Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » babel

dedo

Cando xa tiña unha conspiración fantástica artellada pra explicar os rarunos resultados electorais de pequenas formacións políticas, cando xa imaxinaba a axentes electorais a soldo de rubalcaba vendendo sufraxios no mercado negro… plam! vén @mourullo e derruba esta conspiración e a das Torres Xémeas cunha mesma ligazón: a da orde das candidaturas, que é por lista de chegada á oficina.
Por que o MSR saca resultados extraordinarios en Benicássim, no Irixo ou en Ordes? Miramos a lista e… chindi! xusto despois do PSOE está a candidatura do MSR. Será posible que algún factor humano se trabucase e lle asignase os votos dun partido ao que ten na cela de abaixo?
Pero… e os resultados do Pacma en San Sadurniño? O Pacma vai xusto antes do Psoe! E os resultados de Falange Española en Verín?… O Bloque, xusto despois. E os resultados de IZAN-RG na Baña? O Bloque, xusto antes. Por que saca Extremadura Unida máis votos en Madrid ca en Estremadura e é o quinto máis votado en Ávila? Quizais porque está despois có PP? E por que saca o Prepal máis votos en Barcelona ca en toda a provincia de Salamanca? Talvez porque está antes ca IU?
Que tristeza: unha conspiración máis pró carallo! Ora que, de ser verdade que os dedos temblorosos dun axente electoral causaron semellante estropicio, alguén vai ter que contar outra vez todo. Calquera parecido entre os votos emitidos e os votos contados é, neste momento, pura coincidencia.

rarezas & paranoias

ballot-box-lAo parecer, a candidatura que o ministro-atleta converteu en voceira do independentismo violento vasco, anuncia varias denuncias de votos desaparecidos. Casa tan ben coa paranoia como coa persecución. Á luz diso, anque evidentemente non relacionado, hai quen repara nalgúns datos curiosos do reconto electoral. Eu furo algo na provincia ateniense e flipo:

  • O MSR, un partido ultradereitista afortunadamente moi minoritario, consegue 149 votos en toda a provincia. Ata aí, non é demasiado sorprendente. Hai un bo coeficiente de aleatoriedade no voto, e ata os andalucistas sacaron un pola Teixeira. O estraño é cando se miran os datos por concellos: o MSR obtén 3 votos en Ourense, 2 votos no Carballiño, un voto en trece concellos máis, 64 votos en Verín e 66 votos no Irixo. No Irixo consegue o 8% dos sufraxios, ademais, máis da metade do que sacan os socialistas e superando o Bloque. Mirado dende o outro lado, o MSR saca o 44% dos seus votos ourensáns no Irixo, o 42% en Verín, e o 14% restante, a repartir.
  • En menor proporción sucede algo así coa Falange Española en Lobios, onde obtén 43 sufraxios, o 40% dos votos na provincia. Poderiamos aducir que a Falange é un partido coñecido, e que as poucas veces que se presenta os seus simpatizantes aproveitan. Pois non. Nas anteriores europeas obtivo só 1 voto,  e nas de 1994 (no 99 non se presentou), ningún. Ningunha outra falanxe ou partido ultradereitista rañou nada nos últimos anos en Lobios.
  • Tamén pasa algo así co PACMA. É verdade que o PACMA tivo o voto moi repartido, e que en concellos grandes sacou aínda media ducia de votos. Pero no concello de Monterrei obtivo 48 sufraxios, o 22% do conseguido en toda a provincia.

Seique suceden cousas semellantes na Baña, en Ordes ou en San Sadurniño. Grallas de censo? Mans nas caixas? Erros informáticos? Azar? Debemos temer pola solta de visóns en Monterrei? Ou por un golpe de estado racista no Irixo?

cuba, 2

Ao chegar ao hotel logo do paseo da mañá, vexo que as persoas que fixeron a cama colocaron unha toalla enzorollada sobre ela, en forma de corazón. No medio das aurículas e os ventrículos, unha nota de papel escrita a boli que di así:

Dear guest:
Be welcome to our hotel. I hope you like the room and our service. If you need anything else, just call me. It would be a pleasure to work for you.
Your maids
Yuditt and [ilexible].

inmóbil

Grazas ao fantástico señor Johnson, que me cede un iPhone, e a oom, que me conta da tarifa de conectividade de Yoigo, onde me cobran por día usado e non por mes, decido dar un paso importante na miña vida e na forma de organizar as miñas comunicacións. Pero anque o fago rapidamente, non me dá tempo a recibir a traxeta sim de Yoigo na ghalleira, e pídolles que ma manden a esta illa. Iso é imposible, respóndenme por teléfono, pero non me aclaran por que. E como non lle poden mandar o orixinal a ninguén máis, dinme que a mellor solución é facer un duplicado dun orixinal que nunca se entregaría, e mandar o duplicado a barataria, e que el mo reenvíe. Tamén me ofrecen darme de baixa en yoigo (?). Como as dúas solucións son un tanto peregrinas, decido probar sorte co orixinal, a ver se barataria é capaz de convencer o funcionario de correos (”ás veces funciona”, dinme en yoigo). Pídolles unha explicación por mail e ao cabo de tres días respóndenme agradecendo a miña pregunta e lembrándome que de chamar de yoigo a yoigo é de balde (agás estabelecemento de chamada).
Agora xa sei que como teña que confiar no servizo de atención ao cliente de Yoigo vou de cranio. Só me queda avisar de que dende mañá ás 10am e ata cando o carteiro británico decida, estarei sen móbil hispánico.

appendix probi

Bicte de carne
(Área de servicio Abades, Pedro Abad, España meridional)

biblioteca nacional II

parque-temático-cervantes, 8:30am, frío e intenso ruído de coches.
axente: uy, está muy retirada. Será mejor que coja un bus.
Cesare: prefiero ir andando. Sólo me gustaría saber si hay acera para poder caminar.
axente: coja un bus, que si no, cuando llegue estará cerrada.

45 minutos andando despois, no campus.
varrendeira: uy, está muy retirada. Cruce ese campo y cuando llegue a la rotonda pregunte de nuevo.

25 minutos despois
estudante: uy, no, esto es la politécnica.
cesare: si ya sé, pero quería saber en dónde está la biblioteca nacional, por favor.
estudante: pero ¿qué es, una parte de la politécnica?
cesare: no, claro.
estudante: ah, pues ni idea.

45 minutos e un par de descampados despois
bibliotecaria: mira, la revista que buscas no está en esta sede. Está en Recoletos, en la central.
cesare: hace dos meses he ido a la central y me han dicho que estaba aquí.
bibliotecaria: ¡qué raro! A lo mejor la han traído y no nos han dicho nada… A mí no me consta en el ordenador…

20 minutos despois
bibliotecaria: te puedo confirmar que no está aquí, lo que aun no sabemos es dónde está. (…) No, la wifi la tenemos estropeada.

decadencia

Hai dous anos comezaba a miña ilusionante relación cos árbitros de atletismo desta terra. Afeito ao trapalleirismo da ghalleira, naquela altura este eficiente grupo de velloucáns parecíame unha maquinaria perfecta. Pero foron mudando as cousas: o sábado estabamos na mesma fantástica pista de glaspop, si, pero eramos xa moi poucos árbitros, descoordinados e zoupóns.
As razóns desta decadencia son moitas. A pelexa entre a avoa Pat e a avoa Francis, motivada por un “o meu neto é mellor có teu”, por exemplo, foi crucial. Tamén o foi seguramente a desaparición física dos máis vellos, puntual e constante, e mais algunhas decisións federativas de calendario e planificación.
Pero o peor sen dúbida é o cancro de ósos que afecta o vello John, dalgún xeito o líder de toda esta tropa. John é un home tirando a desagradable e túzaro, pero que foi capaz de manternos engraxados nos últimos anos a base de presenza, planificación e correos electrónicos. Traballador e ecuánime, ten unha sensatez e unha visión xeral infrecuente entre a xente da súa idade. Agora coa enfermidade, os correos rarean, os horarios planifícanse con poucos días, hai meses que non o vexo, a cohesión fende e cunde o abatemento.
Todos asistimos ao avanzar do cancro na cadeira de John sen facer realmente nada, como se a enfermidade tamén nos afectase ao resto como organización, como se ventásemos tamén a morte dos árbitros escoceses tal e como os coñecemos.

seguridade incremental

Por estes azares do destino, acabo caendo na comisaría de policía de Cornellá (nas aforas de Rastalona), pra renovar carné e pasaporte. Hai pouca xente, e agás as dúas ou tres cousas típicas (os cataláns sempre insisten en escribir Chesare, con ch, por exemplo), todo era bastante relaxado. Nun momento dado vaise a conexión (”levamos así toda a mañá”, di a que me atende, querendo en realidade dicir que levan así dende 1996), e cando regresa a tarxeta que lle permitía a un dos funcionarios acceder á base de datos dos corenta e pico millóns de cidadáns, estaba estragada. A xefa dálle unha nova, o paisano métea, e comeza a traballar. A xefa marcha, e xa dende a porta da comisaría, e cun berro potente escoitado polos trinta ou corenta arxentinos, galegos, andaluces, bolivianos e marroquís que estabamos alí di: y cuando te pida el pin, le pones 1, 2, 3, 4.

actualización

Vou á Biblioteca Nacional (de españa) pra facer unha pescuda bibliográfica. Aquela xoia recuperada por Brétemas picoume na gana de coñecer e quería consultar a colección enteira de Pepe el Hincha, saber qué outro tipo de tópicos nacionais empregaba ou como de insistente era na galeguidade da chacha. Era a única mañá que tería dispoñíbel en moitos meses, así que me erguín cedo en Parque Temático Cervantes e baixei cara a Ciudad-Ajo: amencía sobre as cabezas dos emigrantes que me acompañaban no tren e sobre as naves dos transportistas. Antes da hora estaba xa na porta do amplísimo edificio, coa miña maleta lista pra facer a viaxe de volta a chucheland unhas horas máis tarde. Pasei un, dous, tres, catro controis de seguridade onde só me faltou espirme e por fin cheguei a cubrir a miña fichiña rosa pra consultar o Tío Vivo de entre 1961 e 1964. Cando lle entrego a solicitude á bibliotecaria, esta respóndeme que non pode ser, que a revista non está alí senón, diaños, na sede da biblioteca en Parque Temático Cervantes. Eu dígolle que ten que haber un erro, porque no catálogo informatizado que pode consultar o público se di claramente que se conserva alí, no edificio principal, e non no outro. Ela mira pró aire e, sen pedirme desculpas, sentencia: ej que s’han olvidao de actualizarlo.
Uns minutos despois estou na porta da biblioteca nacional, enriba da grande escalinata, entre as xigantescas estatuas de nebrija e afonso x. Ao meu carón teño unha maleta azul, coas rodas medio avariadas. Diante unha frenética cidade capital e unha mañá baleira.

eurocopa

A tarde discorre tranquila mentres escribo os posts pendentes neste barrio das aforas de parque-temático-cervantes. Barataria estuda pra un exame mañá, e se se pon atención por debaixo do marmurio da cidade escóitanse cláxons e conversas de patio de luces. De súpeto abre a terra nun estrondo. Un gran berro de emoción e felicidade percorre o barrio: Romanía acaba de marcarlle un gol a Italia.