Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » fins

mencer

A organización dispuxo que era boa idea erguernos ás cinco pra ir ver o mencer dende o curuto do monte Ghronos, o deus do tempo que vixía a antiga vila sagrada de olimpia.
Aínda non espertaran as aciñeiras bicudas, nin os piñeiros, nin se levantara a poeira que ergue o día. Estabamos en marcha, en recua, pola estrada. Axiña se nos engadiu un cadelo canela, correndo adiante e atrás pola beira, entre as pernas nosas, sacando o fuciño polas adelfas. Logo do primeiro quilómetro viramos á dereita, apartándonos da estrada pra iniciar as primeiras ramplas.
Coa vista posta no camiño costento, e á espera da alba, sentimos un blast ás costas, e logo un ai, ai, ai… ai, ai… ai. E finalmente un ai.
A alba é sempre a hora máis tráxica.

violonchelo

Vou con Barataria visitar algunha das aldeas negras do norte de Guadalajara. Aquí só teñen pan fresco aos sábados. Acolá vive unicamente o todoterreo do segurata contratado polo concello pra evitar os expolios das semanas baleiras.
Contra o despoboamento destas casas de lousa traballan algúns homes. Jesús, que é amigo de Barataria, convídanos á súa pequena casa encalada, sérvenos uns chourizos e unha tortilla pra cear e fálanos do curso que impartiu sobre iniciativas turísticas de desenvolvemento rural. Amigo del, o mesoneiro de Valverde aproveita as horas que lle quedan libres entre cliente e cliente pra ensaiar co violonchelo.
Non me queda claro se atacan ou defenden.

ascetismo / maldizón

Un slip de springfield. A bolsa de viaxe que merquei o mes pasado. Un libro sobre weblogs. Vinte CDs orixinais, dende os diplomáticos a Youssou N’Dour. Un álbum de Neil Gaiman, acabadiño de comprar para que non mo tivese que emprestar mariademallou. Un cargador de móbiles nokia. A colección de xabróns apañados no último ano de hoteis. Un pantalón da tempada 02-03 que xa me apertaba no van. As chaves (casa, traballo, cadeado da bici). O chaveiro, agasallado por Fufli e que xa antes fora vello chaveiro nun hotel do Cairo. Outros cinco libros. O sistema de peche do coche. E máis cousas miñas, e inda moitas máis de plattdorf, foi o que levaron os ladróns de dentro dunha fermosa peugeot azul aparcada na rúa Mártires da Liberdade do Porto, a sesenta metros dunha comisaría.
- - - - - - -
A metade dos quince ou vinte tólares que nos quedaran nos petos ao saír de eslovenia deixáraos no coche, e foron roubados hai unhas semanas polos ladróns en humidtown logo de fenderlle un vidro de atrás a Lola. A outra metade das moedas gardáralla a plattdorf, e non lla entregara ata o venres: el metera o botiño das moedas na mochila e a mochila no maleteiro do coche.
As dúas metades dos tólares están agora por fin reunidas no alén da delincuencia.

he dicho que no

Este post poderia titularse devinhacion II. No ordena de maria, en tolosa, baixamos o vídeo do esvaecemento do noso presidente. Tenho a carne de pita, e berlin tamén comenta algo somellante.
A mil quilometros, o païs tamén se esvae, ainda que alguns teimen en que non.

perdices

PerdizXa van dúas veces que lle escoito a miña nai que unha das cousas que máis lamenta é non pedirlle a receita das perdices á miña avoa, antes de que morrese.

Os pais de Peke e de Caimán están pachuchos, moito. Preguntádelle pola receita das perdices, anque sexa un exercicio imposíbel.

Quedo con Caimán, que me fala da súa nova cidade. Na tele ás súas costas botan un especial de Esteva e Tanza sobre as perdices.

enterro

Parroquia de Oleiros, concello de Carballedo (sur de Chantada). Enterramos o avó de Iop, anque realmente quen o enterra é unha butcher de vinte anos, que levanta os pesos de mármore como plumas. Quizais sexa a única chavala de menos de corenta en 20 kms ao redor, e para buscar a seguinte lesbiana haberá sen dúbida que cambiar de provincia. Os convidados ao enterro chegan tarde. Vimos da matanza, din. Traen o unto nos dedos.

Volvemos cruzando as catro provincias, nunha tarde de choiva e brétema. A partir de hoxe os días comezan a medrar. Estou desexando velo.

morto

MádelmanHoxe vin o primeiro morto da miña vida. O avó de Iopanda. O home, que é dos Peares, estaba no túmulo 2 da sala de velorios do hospital provincial de Ourense. Deixaron a caixa sen tapar.
Fálame Iopanda dun chaveiro: co escudo do Atlético de Madrid, pon ‘peña atlética orensana Os Colchoneros’. Investigo. A única peña atlética ourensá recoñecida chámase orixinalmente As Burgas. Se gugleas Os Colchoneros só aparecen noticias de xornais portugueses. Seguirei buscando.
Debería alguén facer un blo só de ourensanadas como esta.
Leo o xornal nun bar, aproveitando que é sábado, tomando un café. Na súa columna formidábel, Verdú define o que el denomina amor líquido, un amor indefinido, angustiado polo medo a quedar preso e polo medo á soidade. Concordo plenamente, pero como para pedantada xa chegou a de onte, calo, como faría Carmiña Vacaloura. Se El País non fose de pago, metería ligazón.
Tamén leo a Juan Carlos Capel, na súa crítica gastronómica. As semanas non son as mesmas sen el. Hai un juancarlos capel que colecciona mádelmans en bcn. Será o mesmo? E miro unha reportaxe sobre madagascar, e sitúoo ao pé do irán nas miñas preferencias vacanceiras do 2004.
Non fun ao encontro neo, estaba destrozado. Hoxe comeza a gripe. Por iso non hai chispa.