Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas

Search Results

doppelgänger

Fago unha viaxe a glaspop e aproveito pra planificar dous ferretes: Uí, un malaio de orixe chinesa, vive nunha torre de pisos illada e moderna no oeste da cidade. Ao edificio éntrase cruzando un porteiro automático máis difícil de descifrar ca unha esfinxe e logo por un escandaloso ascensor que canta os pisos ao subir. [...]

decadencia

Hai dous anos comezaba a miña ilusionante relación cos árbitros de atletismo desta terra. Afeito ao trapalleirismo da ghalleira, naquela altura este eficiente grupo de velloucáns parecíame unha maquinaria perfecta. Pero foron mudando as cousas: o sábado estabamos na mesma fantástica pista de glaspop, si, pero eramos xa moi poucos árbitros, descoordinados e zoupóns.
As razóns [...]

trasgo

Anque di ter un nome irlandés e proceder dunha cidade dormitorio ás aforas de glaspop, eu creo que en realidade vive nunha cova. Ten as orellas puntiagudas, a pel branca e grimenta, uns fermosos ollos azuis e unha estatura tirando a retaca. Vénme visitar de noite pero pérdese no barrio, e cando o atopo está [...]

último día

Cando me veñen as visitas e preguntan qué tal glaspop, qué tal embiburgo, que se hai moito que ver, sempre lles respondo o mesmo: se mañá fose o teu último día da vida, deberías ir a embiburgo.
Esta mañá estou en glaspop, e brilla o sol contra os ollos apagados dos rapaces que arrastran os pés. [...]

asfalto

Qué teñen en común Ánder e el, pregúntome, mentres tento estreitar o medrado lombo de Kingston entre os meus brazos.
Ánder é un rapazolo noviño e euskaldun, que saíu dun casarío próximo a bilbo pra unhas prácticas nunha cooperativa financeira de glaspop. Como ten pouco diñeiro vén pasar o día a vila-marple, e fágolle de xantar, [...]

winnipeg

Pra completar a tarde de paseo etnográfico por glaspop, vou ao cine. Botan un documental do que non sentín falar, O meu Winnipeg, e métome levado da curiosidade. Aos dez minutos durmo pracidamente: o cansazo do longo paseo do día, as imaxes inconexas dun videoclip en branco e negro e a comodidade da cadeira fixeran [...]

mgmt

Como sempre, fun ver o grupo que non era. Grazas a Jackson coñecía algo a MGMT, pero dos postpunk Futureheads e dos Cansei de Ser Sexy, malia as recomendacións do vello Plattdorf, pouco máis sabía. Pero a maioría dos adolescentes e mozos brancos de clase media que estaban alí viñan por todo, menos polos MGMT, [...]

análises

Coa piroliña como unha pasa de figo logo das mil e unha tropelías da doutora, sen un litro de sangue, cun líquido inmunizador contra a hepatite e uns antibióticos de dous espectros diferentes de acción bacteriolóxica, vou ir a glaspop a un concerto. Teño unhas insistentes e continuas ganas de mexar, produto da cistite, e [...]

record

Erguinme ben cedo. Unha serie de malas decisións, de obras nas vías do tren e elementos variados obrigábanme a facer máis de corenta millas pra exercer de árbitro de atletismo. Saín pouco antes das oito e collín as ramplas que soben por Carron Bridge: a mañá estaba fresca, pero anunciábase o sol sobre as pradeiras. [...]

doira

Sempre crin que o que máis me gustaba da escrita de Uxía Casal era que non parecía galega, senón alieníxena. Algo do mesmo sinto cando leo fugazmente as páxinas d’A idade da auga, de James Salter, a primeira novela deste escocés de glaspop, editada directamente en galego e centrada, en boa parte, na Cidade. Relatos [...]