picture-1O terceiro capítulo de Flash Forward é malo de solemnidade. Mira que estaba emocionado cos dous primeiros, pero este novo capítulo, especialmente nos seus últimos minutos, é un dominó de despropósitos e desaxustes.
Podo entender que edifiquen novos cárceres en Múnic, pois se cadra o asunto das prisións é unha cuestión de seguridade nacional. Podo comprender que inventen unha rexión en Somalia pra non pagarlles dereitos de autor aos somalís. Podo admitir que o nazi teña 86 anos en 2009, dezaseis ao comezo da II Guerra Mundial, pois calquera idade é mala pra montar un holocausto. Podo conceder que o ordenador do FBI vaia lento, mostre datos agora si e agora non, e teña unha visualización dos primeiros supermarios, mais quizais estea funcionando sobre windows vista. Podo incluso pasar que desenvolvan prá ocasión sistemas de detección das poboacións de aves, pois o I+D+i é un sector que nos sacará da crise. E dóeme ata na conciencia, pero podo transixir con semellantes erros taxonómicos e de distribucións de especies de aves, a tiro de calquera wikipedia.
Pero o que non me entra na cabeza é que lles fixen eu pra fodérenme a ficción de tal maneira.


7 Comments to “spoiler”

  1. Migraine Man | October 13th, 2009 at 12:56 am

    Curioso, rapaz. A mín pásame o que contas tódolos días. O caso é cambiar realidade por ficción asegún sexa o caso. Cousas de un, que sae da casa pouquiño.

  2. orsinia | October 13th, 2009 at 11:17 am

    Iso pásache por crer no hype. Non será por non teres boas series que ver na casa… :P

  3. ferre | October 13th, 2009 at 10:39 pm

    Ainda non o vin , pero eu creo que o segundo xa era tirando a regular

  4. arume dos piñeiros | October 14th, 2009 at 12:01 am

    Acabo de ver o segundo e xa estou retirado. Dos cincuenta minutos que dura o capítulo máis de dez son flashbacks do flashforward do carallo. Estou ata os narices de ver a tipa nun batín cárdeno anos oitenta deitada na cama ao final do encadre toda borrosa.
    Nin sexo nin trazas de sexo hai. E por riba, traballa Fiennes. Só a posibilidade de que a de gafas saira co coreano podía salvar o capítulo, pero nin esas. Nin sacou as gafas.

  5. descalza | October 21st, 2009 at 3:22 pm

    Bueno. Espera ao 4º está bastante mellor levado. :S
    E non vexas Heroes, logo. Que esa si que perdeu fío dabondo como para abandonala no monte.

  6. Cesare | October 21st, 2009 at 3:29 pm

    Si, o cuarto mellorou. A ver o quinto mañá…

  7. Free Arcade Games Online | January 29th, 2010 at 10:27 pm

    Eu non gusto do primeiro. Eu non creo que vou asistir a outra.

Leave a Comment

1|2|3|4|5|6|7|8|9|10|11|12|13|14|15|16|17|18|19|20|21|22|23|24|25|26|27|28|29|30|31|32|33|34|35|36|37|38|39|40|41|42|43|44|45|46|47|48|49|50|51|52|53|54|55|56|57|58|59|60|61|62|63|64|65|66|67|68|69|70|71|72|73|74|75|76|77|78|79|80|81|82|83|84|85|86|87|88|89|90|91|92|93|94|95|96|97|98|99|100|101| levitra made in canada viagra oklahoma city cialis vs viagra vs kamagra Cialis withdrawl levitra tadalfil Fda approved cialis buying viagra with next day shipping levitra rebates Bontril levitra free no prescription generic cialis altace erectile dysfunction Chinese cialis Buy levitra soft Airfox cialis Buy levitra reBuy Generic Dapoxetine Online Canada paydayavailable.info Viagra Online no checking account payday loans magnum cash Quick Approval Payday loans faxless payday loans Buy Cheap Viagra Online Vardenafil Super Viagra Cialis Online Canada Viagra Online without Prescription Buy Levitra Online.Vardenafil Cialis Online without Prescription Cheap Cialis Viagra Coupon Cialis Coupon Viagra with dapoxetine Cialis Black Viagra Online Canadian Pharmacy Viagra Super Force Cheap Cialis Online Cialis Online Canada Cheap Levitra Without Prescription Buy Generic Cialis Online Buy Cheap Cialis Super Active Buy Viagra With Dapoxetine Online Cash Advances Payday Loans