brandon_rugby_passÍa eu tranquilamente cara ao súper cando no camiño atopei un grupo de sete rapaces, de entre dez e catorce anos (así a ollo), a insultaren unhas mociñas chinesas que viñan coas bolsas da compra. Fixéronlles uns comentarios e xestos racistas, logo mandáronlles un par de empurróns e marcharon. Andaran eles unhas quince iardas e eu outras quince, deixándoas a elas abraiadas detrás, cando os dous máis pitirracos decidiron volver. Pasaron de onda min e fóronse onda elas, pedíndolles desculpas. Mais uns segundos despois metéranlles outro empurrón e empezaran a mirarlles nas bolsas. Un deles extraeu un pack de bebidas e botou a correr polo camiño… dereitiño cara a min.
Viume, e antes de chegar demostrou o que lles aprenden na escola: nun fantástico pase de rugbi guindou o pack cara á miña esquerda, por ver se o seu compañeiro, que corría por ese lado, o chapaba, e ao tempo tentaba canearme pola outra beira. Eu estendín a perna e envieille un couce non regulamentario no peito que o mandou a el contra un arbusto, a min de cu contra o chan, e as latas, que resultaron ser de redbull, a esparexerse contra o camiño.
Tiven sorte, porque ben podían vir os outros cinco, que felizmente non se pararan a ver qué acontecía, e darme unha malleira octúpida sen tempo a me erguer do chan. Pero safei, pedinlles desculpas ás mociñas e vireime de volta prá casa, atemorizado, acovardado, humillado.


5 Comments to “redbull”

  1. Migraine Man | October 4th, 2009 at 12:41 am

    Mágoa que caíches, poderías ter feito a túa boa acción do ano quedando ben cheo de ti. Nunca te imaxinara eu zoupándolle á xente. Claro que ben poderias estar de coña…

    ¿Non si…?

  2. Sun Iou Miou | October 4th, 2009 at 11:22 am

    Acórdame unha vez, tiña eu xeonllos decentes aínda e ía por Vigo de noite a correr. Achegóuseme un rapacito e púxose a correr canda min e díxome: “Voute violar”. Mirei para el, era pouco máis baixo ca min o aspirante a monstro (metro e medio), parei, parou, collino pola camiseta, levanteino no ar e chimpeino para atrás (como nas películas). Debéuselle curar a tontería toda.

  3. cesare | October 4th, 2009 at 11:32 am

    Esa é a gran pregunta. Curóuselle?

  4. Sun Iou Miou | October 4th, 2009 at 12:05 pm

    Quen sabe, Cesare? Igual foi roubar unha navalla (latas de redbull, daquela, non había).

  5. Valdreu | October 8th, 2009 at 8:26 pm

    Parabéns Cesare, fixeches o que moitos quereriamos facer nesa situación, pero sen saber se realmente seriamos capaces.

Leave a Comment

1|2|3|4|5|6|7|8|9|10|11|12|13|14|15|16|17|18|19|20|21|22|23|24|25|26|27|28|29|30|31|32|33|34|35|36|37|38|39|40|41|42|43|44|45|46|47|48|49|50|51|52|53|54|55|56|57|58|59|60|61|62|63|64|65|66|67|68|69|70|71|72|73|74|75|76|77|78|79|80|81|82|83|84|85|86|87|88|89|90|91|92|93|94|95|96|97|98|99|100|101| levitra made in canada viagra oklahoma city cialis vs viagra vs kamagra Cialis withdrawl levitra tadalfil Fda approved cialis buying viagra with next day shipping levitra rebates Bontril levitra free no prescription generic cialis altace erectile dysfunction Chinese cialis Buy levitra soft Airfox cialis Buy levitra reBuy Generic Dapoxetine Online Canada paydayavailable.info Viagra Online no checking account payday loans magnum cash Quick Approval Payday loans faxless payday loans Buy Cheap Viagra Online Vardenafil Super Viagra Cialis Online Canada Viagra Online without Prescription Buy Levitra Online.Vardenafil Cialis Online without Prescription Cheap Cialis Viagra Coupon Cialis Coupon Viagra with dapoxetine Cialis Black Viagra Online Canadian Pharmacy Viagra Super Force Cheap Cialis Online Cialis Online Canada Cheap Levitra Without Prescription Buy Generic Cialis Online Buy Cheap Cialis Super Active Buy Viagra With Dapoxetine Online Cash Advances Payday Loans