Olímpico é universal, e os Xogos nunca foron a América do Sur. Todos os outros países, xa non digo continentes, recibiron os Xogos varias veces.- A candidatura é sólida, moi sólida, tecnicamente mellor valorada cá de Madrid ou a de Toquio.
- Se utilizamos os Xogos como ferramenta de proxección universal, Río ten moito máis ca achegar cás outras candidaturas como modelo cultural e de cidadanía, agás probablemente Toquio.
- A economía brasileira é de todas as catro a que ten unha maior proxección de desenvolvemento.
- Brasil é o quinto país por poboación do mundo.
- A organización suporía un motor pra todo o subcontinente e unha mellora das comunicacións entre esa parte do globo e o resto do planeta.
- Aínda que sempre é un problema loxístico celebrar uns Xogos no Hemisferio Sur, Río está case no ecuador, é dicir, sofre unha discreta variación estacional.
- Brasil demostrou unha boa competitividade nos Xogos de verán nos últimos anos: doce medallas en 2000, dez en 2004, quince en 2008… e nunha pluralidade de deportes. Porén, o número de medallas non foi tan alto como para que a organización dos Xogos non supoña un importante empurrón na súa calidade deportiva.
- O Río é unha sociedade multiétnica, incluso máis ca Chicago.
- A pesar da web, a comunicación da súa candidatura é a mellor das catro: teñen moito que ofrecerlle ao mundo.

Convencíchesme!
(tiñalo facil de todas formas :))
Eu xa o tiña claro. eu fico
Careca do flamengo
Perdoa meu ¿estamos a falar do mesmo país dirixido por un político ex-socialista que pecha os ollos ante a destrucción da Amazonia?
Disque visualmente o mellor proxecto era o dos nipóns, pero non debe ser moi cómodo para un non indíxena moverse por unha cidade na que as rúas non teñen nome. E ademáis había que dar unha imaxe de buen rollito ¿non?
Pues a mí me parece no más que una bienvenida del capitalismo rollo G20 a las golosas materias primas brasileñas.
Obviamente los juegos se pagarán financiados por la reserva federal, con sus intereses y sus cositas.
No me parece mal: el capitalismo quizás sea la solución para el mundo.
Só espero que ese non sexa o principio da fin da grande esperanza humana latinoamericana de que todo cristo [incluído o do Corcovado] fala.
Pero non sexamos corvos de mal agoiro. Viva a Outra América.