Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » bip

móbil
Hai por aí algúns blos cunha sección especial dedicada a poñer a feder o sistema burocrático británico. En realidade estas xentes son bastante prácticas, pero entre que viven na sociedade da advertencia e que seguen facendo as cousas como agora e como nos últimos corenta anos (todo ao mesmo tempo, nun exercicio de ucronía brutal), poden resultar unha auténtica tortura prá pacencia.
Onte, despois de dous meses, despois de tres solicitudes, de varias discusións sobre plans e bonos, de presentar documentos acreditativos da miña persoa, da miña residencia, da miña conta corrente; despois de pedir un documento no banco especificamente dirixido a unha empresa de móbiles; despois de que mo rexeitasen porque era un documento given e non sent; e despois sobre todo de deixar unhas 200 pounds en depósito por carecer de historial crediticio británico, teño o meu primeiro móbil uk.
Agora só necesito amigos pra chamar. E ferretes que meter.

wildlife, 3
Pétame o noruegués na porta con toda a forza de thor: ves dar unha volta na bici? Levaba xa vinte millas de bici nas últimas 15 horas, e parecíame excesivo, pero qué inferno, veña, será ó un momentiño.
O despropósito comezou cando decidimos subir ao sheriffmuir, uns montes que están aquí ao lado, sobre aldea-marple, e que foron escenario hai moitos séculos dunha estupenda batalla. As paisaxes son extraordinarias, especialmente cando deixas atrás os 4×4 e as velliñas paseando. Tiñamos un lunch pesado choutándonos no bandullo, e iso lastrounos nas subidas; así que tivemos que deternos varias veces pra ver o arrastrado sol, pra imaxinar se aquilo do fondo era neve ou toxos vellos, pra recender as follas secas dos fentos, pra achegarnos ás ovellas, pra sentir o frío e a humidade e o sós que quedan os prados na montaña cando ninguén os ve.
Pero tamén podemos pillar desprevida a unha faisá, e escoitar esa especie de turbina plumosa que despega acelerada. Non hai nada máis extraordinario có son das aves a voar.

choiva
Cando viña vir pra acó todo o mundo me preguntaba pola choiva. Eu facíalles broma dicindo que non, que aquí nevaba, pero malia estar á mesma altura ca estocolmo a neve só apareceu nalgúns outeiros das aforas: vai chegar, pero aínda non.
Así que chove. Chove todos os días, pouco ou moito, todos os días chove. Pódense ver as pozas mudando de sitio coas horas, reptando polas estradiñas e as corredoiras á procura quizais dunha beirarrúa protectora, dun montiño de follas ou simplemente por variar. Tamén é interesante o combate da herba contra a lama, e o exhibicionismo simpático das pingas diante dos faros dos coches. Toda a vida é choiva.
Pero nun repente, tamén todos os días abre o sol, e brilla dende a súa posición, só un par de polegadas por riba do horizonte, sobre un ceo amplamente azul, sobre as follas, a herba, a lama, os coches e as pozas, traendo por un momento o paraíso á terra. Ata que volve chover.

ídolos
Moitas veces cavilo en que é o que me gusta do deporte: quizais porque é a principal causa de pel de pita, máis cá fodincha ou a literatura. Infindas veces conseguiu iso Ian Thorpe (thorpe como aqueloutro jim thorpe, deportista ilustre e inxustamente agredido pola historia). Os seus magníficos pés como aletas, ese portentoso nariz e, sobre todo, compartir con el as centésimas de segundo en que vira a cabeza na meta e busca, entre as pingas, as cifras amarelas do crono: si, felizmente, ninguén foi nunca tan rápido.
Tamén, claro, as despedidas. Pesáronlle máis nos ombros os aeroportos cás piscinas. Gáñano os habitantes de sydney prós seus semáforos, prós starbucks, prós domingos no parque. E perdémolo nós, sentindo, iso si, unha vez máis a pel de pita.
E a un ídolo megacachondo que marcha, un ídolo megacachondo que xorde: shunsuke nakamura. Andareiche no rastro.

xuntos
A mañá foi unha auténtica tolemia. De súpeto espertamos, era domingo e os transportes públicos desapareceran. E con eles as catro horas de marxe que nos cumprían pra chegar a esa parada de metro con pista de aterraxe que é o aeroporto de prestwick. Primeiro marcha Barataria coa bici a vila-marple, a correr. Perde o bus, pero pra daquela xa cheguei eu andando, tomamos un pouco de café con panceta fritida e apañamos o castromil das mil paradas: larbert, bonnybridge, cumbernauld, chryston, easterhouse, shettleston… Con tanta vella subindo e baixando co pastel de carne no regazo perdemos o tren ao aeroporto, así que correndo regresamos á estación de buses e por cinco minutos din facturado a Barataria pra prestwick.
E eu regreso só, famento, no castromil das mil paradas, lendo un libro que me deixou el bicándonos sobre a plataforma: Reencontro, de Fred Uhlman (unha preciosa historia de amizade entre dous chavalotes, un xudeu e un conde ario, na alemaña de preguerra). E cavilando en que imos vivir xuntos en xaneiro.

ughs, 2
Mañá virá Barataria aquí, coma un alustro. Erguereime cedo, mercarei algo pra facerlle no almorzo do domingo e irei a algún dos aeroportos de glasgow, a agardar por el.
Na folla de ruta está falar de que se veña vivir aquí, comigo, coa mesma council tax, o mesmo xardín, a mesma pa de sacar a neve de diante da porta.
Tremo.

avelino
Mándame Iop unha brevísima mensaxe: morreulle o avó.
Do barça, anticlerical e socialista, seguramente era a persoa máis teimuda do universo, ou inda máis. E tamén, por iso mesmo, exercía a tenrura máxima cando protestaba polo corte dos tomates, as bombillas de baixo consumo ou o verniz do piso. Ou cando marchaba deitarse no colchón de millo, no vrao, ou nos falaba das mulleres de barcelona de antes da guerra, ou das ovellas, que son moi espantadizas.
E hoxe, hoxe si, sinto as millas de distancia.

ughs
Creo que estou chegando a un duro momento na miña vida: é a primeira vez que pinzo un tubo acó.

Aquí as letras, en neerlandés. O cantante é Terrence Van Cleave.

centro
Tomo pra cear un pouco de año con caril e un viño sudafricano. Onte, nun posto na rúa en glasgow, apaño unha hamburguesa de canguro por un par de libras. Hoxe asisto a unha conferencia de mcguire sobre as eleccións midterm estadounidenses e a política exterior do uk. E o xoves, outra conferencia parecida de clare short.
Isto si que é o centro do mundo. E séntese.

voltar
Vou no tren, posteando no baleiro. Hoxe madruguei con Ian e familia ás afóras de humidtown, logo aterrei en liverpool, despois botei dúas horas na estación de tren de wigan falando coas señoras e agora finalmente miro pola xanela: a gran velocidade corren os campos, e as chemineas, e o sol, camiño da noite do norte.
Moitos pensamentos cruzaron a cabeza nestes días que pasei entre humidtown e atenas. Esa visita á fundación otero pedrayo (pra tomar notas e flipar co mapa de fontán). Esa infrutuosa procura das pozas de melón que rematou en ferrete con barataria no coche emprestado de senalcume (perdón). Ese hotel en cesantes e paseo de mañá pola praia, mirando a san simón.
Moitos pensamentos. Aquí, alá. Peixe, libras. Familia. Amizade. Conexión. Vivir xuntos.
Moitos pensamentos. E agora aquí, en glasgow, concentrándome en volver. En voltar.