Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » bip

wildlife, 2
É normal.
Son tantos os malditos nenos loiros e tantas e tan intimidatorias as iardas de bosque ao redor, que dan ganas de matalos e enterralos entre as follas do outono só por saír na portada do daily mirror.

linguas
Comprobación 1: o meu nivel de inglés é moi lamentable. Busco acomodo no terreo neutral consolándome con que o meu francés é mellor có deles, pero é un xesto bastante inútil. Todo isto agrávase co falar dos escoceses, semellante aos diaños borrachos.
Ademais, no corredor da miña oficina estou arrodeado de despachos con lingua oficial francés, e pregúntome adoito se algunha vez poderei facer igualmente de cuscubilleira con falantes de inglés. Pra máis foda, un chinés que me discutía que mandarín e cantonés eran o mesmo idioma con distintos acentos (numa numa iei), e un noruegués longueirolo como un día sen pan, preguntáronme se pretendía traballar co meu inglés. Encaixei como puiden. Quizá entendinlles mal.

despedida 4: barataria
El dime que ten medo, que teme que a miña marcha nos afaste. E anque a distancia segue sendo a mesma, a dun salto de avión, o temor segue aí, e combatémolo falando de irmos vivir xuntos aló. El vai furando por traballo, e incluso sorpréndoo en conversas cos amigos buscando alugadores pró seu piso.
Imos ao teatro (que mellor non fóramos) en parque-temático-cervantes, ceamos nun mexicano e finalmente decidimos tomarlle un par de cervexas, máis de tránsito ca de despedida. Alí atopamos a john e octavio, dous estudantes californianos (berkeley e santabárbara, respectivamente) de 20 que andan por aquí facendo as europas. Levámolos prá casa e metemos un divertido ferrete a catro ou, como dicían eles, un chistoso chou. Mentres eles nola zugaban respectivamente, mirabámonos e sorriamos: non sei canto durará, pero este amor é fantástico.
En recompensa, a british decidiu darnos un día máis: por demoras, sairei mañá á mañá cara a glasgow. O seguinte post será británico.

irmandiños
A unha media de 400 quilómetros diarios, cos libros nunha casa, a roupa noutra e a muda nun coche, resisto e xestiono os últimos días que me quedan por aquí.
Vexo chover, pero sobre todo poalla, e tractores, e camións de leite. Tamén vexo buses de lázara, vellas e casas de putas. Iso todo vai quedar atrás, creo que con mágoa.
Pero outras cousas (inútiles, conservadoras, retrógradas) estou moi contento de deixalas de ver, pra sempre.

fantasía 2
Nunca militei nun partido político.
Estes días andeille dando voltas a afiliarme cos da estrela solitaria, porque por unha vez creo que hai aí xente e ideas renovadoras que me seducen e estimulan. O que non sei é se a militancia nestes será compatíbel coa militancia nos LibDem. Terán eles consellos comarcais? Valorarán a pegada de carteis como mérito fundamental? Heino comprobar.

amizade
Como fun na vida anterior o neno do holocausto e desenvolvín un karma de máxima fortuna, tócame marchar pra escocia e esas cousas.
Pero todo o que me levan dito, feito e axudado os amigos nestes días, todo o que me sentín querido en todos os ámbitos e aspectos, debe ser porque conseguín enganalos ben. Por riba do nerviosismo e do medo, por riba do cansazo, náceme un amor pola xente que me arde. Todos os meus segundos son felicidade grazas a eles.

saída
Hai sete anos entraba nunha casa en fabric-city e chovía. Agora, baixo a mesma choiva, recollo os trebellos na oficina de humidtown e despídome dun grupo de valentes sen os que non sería capaz de entender a vida. Con eles compartín sete anos de segredos, cariños e pizzas, e agora dígolles abur e grazas polo peixe deixándolles un botonciño de vida e termando das bágoas.
Pero non me importa. Os que amo seguen no mésenller e na vida, que é o mesmo. E aos que me gustaría retorcerlles o pescozo xa foron borrados de aí e axiña o serán tamén da memoria.

Mentres, uns 600 kms ao sueste, morríame a avoa de Barataria con 97 anos. Consumida ao máximo, esta filla de revisores de renfe, gran lectora e resistente nunha aldea da fin da estrada, foi pasando de muller a pasa e de pasa a suspiro nas últimas semanas. Pero non me dá a enerxía pra despedila. Xa nos veremos do outro lado.

escocia
Nos primeiros compases a selección escocesa de rugbi encaixou un par de tantos. Pero aínda queda unha semana de partido.

sol de vrau
E así, entre movementos de creación e de destrución, van pasando as horas coa incerteza de se serán as últimas ou se todo se trata unicamente dunha defragmentación de disco duro. Pasan cousas voando, tamén, levadas pola corrente da brisa de setembro como se fosen bolsas de patatillas. Saco a man e pillo no aire un paseo ao último sol de setembro coa Tenente Risitas, e logo á mesma lúa morna con senalcume, instalados todos na mesma dúbida. Un banzo máis baixo, coma un bulbo dispoñendo as flores na superficie, está Ian: el é a tartaruga á que soben os catro elefantes que sosteñen o mundo. Tamén pasa voando nunha bolsa de gusanitos Barataria, co que fodo día e noite coa mesma intensidade que hai un ano e medio, cando empezou todo isto. Xuntos imos ver Crazy, un filme fermosísimo que se destraga cando queren encaixar todas as pezas nunha delirante saída do armario camiño de damasco. Xuntos tamén lemos o sinxelo Con Tango fan tres, un contiño sobre pingüíns homosexuais que montan familia. Nunha bolsa rota de cortezas pasa unha canción de julieta venegas, e nunha de chetos as noites de televisión en casa dos johnson.
Pero sobre todas estas bolsas, e tamén sobre un turbillón de problemas familiares, económicos e técnicos brilla suavemente o sol, estas últimas horiñas de sol de vrau, estas últimas raiolas de prudencia antes de que mañá Gordon traia a apocalipse: e de aí ao 27 todo vai ser un alabaradiós.

ausencia
Por que non blogueo estes días? Teño demasiado traballo con toda a recollida e o comezo da nova vida? Ou é que non quero deixarlle nin un centímetro de corda ao trasgo do pensamento?