Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » acción

campañas

Hai tres razóns polas que non vou colocar o baneriño ese de “blogues pola lingua“.

  • A primeira, porque entre as cen primeiras actuacións que cada un de nós podemos facer para mellorar a situación do galego nas novas tecnoloxías non está a de poñer báneres en nós mesmos para que os vexamos nós mesmos. Estou superencontra dos cartaces e dos autocolantes, aínda que sexa en versión web. Ou como dicían nos vellos tempos: menos palabras vas. E ese manifesto está inzado de circunloquios e de palabras vas.
  • A segunda, que o único que non son circunloquios é crispación: quen ataca o galego? Quen pon enriba da mesa confrontacións, quen prohibe buses, quen se contramanifesta e quen, en definitiva, lle dá xogo a quen non o ten.
  • A terceira, obviamente, é a icona.

educación física

Conta B. Houlihan no seu libro The Politics of Sport Development (cito e peto na mesa) que unha das medidas iniciais do primeiro goberno Blair foi reducir a obrigatoriedade da educación física nas escolas. A súa idea era dedicar esas horas á alfabetización, un problema serio no Reino Unido dos noventa. Ao cabo duns anos deu marcha atrás: a alfabetización non mellorara moito, pero as taxas de obesidade infantil lideraban Europa.
Non se me ocorre maior despropósito político cá decisión da consellaría de educación de reducir as horas de “ximnasia” no bacharelato. É máis: é o prototipo de extravagante e trasnoitada decisión que pode tomar esa clase media, mediocre, socialdemócrata, criada e cultivada no pasado. De todas as aulas que un pícaro ou unha moza teñen que sufrir, dende horas intempestivas, nos centros escolares galegos, as que marcan a diferenza son as de educación física. Entre a filosofía, as matemáticas, a literatura ou a historia, pouca diferenza hai: esa é a bagaxe que unha sociedade, probablemente do século pasado, lle quere transmitir á xeración seguinte. Pero é na educación física onde aprenden a valorar e medir o seu corpo, a facer exercicio, a traballar en equipo; onde aprenden valores como a superación e a cooperación, onde crean a súa autoestima, onde se educan na igualdade e na saúde e, last but no least, onde se duchan xuntos. Se hai dúas horas imprescindíbeis en todo o currículo escolar, son esas: o demais xa está na wikipedia.
A miña indignación medra cando observo dous datos preocupantes: a) á metade dos mozos non lles importa a redución, b) os únicos que protestan son os docentes da materia. Ata tal punto o sistema educativo galego está putrefacto.
E alguén dirá, con moita razón: que carallo che importa a ti o que pase nunha escola a 2.000 millas de distancia? Ai, importa, vaia se importa: os meus sobriños están de camiño.

Recollida de sinaturas.

organização

Edinburgh Cross ChampionshipA organización dos campionatos do mundo de cross é un completo e absoluto desastre. Vendo semellante caos parece difícil imaxinar que esta xente levantase un imperio, se ben resulta explicábel a rapidez e a crueza da súa perda, da que só eles non parecen ser conscientes. Obviarei os asuntiños da pluralidade lingüística do planeta ou da falta de respecto relixioso. Se me limito á organización, cando menos a do sector onde eu estou, é como se ao exército de napoleón o comandase Gila. A ineficacia duns métodos antigos baseados en notas manuscritas e en carteis pegados polas paredes amplíase co rigor elevado ao máximo expoñente. Así, non só facemos as cousas mal, senón que as seguiremos facendo mal plenamente conscientes e orgullosos da nosa carreira cara ao abismo. As probas verdadeiras, a apoteose da beleza en chándal, serán mañá. Non quero nin pensar en 2012.

cracias, 2

Un home, un voto:
PSOE 151, PP 138, IU 13, CiU 11, PNV 5, UPyD 5, ERC 4, BNG 3, CC 3, NaBai 1, C.Andalucista 1, EA 1, Ciudadanos 1, PACMA 1, Verdes 1, PAR 1, ChA 1, Nueva Canarias 1, Los Verdes 1, Aralar 1, Bloc 1, Unitat per les Illes 1, e 4 asentos baleiros.
Comparen cos resultados de hai 4 anos, se queren.

cavilación

Neste día extra de reflexión que me agasalla o sistema un par de semanas despois de emitir o meu voto, confirmo por que fixen ben non votando a quen non votei. Se consideramos que o de onte foi un acto de delincuencia común, e eu así o creo, por que diaño deter unha campaña electoral, un estado? Por que detela neste momento e non aí atrás cando catro homes asasinaron nun só día as súas catro mulleres? E se aínda cremos que este é un acto de carácter político, por que se toman medidas que impiden unha solución política? O goberno español non actuou nestas horas coa calma e coa eficacia que debía, levado pola crispación política e polos intereses duns e doutros crentes da relixión de que canto peor, mellor.
Non. Estamos en guerra pero hai que reflexionar, sen nervios.

man

Pase en profundidadeLevaba conto que catorce anos sen xogar ao fútbol. Cando hoxe me mentalizaba pró partido pensaba no fracaso da miña vida, que nunca xuntei amigos pra un equipo, e que nunca traballei nun sitio digno de participar nunha liga de empresas. Tiveron que vir os meus clientes a convidarme, a sacarme deste estado de abandono. Xogar ao fútbol neste país: o sol, a chuvia, o vento… e todo estaba no sitio, como cando o deixara catorce anos atrás. Alí estaba o gordiño aparcado na banda, alí o indie que xoga coas mans nos petos. Tamén o sabichón que se enlía en interminábeis caneos ata que perde o balón e que berra simple, easy cando el non o ten. E o cachondo espectacular máis preocupado da bromiña de tocarlles a pirola aos colegas ca do coiro. Estaba o dianteiro zoupón, e o home de equipo, e o que a pide sempre, e quen non a pide nunca, estaban os furadores e os carriláns, estaba o porteiro que ninguén quere ser porteiro, e tamén a bottle law, bring it if you shot. Como daquela.
Pero faltaba a man. Esa man que se bate cando un dá un bo pase, ou cando remata, ou cando erra e significa no worries, ou well done, ou let’s go. Esa man non estaba. E ao que remate este post xuntarémonos pra tomarlle unha pinta, a ver se atopo esa man que me falta.

aspas

Chegoume a carta pra votar e sáenme as dúbidas habituais. O do sobre branco téñoo claro: non quero por nada do mundo que haxa unha maioría absoluta, anque perda unha cea, e o chavaliño da estrela solitaria cáeme moi simpático. O programa, obviamente, non me satisface aló gran cousa, pero cando menos fálase con claridade de aborto e de eutanasia, fálase de homosexualidade e apóstase por un mundo plural que me satisface. Pero, e no sobre laranxa? Que cruces marco? Un gugleado mínimo ofrece desoladores resultados, pra quen os ofrece. E que tipo de aspirante a servidor público non fixo nada nesta vida que mereza aparecer en google?
Quédanme dúas aspas libres, e están en subhasta ata o luns. Busco algunha razón pra que non vaian en branco.

eu non podo

A pesar do que cantan estes señores, eu non podo. Non podo votar nas primarias estadounidenses, como tampouco poderei votar nas presidenciais de novembro. Nin sequera podo mercar niquis, chapas ou puchas de propaganda, porque só mandan os portes todo o máis lonxe a Porto Rico e a Samoa Americana. Pero si, claro, nós podemos.

enquisas

Bóla de cristalMentres os meus sentidos se ocupan de saber se neva e de beber zume de pomelo, e mentres teño os leucocitos a batallar contra as bacterias (e agora tamén contra os antibióticos), a cabeza hai bastante tempo que está ocupada nas eleccións de marzo en españa. É máis unha cuestión estatística e de friquismo ca de interese, porque fóra a influencia que o resultado poida ter no ánimo de miña nai, non sinto demasiada preocupación. Incluso, teño que recoñecelo, unha viraxe á dereita podería traerme algunhas consecuencias, malévolas, pero positivas.
Así que vivo enganchado ás enquisas igual ca vivo enganchado á Copa de África ou ás eleccións de novembro nos EUA. Unha das cousas máis sorprendentes das enquisas españolas é a súa absoluta coincidencia, que só pode significar que ou todos acertan, ou todos cometen o mesmo erro. Esta segunda opción é a máis divertida e historicamente a máis probable, así que boto a pacer as miñas hipóteses:
— as enquisas trabúcanse ao darlle tanto voto ao Partido Popular porque sobreestiman a súa fidelidade: é verdade que hai un núcleo de votantes PP que cada vez vota PP máis convencidamente, máis enerxicamente, máis visiblemente. Pero iso non quere dicir que haxa cada vez máis votantes do PP.
— hai tal abismo entre a porcentaxe dos que odian a zapatero e a dos que odian a rajoy, que só se poden explicar uns resultados parellos (como os que predicen as enquisas) se os votantes que odian a rajoy prefiren facer vudú en casa antes que ir votar, ou se os votantes que odian a rajoy son todos os sorianos fieis a Llamazares e semellantes.
— dáse por suposto que a abstención favorecerá o PP, como se en 2004 a participación elevadísima só beneficiase o PSOE. Ou sexa, como se en 2004 ninguén crese na hipótese de ETA e ninguén buscase un reforzo de orde e seguridade necesario en épocas de crise psicolóxica.
— os resultados de 2004 foron interpretados no seu día como de concentración extraordinaria de voto. Así o PSOE benficiouse dos electores de IU, BNG e demais que andaban dispersos por España (agás Cataluña). Porén, agora que non se dan situacións extraordinarias, esa concentración debería ser menos posible; porén as enquisas insisten tamén agora nela.
— pola contra, en Cataluña, onde a concentración se deu cara ao voto-protesta de ERC (e tamén CiU), as enquisas anuncian que esa conxunturalidade esvae, e que o beneficiario será o PSOE.
A miña aposta é que o PP vai afundir e que o PSOE vai gañar, con menos votos (por andalucía), pero con maioría absoluta. E nese escenario, o meu solitario papeliño de little-maceda irá contra esa absoluta.

vice

Obama + ClintonMaría dicíame onte: “quen me dera ser de missouri pra poder votar por el”. Eu, que comparto a súa impotencia, non o teño tan claro. Si, ela é mala, pero mil veces máis lista ca el, de xeito que seguramente será unha mellor presidenta. El pola contra é guapo e galvanizador, probablemente porque non ten moi claros os límites entre a relixión e o estado. De feito, os crentes votan por obama, os ateos fano por clinton.
Con todo, o que me leva rompendo a cabeza os últimos días é quen será o vice. Será Edwards? Ou recuperarán do xardín dos dinosaurios a Kerry ou Gore? ou están dispostos a facer equipo entre eles? A angustia sobre quen pode ser vicepresidente, que é de lonxe un papel máis duro có de presidente, non me marcha da cabeza. Porque despois de todo quizais o vice sexa Huckabee.