Search Results

bacachís

Algúns días case non me decato de que Barataria non está. Outros, en troques, a cama faise pesada, grande e fría, e cando chega a mañanciña non sei se prefiro deixarme estar dentro dela ou botarme fóra. Acordo contra as seis, e logo revírome e retórzome esperto entre as sabas, co frío nos pés e [...]

enfermidade, 3

Os luns, clase de golf. Os martes e os xoves, piscina. O mércores e o venres, esgrima. O sábado, descanso. O domingo, camiñar. Todos os días, catro necesarias millas en bici. O doutor Stuart dixo que os meus cadrís estaban perfectamente, que me dobraba ben, que seguise así. Esta mañá espertei as sete coa dor, [...]

enfermidade, 2

A espondilite anquilosante é unha enfermidade reumática e mormente herditaria que lle diagnosticaron a meu pai hai uns vinte anos e que, como todas as cousas de meu pai, quedaran semiocultas: nin eu nin Itopo sabiamos nada dela. Pero a visita de DjSu, espondilítico, fillo de espondilíticos, irmán de espondilíticos, faime atar cabos e buscar [...]

enfermidade

Moito me temo que vou ter que comezar a pronunciar esta palabra moi ben nos vindeiros 50 anos: espondilite.