Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » GPS

pinchacarneiro

Ao remate dos meus primeiros tres anos neste país, o gps entra en estado de excitación, intrigado por cal será a nova tirada. Polo de agora, regresar á vida de estudante. Durante o vindeiro ano tentarei formarme en marketing deportivo. Neste país, nesta illa, á que dalgunha maneira xa pertenzo e ela me pertence a min. E cada vez máis.

suicidio, 2

O outro tema que me remoe é o do esvaecemento virtual. Ata o de agora eu, Cesare, fun un ser máis ou menos complexo e, en moitos aspectos, completamente distinto dun curmán seu que ás veces andaba por aí. Cesare e o seu curmán nunca actuaron con demasiado secretismo —nin lles preocupou— respecto da súa relación, sempre que google non os vinculase. Algunha vez Cesare —outras o seu curmán— mandou correos pedindo que deixasen de relacionalos publicamente, algo que a min —ou ao meu curmán— me resultaba moi incómodo pois sabía que estaba violentando un dos principios de internet: todo o poder nas mans dos outros.
Hai uns días tres persoas completamente descoñecidas pró meu curmán achegáronse a el e dixéronlle: “ti es Cesare, non es?”. Non vou dicir se con posterioridade, por un cualificativo mal posto, por un ferrete mal botado, esas tres persoas lle partiron os fuciños ou non: iso é a vidiña do meu curmán.
Pero non é xusto que o meu curmán leve por min culpas que non ten. Ou ten? E ese é o segundo tema do suicidio: facer equipo cando todas as redes tenden a converxer, ou actuar por libre e tratar de gañarlle tempo a google? E pídese consello. Confirmación ou rexeite.

maxia

Dunha maneira un tanto triste e abrupta, coa morte da neta da miña mellor alumna, poño hoxe fin a tres aniños de traballo. Aínda me quedan moitas cousas por facer de tipo administrativo e avaliativo de aquí a setembro, pero ese vello oficio de aprender e ser aprendido remata —rematou xa— hoxe. Non creo que volva a el.
Quizais por iso aproveito pra ler as Leccións desaprendidas de Philip Jackson, semirrecomendado por Walter. Jackson, fóra de análises máis fondas sobre métodos pedagóxicos, funde escola con memoria e pregúntase por que volvemos visitar as nosas escolas co pasar dos anos, qué buscamos nelas, ou por que nos gustou aquel profesor que agora, tanto tempo despois, lembramos. Jackson cre que é cousa de maxia, de algo indicible e indefinible que está aí e que tamén se manifesta na súa experiencia persoal como mestre: grazas a “ese toque máxico” el é, moitos anos de docencia despois, moito mellor persoa.
Tamén eu o son. Mellor persoa, si, pero tamén testemuña dunha maxia que crearon pra min medio cento de meigos e meigas e que volverá á miña memoria, ben o sei, durante todos os anos que me queden, nunha nova vida.

neve

Días despois de que o aeroporto de Barajas quedase bloqueado pola incompetencia e a falta de previsión, varios aeroportos da Cidade dos Nenos Perdidos quedaron bloqueados pola incompetencia e o exceso de previsión británicos. Aquí no norte pasou o día a nevar. Houbo momentos en que caeu forte e noutros a cousa ía máis lixeira e saían os pícaros ao xardín a facer bonecos, anque só por uns instantes antes de recollerse porque volvía nevar, ou porque abría o sol, subían as temperaturas un par de graos e descallaba.
Botei o tempo todo a mirar pola fiestra, vendo como o ceo pasaba de branco a azul, e logo a gris e outra vez a branco, e a gris, e a azul. E cada vez máis escuro, ou máis claro, e logo negro. Gastei as horas brincando coa luz e pensando nesoutras catro xornadas que botei traballando na ghalleira, no seu aire mesto, húmido e triste e inmobilmente gris.

preguiza

Nuns minutos apaño un tren. Logo un bus. Logo un avión. Logo véñenme buscar en coche. Logo un tren. Logo outro tren. E dentro de 24 horas estarei chegando a humidtown pra catro días de traballo intenso. Logo, volver.

funeral

Nada souben no seu día. Cando nos chamaron pra gardar o minuto de silenzo comprendín rapidamente o que ocorrrera, que o vello john era o meu primeiro morto coñecido en escocia. Que dunha forma vaga, e tres semanas despois, tiña por fin alguén soterrado nalgures nesta terra.

ryan

Non me refiro ao señor ryan que montou a compañía aérea, senón ao soldado, aquel que caeu ao outro lado das liñas inimigas e había que ir rescatar. A estadía en Rastalona permíteme acudir a un acto da comunidade galega na cidade. Naquela sala había unha ducia de soldados ryan, completamente illados. Visitan a ghalleira todos os vraos, incluso en ocasións con máis frecuencia. Mercan libros en galego, xúntanse con outros soldados ryan, falan con eles, comen polbo á feira e permanecen no que aparentemente é o maior dos contactos posíbeis. Pero inexplicabelmente cando van á ghalleira tamén viaxan no tempo ao ano 1965, ao 69, ao 74. E o diálogo con eles é tamén unha conversa con alguén conxelado dende hai trinta ou corenta anos.
E o peor é que os marines ghalleiros non teñen pensado rescatar o soldado ryan. Quedarán xa, pra sempre, perdidos ao outro lado da liña inimiga.

farinxite

A mensaxe é inequívoca: o nariz atoa, a gorxa estala e incha, os ósos doen a moído e sobe a febre. O corpo telegrafía: hai que liscar canto antes deste país ruidoso e cheo de fume. E despois dunha fin de semana na cama, volto, coa proa dirixida á tranquilidade do fogar.

informe

Inútil lembrar quilómetros, traballos e ferretes. Inútil incluso poñerlles nome ás distintas camas en que durmín. Este mesiño tivo tantos momentos de angustia e de enfado como de leda complicidade. Agora xa son memoria da que non é necesario gardar lembranza.

links

Veño nun bus dende a Centenaria ata humidtown, por unha estreita estrada revirada. Diante miña van dúas nixerianas xogando co móbil. Tamén van un mariñeiro que ten que chegar en bus a oslo pra facer a campaña do bacallau (non hai avións ata aló, explica), e tres rapaces ghevirulos que soben cunha batería en pezas en boiro e baixan en taragoña. O resto divídese entre vellos e supervellos.
Son dúas horas de viaxe: nelas cavilo nos últimos días, nas últimas noites, en todos eses amigos que están aquí e acolá espallados na ghalleira e en que é exactamente o que me une a este horizonte confuso de postes e uralitas e fentos vizosos a piques de arder na Gran Labarada.