Hai tempo xa que os obxectos empezaron a solidificarse.
As sensacións fóronse amargando ou facéndose felices dunha maneira cortante, arisca. De súpeto as páxinas dos libros tiñan máis gramaxe, as bagañas vermellas dos arbustos semellaban tan duras e compactas como os seus espiños, e ata a pel deste e o cabelo daquel eran como máis vellos, como máis ríxidos e enfreitados: ao rozalos viña un intenso pracer, si, pero tamén como unha grima antiga.
Chegou ademais un momento en que me pesaron as palabras, sobre todo as que estaban por dicir. E o vello xeladeiro acusounos, con razón, de usar metáforas de segunda man.
Así que é tempo de percorrer os quilómetros que nos quedan en silencio. Algún día caducará o dominio e estas balas serán de novo o que sempre foron. Nada. Grazas.

Só unha última cousa: hai un comentarista, unha comentarista, que de cando en cando vén e di que “abonda de saudades”. Mecachinlaporra, nunca houbo nin a primeira. E hoxe, hoxe tampouco.
Pésame. Sen dúbida.
Grazas a vostede
lembre que nin archive.org nin nós nunca esqueceremos estas balas
No meu nome (e no de Constance Dowling) manifesto a miña pena.
Moito aprendín, mágoa.
Si que as hai, si. Aínda que non sexan túas…
sorte!
hei-no em falta. lembre que tem cá seguidores, que nom concordam com você (quase)nunca, mas que valoram muito as suas palavras. Saúde.
Non estará a dicir que vai abandonar, deixar as balas?
Se ese é o seu desexo e nada xa noutras augas non lle hai nada que facer, só ofrecerlle o meu recoñecemento e admiración. Vde foi e é o meu mestre, e sen as Balas Ithaca non tería existido.
Seguirei, como até agora, esperando o seu novo post
Até outra
Adeus, Césare. Agardarei novas de reencarnacións vindeiras e tamén seguirei atento ao feed por se houber trasacordo.
Un gran blog. Non perda os textos, faga unha copia de seguridade ou algo…
bico
Con todos os abrazos.
Co ben (e ás veces o mal) que nolo fixo pasar…
Saúdos e que vaia todo ben!
Vaia, síntollo ben.
Que o regreso a Itaca sexa longo e cheo de aventuras. Boa viaxe e moitas grazas.
Que o retiro lle sente como un tiro
sentirémolo un pouquiño máis lonxe.
Unha aperta.
lembro un artigo (fai anos xa) no cal se falaba da morte dos blogs e do final da blogosfera galaica co peche de todonada… isto de hoxe si qué é un acta de defunción en toda regla
ata sempre, cesare, e espero que continúe a escribir en calqueira das súas reencarnacións interneteriles
Vaia, suponho que Cesare morre
Espero que se reencarne. Sorte!
As balas perdidas: http://www.youtube.com/watch?v=4dEKLbIHBjg
careca
as balas perdidas
careca
As túas bólas
Gracias Cesare por todo. Como ben dí opaco, sempre estará Archive.org para lembranzas
Graz(i)as.
Cando se cala máis do que se di é mellor non dicir nada.
Outro que non concorda,… máis que sempre atende.
Apertas!
E agora com quem vamos trollear?
Que a tua próxima reencarnação blogueira (tudo volve) seja menos troll do que esta
:/
:’( :*
Grazas Cesare. E sorte, agardando como xa dixeron varios atoparme con algunha futura reencarnación nestes sendeiros de bytes.
Adiós ferretes.
Snif, snif.
Ao mellor aínda lle pasa coa bitácula como a Alfredo Conde co galego e segue… Cos poucos contidos eróticos en galego que hai e vainos deixar orfos? Non, home, non, non sexa así. Continúe alomenos coa beira de Eros. Mais nunca á forza. A liberdade que aquí se respirou é o que máis lle admiro. Grazas, e ata logo, espero.
Supertriste.
Vaia, Cesare, votaráseche moito de menos, estarei esperando o regreso, as parénteses poden ser moi positivas
parabéns Cesare, que a navegación lle sexa propicia nesa nova xeira.
e moitas grazas
ai, o facebuck
e agora quen nos vai cabrear? e, sobre todo, poderá pasar sen cabrearnos?
supoño que agora volverá a estar de moda a provocación presencial. fágase performer, ou político
bico, pioneiro
E agora que me está a punto de chegar ‘terá as túas BALAS’,vastenos.
Ata logo e grazas pola viaxe.
moitos e bos ferretes, leituras e paxaros!
Espero que o adeus sexa un até xa.
Botarei de menos os seus ferretes. Saúde e futuro.
Mágoa o desvanecimento deste blog, aínda que só che lese de vez en cando. Fantaseaba con coñecerte (no sentido bíblico) algún día, o que non sería tan difícil pois tampouco estamos tan lonxe. Apertas,
Gracias polas lembranzas. Como decían os vellos: saude e Terra!
sr. cesare, veña vostede a despedirse hom… e de paso, díagonos onde podemos seguilo a partir de hoxe…
Sintoo ben. Era necesario?
Claro, claro, é moito máis cómodo twittear: Pío-pío. ò_ó
sniff,sentimolo moito. obrigadas
En fin, Cesare, temía este momento. Botareite de menos, sempre, e agora máis.
Todo o que nace morre, é normal. Pero todo este tempo foi fabuloso grazas a ti Cesare. Nunca camiñaras solo.
E si todos os que vos esperrechades agora en Lametatione Jeremiae tiverades lido e comentado o blog,isto non tería pasado.
Adiante Cesare,’ toda a terra e dos homes’.
Vemonos na Habana.
Adeus, Césare. Agardarei novas de reencarnacións vindeiras e tamén seguirei atento ao feed por se houber trasacordo.
A verdade é que había tempo que non entraba na súa casa e, agora que o fago, descubro que xa ninguén vive nela. Unha mágoa.
Que rabia, debería botarnos de menos, ademais un blog con dominio, que nin sequera hai a esperanza como cos de Blogger que duran eternamente, si, seino, nada dura eternamente pero podería enganarnos e manter sequera a esperanza do reencontro.
Espero que siga ben.
Saúdos.
No existía a resureción?
Achámoste de menos. Ea!
Por onde andas astuasbalas?, había moito tempo que non lía nada teu, pasei moito tempo antes de ter o meu blog,e tiña moita envexa eu quería facer algo, algo que me deixara satisfeita¡¡¡ Eu sí andaba perdida. O que lembro dos teus principioS e que sentía que te entendía, nas tuas relacións/fantasías sentimentais/sexuais
Because (lido en voz alta)
Silvita
Vaia, acabo de chegar ata aquí por vez primeira e descubro que xusto este blog rematou a súa andaina hai un mes…