece a todas as persoas mencionadas directa e indirectamente no post (que son moitas de diola, manexando moita pasta de diola), nin eu me metín a facer este post pra seguir as súas manías nin pra tocar collóns alleos (dispensando). Senón os propios.

Conclusión:
Ninguén dos que temos que asumir responsabilidades as asumimos en público. Á vista dos comentarios, parece que tampouco se nos pasa pola cabeza facelo en privado.

Inciso histórico:
Hai moitos anos, a directiva dunha poderosa organización lingüística chegou á conclusión de que non sabía por onde tirar. Pra iso argallou unha convención á que todo o mundo podía acudir (non só os seus socios): a ver se entre todos se nos ocorría algo. A convención foi rebentada por unha facción da organización que quería ser califa en lugar do califa. Non fagamos o mesmo agora.

Apostilas:
• Ata o comentario 26, fomos evitando a lei de Berto. Mal, Calidonia, moi mal. :D
• Ro, aínda vai levar vostede unhas panaderas. Ten máis razón ca unha santa. Pero cada vez menos.


38 Comments to “enquisa, 2”

  1. puah | August 6th, 2009 at 2:45 pm

    es tan listo, tan listo, tan listo e sabes tanto, tanto, tanto, e levas sempre tanta razón que das asco, como Dios

  2. Abade | August 6th, 2009 at 3:43 pm

    Hai que cambiar a estratexia e facer unha pedagoxía nova. Por exemplo: comezar trocando o discurso, facer mensaxes en positivo e deixar de repetir consignas estalinistas (nin un paso atrás!).
    Hai xente que actúa neste tema como se a verdade fóra revelada e calquera nova interpretación é considerada como herexía, mágoa. Algúns quedaron en 1980, a sociedade cambia pero eles fican atrás, ou mesmo no exterior da realidade.
    Terán que reflexionar e asumir as responsabilidades na Mesa e nos outros axentes sociais que fixeron un mal traballo coa enquisa.

  3. alema | August 6th, 2009 at 5:15 pm

    totalmente de acordo con cesare
    segue faltando autocrítica
    e sobra andar dividindo a xente entre bos e malos

    oxalá pare xa esta bóla de neve

    calidonia: fatal propoñer que para salvar o galego temos que facernos reintegratas. sabe perfectamente que iso xeraría aínda máis rexeitamento social (o acordo ortográfico e o portugués de padrón, para os que falan portugués)

  4. Chimpín | August 6th, 2009 at 11:59 pm

    Iznogud o Infame, que lembranças :-)

  5. Lume | August 7th, 2009 at 3:14 am

    Alema dizes “e sobra andar dividindo a xente entre bos e malos”, aplica-te o conto.

    Cesare, o seu nom é a diplomácia, é sabido; mas este tipo de flames som extremadamente bons para o debate, que situado em termos de correçom dialéctica seriam muito menos sucedido.

    No tocante ao tópico, discordo no que dis mas concordo no que queres dizer

  6. Galeguzo | August 7th, 2009 at 9:12 am

    Notas:
    1) O tom deste artigo é mais razoado que o anterior.
    2) O meu primeiro comentário ou está mal ligado ou mal redigido o teu parágrafo, porque nada tem a ver o que expressas no texto com o que diz o meu comentário (este: http://astuasbalas.com/2009/08/05/enquisa/#comment-35650).
    3) Ah, claro, sou eu o que se move por fobias pessoais XD XD XD XD Até o de agora leva-se comprovado em muitos sítios que o sectário és tu ;-)

  7. marinela | August 7th, 2009 at 9:21 am

    Cando aquí, neste país no q agora (disque) hai democracia, mandaba aquel señor baixiño de El Ferrol, tamén se facían referéndums de cando en vez.
    Era unha cousa graciosa, pq, como recordarás (ou non) votaban ata os mortos.
    E moito máis graciosa para os catro q se atrevían a votar que non, que cando se reunían a tomar o chiquito despois do referéndum, comentaban entre risas (desas de por non chorar) o divertido q era q non houbese votos en contra, sabendo q 1 máis 1 máis 1 máis 1 son catro.
    Dime en que aspecto concreto tivo máis garantías este proceso que aqueles, ho; que garantías tivo como para poder tomalo en serio e pensar q a túa decisión de cubrir (ou non)o papeliño de marras ía ter algunha importancia.
    Claro que…ao mellor ti es dos q cres q os datos se corresponden coa realidade!

  8. cesare | August 7th, 2009 at 9:45 am

    Marinela, non son tan vello. De feito tampouco son tan vellos a maior parte de pais que votaron nesta consulta.

    Pero aínda sen ser tan vello entre aqueles referendums e esta consulta hai un pequeno matiz que, ANTES de que se demostre o contrario, é tan importante como separar a noite do día. Calquera insinuación de que agora se vive en Galicia como con Franco non merece o meu mínimo respecto. Esa é das poucas liñas vermellas deste blog.

  9. Migraine Man | August 7th, 2009 at 11:11 am

    Con medo a errar nesto que escribo, penso que estes señores (¿estes?) vánlle dar un bombo non visto ata o de agora á enquisa e usala para seguir coa colonización. Xa hai tempo que se entrou na fase de “¿autoestima? Non, gracias”. A enquisa é un “ping” de sonar para explora-lo terreo antes de proceder ó ataque final. Por min que empecen xa, cantos máis cadáveres máis divertida é a loita, ¿non?

    Por certo:

    Leo moitos comentarios vosos, e seguramente será debido á miña falta de “alta cultura”, pero dades a impresión de falar coas paredes.

  10. pingheiras | August 7th, 2009 at 12:42 pm

    Todas somos culpables, agás Cesare e Alema que yalosabían. Agora agardamos as súas alternativas………………

  11. Abade | August 7th, 2009 at 12:59 pm

    1. Isto non foi un referendum, isto foi unha consulta a un sector da sociedade: unha mostra de pais e nais. Deses, a maioría dos que teñen fillos en infantil (onde a participación foi máis alta)viviron uns aniños de pícaros con Franco, ou mesmo xa naceron na Democracia, que permite queixas dela sen represalias.
    2. (Por certo, facer uns argumentos que pasen sempre por Franco é un pouco rancio)
    3. Podemos cuestionar a enquisa, pero é perder o tempo, os datos son os que van servir á Xunta.
    4. É normal que nun punto de inflexión, onde hai que trocar de estratexia necesariamente, todos teñamos certo medo e temor ao novo, porque ninguén albisca a solución ideal. Pero hai que tentalo, porque o rato que perde un queixo e non vai na procura doutro, morre.

  12. cesare | August 7th, 2009 at 1:08 pm

    Mola o do rato e o queixo. Con respecto a Franco, ás veces ten perigosas semellanzas coa redución ad Hitlerum: http://en.wikipedia.org/wiki/Reductio_ad_Hitlerum

  13. cossimo | August 7th, 2009 at 4:21 pm

    Se cadra un de cada tres pais tamén preferirían que nas aulas onde estudan os seus fillos non houbese nin inmigrantes nin profesores homosexuais. A culpa habeía qu atribuirlla, obviamente, a S.O.S. Racismo e a Zerolo.
    É vostede taaaaaaaaaaaaaan previsíbel e taaaaaaaaan aburrido!!!

  14. cesare | August 7th, 2009 at 4:24 pm

    cossimo… vostede é un crack. :D

  15. cossimo | August 7th, 2009 at 4:50 pm

    Un crack, non, un crash , querido Braveheart pangalaico!!

  16. marinela | August 7th, 2009 at 5:58 pm

    querido (é un dicir), eu non dixen nada de q agora vivísemos como nos tempos de paquete
    só dixen q as garantías da enquisa e máis as dos referéndums de daquela véñenche sendo as mesmas
    e o q diga o contrario, q me explique quen estaba diante cando se abriron os sobres

    “De feito tampouco son tan vellos a maior parte de pais que votaron nesta consulta.”

    non temos (eu polo menos) nin idea da idade da xente cuxas opinións aparecen nos supostos resultados da enquisa

    ao mellor só hai unha ducia de persoas, tiraron as enquisas ao lixo e puxeron os resultados q lles saiu do nabo
    é unha posibilidade, non?
    pode dar algún dato comprobable q refute iso?

  17. cesare | August 7th, 2009 at 6:00 pm

    Pode dar vostede algún dato que refute que a Kennedy o mataron os extraterrestres?

    O bo da teoría da conspiración é iso: non é refutable.

  18. Manu | August 7th, 2009 at 10:41 pm

    E digo eu… o feito de que o PP e máis o PSOE sumen o 80% dos votos, non terá nada que ver na pouca eficacia das políticas lingüísticas?

  19. cesare | August 7th, 2009 at 11:00 pm

    Manu, a política e a normalización lingüística somos todos, os que votamos PP e os que non votamos PP. E tamén os que non votan.

    Pode, á luz dos mapas sociolingüísticos, sinalar vostede eses históricos feudos do BNG? É a situación lingüística de Fene, Allariz, Corcubión ou Ribadeo moito mellor cá de Neda, Xinzo, Cee ou Viveiro?

  20. Filipe Diez | August 8th, 2009 at 3:05 am

    Olá a todas(os).

    1. Esta consulta foi un referendo convocado, realizado e escrutado sen as mínimas garantías legais e procesuais esixibles.

    2. Á maioría da sociedade, incluída aí a inmensa maioría de galegofalantes, tráelles sen cuidado a metodoloxía do referendo; e, de feito, impórtanlles bastante pouco os resultados da enquisa.

    3. As organizacións máis activas contra o referendo (CIG e A Mesa) realizaron un esforzo moi meritorio e tiveron algún importante triunfo simbólico, pero erraron na estratexia de boicot. (Falando de correlación de forzas, é unha torpeza sen nome optar por unha táctica como a “abstención activa” nun contexto claramente desfavorable).

    4. É necesario repensar e reorientar os métodos e instrumentos de concienciación social sobre a lingua.

    4.a) Tese: desvincular os movimentos pola normalización do nacionalismo político organizado.

    4.b) Antítese: non destruír os movementos ligados ao nacionalismo político organizado.

    4.c) Síntese: acostumarnos á pluralidade e a que a unidade de acción é posible desde a diversidade ideolóxica.

    5. Renunciar aos postulados de máximos é capitular diante do inimigo, ou polo menos darlle unha enorme vantaxe estratéxica.

    6. Expor socialmente os argumentos de máximos é capitular ante a historia, ou polo menos darlle ao inimigo unha enorme vantaxe estratéxica.

    7. A sabedoría inventouse para iso.

    8. Malo será que, entre tantas(os), alguén non teña a suficiente como para construír un vieiro de futuro.

    Saúdos.

  21. cesare | August 8th, 2009 at 9:13 am

    Ola Filipe.

    1. A enquisa foi trapalleira. Os resultados son trapalleiros, pero non son ficción nin un soño tampouco.

    2. A maioría da sociedade leu estes días nos xornais e webs de referencia que “os pais galegos apostan por un ensino en castelán” ou cando menos “bilingüe” (que na tradución actual da palabra significa en castelán).

    3. Esforzo? Xogamos como nunca e perdemos como sempre, que diría o adestrador Lillo. Gustaríame saber cales foron os triunfos simbólicos, e pra quen foron simbólicos.

    4. Non lle sei. Non son nacionalista. É algo que non me preocupa demasiado, sobre todo a antítese.

    5 e 6. Non sei cales son os inimigos. O que hai que saber é se os postulados de máximos son sequera desexables. Sono aínda en 2010?

  22. Manu | August 8th, 2009 at 12:56 pm

    A política lingüística é responsabilidade, moi principalmente, do goberno, aínda que individualmente todos podemos facer algo, claro está. Tamén podemos facer algo individualment para salvar as baleas, pero sen leis que impidan a súa caza… en fin.
    Os concellos algo poden facer a favor do galego, pero non é decisivo. Cando intentan algo efectivo de verdade, poden votalo abaixo, como cando en Narón, creo, intentaron que as empresas contratadas polo concello, utilizasen o galego.

  23. cesare | August 8th, 2009 at 3:33 pm

    Efectivamente: os cidadáns poden facer tanto pra salvar o galego como pra salvar as baleas. Vémonos en 2050, entón, :)

  24. Manu | August 8th, 2009 at 10:29 pm

    Abur Cesare

  25. marinela | August 11th, 2009 at 8:39 am

    eu non teño q dar dato ningún acerca do asesinato de kennedy polos marcianos, xa q non escribín ningún artigo aseverando nin iso nin o contrario

    se vostede escribe un artigo tirando conclusións a partir dos resultados dunha enquisa, é de supoñer q terá algunha evidencia de q eses resultados teñen algunha correlación coa realidade

    se non é así, simplemente está facendo iso q na miña terra se chama botar a lingua a pacer…

  26. cesare | August 11th, 2009 at 8:46 am

    Hahahaha. Non, non funciona así. Se vostede ten datos que evidencia que os resultados non se corresponden coa realidade, que houbo alteración dos resultados, que se inventaron caixas de enquisas nos despachos ou que os pais e nais que votaron non o fixeron en liberdade, é quen debe probalo.

    A ver se vai ser como o de Cospedal, que o que hai que probar é a inocencia… Non. Así non furrula o choio.

  27. Anonymous | August 11th, 2009 at 8:54 pm

    Aínda quedan os que non somos pais e asistimos ao espectáculo. E sabemos que as responsabilidades son sempre individuais. Non hai quiñóns, nin culpas. Chega de saudade.
    _Careca

  28. Migraine Man | August 12th, 2009 at 10:11 am

    Xa non sabemos que é o peor: se ter medo ou (deixar) que no-lo metan.

  29. Anonymous | August 12th, 2009 at 12:59 pm

    Non entendo por que preocupa que moitos pais non queran o galego para os seus fillos. Alá eles. Son libres e, se se lles deixa,faran o que lle pete. Son cousas da liberdade. Xa chega de saudade.
    Careca

  30. procastino | August 13th, 2009 at 12:13 pm

    Cesare, concordando coa esencia do que vostede argumenta, si que boto de menos que, ademáis de sinalar acertadamente “culpábeis”, ofreza vostede algunha alternativa ou idea sobre como terían que cambiar os métodos e principios dos que procuramos a normalización do galego.

  31. Anonymous | August 13th, 2009 at 6:53 pm

    http://www.youtube.com/watch?v=gzxVBXCP1jgChega de saudade

  32. Anonymous | August 13th, 2009 at 8:25 pm

    Son un desafinado

  33. Cibrán | August 17th, 2009 at 6:29 pm

    A culpa non é miña :)

  34. Duracell | August 21st, 2009 at 1:39 pm

    “Y tu más, y tu más…”
    Mira mami, son Cesare!

  35. arume dos piñeiros | August 24th, 2009 at 4:25 pm

    Eu levo reclamando a responsabilidade das distintas áreas e equipas de normalización lingüística (hai que recoñecer que en privado aínda que diante de xente que traballa nelas) en termos de eficacia. Non dubido da súa necesidade nin da súa obrigatoria presencia en institucións e organismos. Non sei se o síndrome filólogo lles afecta (eu creo que en exceso), pero, sobre todo, o que creo eu é que non se fai seguimento dos resultados e, polo tanto, carecemos dunha análise da súa eficacia. Poño por caso unha campaña de galeguización dos nomes propios.
    Con todos os defectos que se puideran botar (que eran moitos), o propósito parecía interesante. A campaña (con todos os defectos, que tamén eran moitos e algún mesmo irritable) foi apoiada con entusiasmo e vehemencia pola propia institución. Houbo cartaces, merchandising, publicidade a mazo. Hai que sinalar ademáis que logrou concitar a crítica dos sectores máis recalcitrantes sobre a normalización lingüística, o que lle deu, entre os propios, natureza claramente positiva: alguén podería dicir (como se dixo) que se molestaba era que estaba ben feita.
    Dos resultados, sen embargo, nada se sabe. Aínda que poderiamos sabelo. Basta con ir aos rexistros civís da zona para comprobarmos canta xente da bisbarra foi facer o cambio de nome propio neses días ou semanas. No entanto, nada disto se fixo. Cal é a eficacia, logo, de tal campaña? E, derivado diso, cal é a responsabilidade disa equipa de normalización?

  36. Un que pasaba por eiqui | August 28th, 2009 at 10:43 am

    De volta o traballo atopo iste blogue con interesantes aportacións. A da enquisa e mais esta post son moi interesantes.
    - Certamente a idea que parece rezumar é a seguinte: “rindamonos que estamos rodeados”… creo que a intención non é isa pero o parece.
    - No fondo o tema da recuperación do galego é moi complexa, e pode que caminemos nunha senda sen retorno cara a castellanización do país, o cal tampouco sería sorprendente dada a provincialización que estamos a sufrir e todolos os eidos (economico, politico, intelectual…)
    - O que esta claro é o que non funciona:
    a) O resitencialismo da mesa (o dí un socio da mesa).
    b) A mera copia (copy paste) das politicas lingüisticas doutros paises (cataluña) que nin son Galiza nin o imos ser.
    c) A criación do discurso do conflicto como politica.
    d) O pouca usadas que están as politicas positivas (sería interesante saber se algún concello traballou nesa liña e o seu exito).
    - As batallas internas entre reitegratas e mais o resto…

    O mais sorprendente é que as veces a politica normalizadora non e mais cun reflexo do pais. Un boton, a miña moza, galega pero de pais castellano-falantes, non sabe falar nada de galego -non entende os meus avos-, perfil ideoloxico moi dereitoso -en plan o galego so o falan os do Bloque-, con mozo diglosico descobre que hai xente que fala galego porque si, que o galego e algo de seu tanto como a Pr. Maria Pita, a Serra do Caurel o demaís… empeza a mellorar o seu galego.. pero un día falando en galego unha persoa no nacionalismo dille “mira que falas mal o galego…” todo o esforzo normalizador rachado polo elitismo…
    e lóxico que o discurso de feijoo contra o elitismo teña exito, ou polo menos trate de telo…

  37. Outro máis | August 29th, 2009 at 5:26 pm

    Saúdos, ese último exemplo da moza que empeza a falar galego é demoledor. E seino porque é algo que tamén teño visto varias veces. Ninguén empeza falando ben, eu son educado en castelán, e cando comecei a falar galego, notábase, carallo se se notaba. Hoxe non, a xente pensa que levo toda a vida falando galego, aprendín a ser pillo coa lingua, e agora pensan que son galego falante desde a infancia. Pero sufrín nas miñas carnes o típico comentario mamón cando empezaba. Hai que estar moi convencido para seguir adiante, e iso son catro gatos.

  38. Migraine Man | August 31st, 2009 at 10:10 am

    Sempre queda o recurso da retranca…

Leave a Comment