Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » GPS

azar

Do noso destino só nós somos responsábeis, pero ás veces o azar configúrase de tal xeito que o aleteo dunha bolboreta en malaísia pode mudarnos o traballo, o país de residencia e ata a parella. Nos últimos tempos unha e outra vez teño asistido a diversos aleteos deses. Así, por exemplo, como consecuencia dunha inocente voda dun medio parente na illa caribeña de santa lucía, o matrimonio de mr. cocktail saltou polos aires, e con el unha hipoteca e esas todas cousas magoantes. E non como consecuencia desa voda en santa lucía, pero sen dúbida potenciado por todas as cousas magoantes, mr. cocktail recibe unha chamada dende lonxe propoñéndolle mudar de vida. El acepta, e proponme a min tamén mudar de vida, de traballo e de conexión aeroportuaria.
Eu collo a bicicleta, e fago unhas 12 millas por entre campos a trigo e centeo, por carreiros entre as granxas, por preto do río e do clube de mineiros de Fallin, gozando do aire fresco e recendente da tarde. Ao chegar á casa consulto con Barataria. Miramos pola fiestra: velaí a cerdeira, o río, a ponte, e alí en fronte o vello albert, que a está a liar unha vez máis coa serra de arco contra os mirtos. El dime: non; estoulle empezando a coller o gusto a escocia. Eu, que diaños, tamén.

ir/volver

Sen demasiado tempo pra respirar, dentro dunhas horiñas apañarei un tren, logo un bus, logo un avión, logo un metro e logo un tren para chegar á casa de Itopo en Ciudad Ajo. E despois, un tren e un coche pra ir a humidtown ou atenas, iso aínda non o sei.
Onte, mentres viñamos de ver unha peli algo relambida sobre a fabricación de hamburguesas (tamén pode ser que fose xenial e que eu non entendese nada), falabamos diso Barataria e mais eu: a que imos aló? non poderiamos mellor aproveitar os cartos e marchar de vacacións a chipre? pero non: desta volta, e por tres semanas, andarei algo en bici, irei á praia e visitarei os amigos, a ver se me están coidando ben o país. Aínda que isto último non sei ben se me interesa, canto e pra que.

cita

Recibo un correo con esta cita de Edmund Blackadder:

“O home debería loitar por unha serie de cousas fundamentais: o seu país, os seus principios, a súa familia e os seus amigos. Persoalmente, eu loitaría por unha caixa de billetes e moito porno francés“.

Agora que a fin do mundo se achega (teño pra min que sucederá esta mesma semana), a frase rómpeme demasiado a cabeza. E iso que o porno francés, ao lado do checo, patatillas.

d.o.

Osos de chucheXa sei como chamarlle a este país: os dous corredores do tesco dedicados a patacas fritidas, os tres dedicados a chocolates e galletas de chocolate, os catro dedicados a bebidas gasosas de distintas cores, o que está ateigado de pasteis, e os dous dedicados a lambetadas e lambonadas varias (enfeites para pasteis, gominolas, iogures larpeiros e patacas fritidas conxeladas) son inequívocos.
Vivo en Chucheland.

homesweethome

Home sweet homeFoi en oxford. Por estas cousas que pasan acabamos ceando nun restaurante español Henri, Cimbalaria, Tinkthank e mais eu, atendidos por Bancada-de-río. Todos os cinco nacimos na ghalleira e todos os cinco vivimos a máis de dúas mil millas dela. Así que acabamos falando diso, de cal é a nosa casa. Henri di que somos persoas distintas, que hai un Henri que fala castelán na ghalleira, outro que fala galego en oxford e outro, finalmente, que fala inglés aquí e nos congresos do mundo. Tamén que somos de clases diferentes nun país e noutro. Ademais, el cre que inglaterra é xa a súa casa.
Quedo remoendo niso: onde é a miña casa? Sería demasiado irme de wai crer que escocia é a miña casa logo de catro meses. Pero despois de botar unha semana entre atenas, humidtown e hijuelas, teño claro que aquela xa non é a miña casa. É un sitio onde falar resulta moi cómodo e onde están eses rostros coñecidos, eses xestos, esas amizades que me atan á humanidade pero non á xeografía. E vai tardar tempo en volver ser a miña casa.
Así que cando chego dunha longa viaxe en autocar, bus e tren de máis de dezaseis horas (catro de espera en kingcross incluídas, de madrugada), métome na ducha, mastúrbome tranquilamente, boto o meu desodorante e vou espido ata a sala, pensando: á fin en casa.

espido

Non debería, creo, pero non podo evitar que se me poña a pel de pita cando escoito a espido nunha sala pequena e acolledora do auditorio de vila-marple. Non hai moita xente, pero á que veu parece que lles gusta.
Despois, unha cea frugal, levar os técnicos nun coche de alugueiro ata glasgow, e volver cun fío de senchumbo mentres fóra nevaba aguén. Poucos traballos hai máis gorentosos có de faísca.

casa

Estes últimos foron uns días terríbeis. Non ter conexión de internet na casa estase convertendo nun verdadeiro suplicio: síntome desprazado, como se o mundo me deixase á marxe, fóra do vieiro dos acontecementos e dos sentidos.
A semana que vén terei casa nova, ou algo semellante. Deixarei atrás aldea-marple e mudareime a vilamarple, a vivir na rúa de laracroft preto dunha ponte medieval (outra vez), nunha zona húmida con constante ameaza de asolagamento. Destes tres meses levo moito máis cá lembranza dun outono. A ver qué pasa agora.
Programa de fin de semana: atletismo, sexo co malaísio e o luns, mudanza. Ah, e traballo. Moito. E ler por terceira vez o Éxodo de daniel salgado, a ver se lle entendo algo o do colghós.

(actualización: a mudanza terá que agardar unha semana máis. Non lles deu tempo a meter a moqueta. A ver onde paro estes días…)

illa

Porfis, plattdorf, como era esa cita de lawrence durrell na que se refire a granbretaña como a illa putrefacta? Pode pegala aquí?

despedida 3: amigos

Dimo Ian en plan broma, pero reconfórtame: algo debeches facer pra que te traten así. A bágoa de Argallante Máximo, os comentarios de Eya (que quedaron sen responder), a ilusión que lle albisco nos ollos a Ferre cando fala de mercar un homecinema prá fundación cesare, o bico de Chimpi, a mensa de Apombiñado… Tantas e tantas mostras de cariño levei estes días que non dou feito a contalas todas. Nin a sentilas como merecen. Agora tócame a min devolverlles todo aos amigos: feitos, visitas, e crónicas do tío matt o viaxeiro. E abrir permanentemente as portas da pousada: vinde.

censo

Chego e dígolle á funcionaria que viña pra censarme.
Así que ela pregúntame tres ou catro cousas, confraterniza de que fósemos da mesma parroquia (!) fai unha fotocopia da folla de inscrición censal e busca a alfombra vermella pra estenderma, pero non a atopa.
Xa teño un punto de ancoraxe, nunha aldea do interior, nunha casa dun amigo, na sé da fundación cesare. Así que se me preguntan agora direi que son macedao.