Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » état des lieux

herpes

Despois deses días estresantes á miña mai saíulle un herpes zóster. Non parece serio nin demasiado latoso polo que me conta nos correos.
Pero á súa nai saíulle un herpes zóster e partir de aí comezou a costa abaixo da insuficiencia renal e os cancros, cunha idade semellante á dela. Supoño que estará asustada. E eu lonxe.

contrato

Por diversas circunstancias aínda non teño contrato. E quizais inda tarde tres semanas máis en telo. Iso significa que tampouco teño conta bancaria, nin móbil británico, nin letreiro na porta, e que tampouco teño asistencia sanitaria nin carné da biblioteca nin podo apuntarme ás clases de esgrima, como era a miña vontade (e a pesar dun pequeno francés que xa me mediu os ombros pra escollerme o traxe).
Afortunadamente, os supermercados desta illa-putrefacta teñen surtido abondo de menciñas como pra practicar relaxadamente a automedicación contra unha forte alerxia: gorxa, febre, moqueira… é a aclimatación? ou a moqueta?

fantasía

Xa que en escocia vou ter contrato, conforme me acaban de anunciar hai uns minutos, quizais en breve poida entrar e saír do meu país cun pasaporte grande e vermello, cheo de bicharracada: cabalos e leóns fundamentalmente.

psicofonía

EspionaxeCando estaba en olimpia recibín unha chamada descoñecida. Era dun rapaz de nome tropical, que aseguraba que eu lle molaba moito e que me quería coñecer. Entre o custo da chamada e a incomodidade respondinlle que prá quincena.
Tranquilo estaba vendo, xa en humidtown, un partido de tenis de mesa cando recibín unha nova chamada. Polo ruído que se escoitaba no fondo semellaba proceder dunha cabina. Era el, insistindo nas virtudes do meu físico e do meu psíquico, e pedíndome de quedarmos pra un café. Fiquei un pouco chocado, pero accedín, e preguntoume se levaría condóns (!?).
Cruzamos unhas cantas mensaxes máis ao longo destes días, pero sempre con diversas dificultades pra verse: ou traballaba nunha discoteca, ou tiña desfiles (!) ou debía marchar pra portugal. Eu, que xa non tiña interese, fun perdendo a curiosidade.
Hoxe, logo de cear con Fufli e co novo mozo, cargo o correo. Sorprendentemente un suposto terceiro, que di actuar de boa fe, envíame a gravación da conversa telefónica dos condóns (que non reproduzo aquí polas referenzas persoais). Pídolle explicacións, dime que mas vai dar, pero as súas promesas naufragan no silenzo do xestor de correo.
Con estas cousas, un case entende outras.

traballo


Anque permanece o meu desexo xeral de liscar do país e do traballo, ás veces ocórrenme cousas interesantes grazas a currar onde curro. Por exemplo, rapar en pleno centro de humidtown medio ferrado de mala herba, hedra, cardos, morotes e liñeiras.
Entre iso e a medición dunha cincuentena de lanzamentos de pica o venres, teño o lombo coma un biombo.

fe

Anque as temperaturas, os ventos e a choiva o neguen, eu sei que o vrau está aí. Podo percibilo cando saio ao patio do edificio e o aire vén de peixe e pementos fritidos.

parte médico, 5

A cándida foi acurralada con cremas e practicamente aniquilada. Pero as febres terciás golpéanme como se fose malaria. Á mañá estou ben, pero á tarde éntrame a canseira e a temperatura, déitome, súo, saco os puntos soltos no cuspe e súpetamente melloro. Gustaríame deixar de tomar analxésicos, pero aínda doe, así que os espazo ata que non dou máis.
Quen máis se resente é o carácter.

allen

Dicía woody allen que se debe distinguir entre o hipocondríaco e o alarmista, pois el non imaxinaba que estaba enfermo, pero se lle partían o fuciño ou algo así, xa logo pensaba que era cancro.
Acosado a destra e sinistra pola enfermidade e pola morte, cavilo na estrañeza dos desarranxos gástricos das últimas semanas: estrés, úlcera, gastrite vírica? cancro?

semana santa

A semana está resultando inda máis complicada do que prevía: negocios, frontes, tensión física, e agora, ademais, unha baixa de Barataria, que esguinzou un pé cando perseguía un atracador. Unha auténtica semana de paixón.

multa

200 eurazos por pasar en outubro 30 km/h por riba do límite de velocidade. Págoos rapidamente e quedan reducidos a 140. Obxectivo de febreiro: explorar estratexias para a recuperación económica.