Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » ferretes

enfermeiros

Hai uns días, antes destas latosas polémicas, cavilaba a necesidade dun tag:nurse xa!. A qué se debe a elevada proporción de enfermeiros homosexuais na miña vida, non o sei. Pode ser que aos gais nos mole vestir de bata. Ou que o mercado laboral, onde se potencian as actitudes masculinas de forza e energumenismo, nos acabe botando a facerlle as curas ás velliñas. Tamén pode ser que nos guste traballar con mulleres, ou ben porque son máis intelixentes e eficientes ou ben porque non están todo o día a mirar quen ten a pirola máis grande (física ou metafórica). Ou é que a min me pon a xente que coida dos demais, supoñendo que os gais, os enfermeiros, ou ambos, son persoas máis preparadas pra coidar dos demais.
Porque iso dende logo non caracterizaba a Steve, a pesar de ser enfermeiro e gai (unha vez máis). Steve é máis ben un brutallán desta vila, brusco nos movementos, algo robusto nas formas, e tirando a animal na forma de foder, de zugala, de darlle ao veo. Tanto que á cuarta e última azouta tiven que dicirlle:hey, mate, I’m not a horse!.

valor

Falando cun rapaz que agardo que apareza axiña por aquí, soltoume esa frase tan estraña e desacougante de “o sexo, sen algo máis, non vale de nada”. O que me aqueloutra é saber a qué se referirán con ese “algo mais”, de qué se trata exactamente, e sobre todo qué lles impide atopalo na fodaina, por moi aleatoria que esta sexa.
Remoendo nesas collo o coche e vou ata embiburgo pra ver a Wiesbaden, un rapaz alemán que traballa de enfermeiro (tag:nurse xa!) e que estuda psicoloxía clínica. Non foi de chegar e encher: falamos un bo pedazo, xogamos co gato Fido, bebemos un viño rosado… Deulle tempo a despregar todo o abano de tópicos: é imposible que sexas gai e non che guste madonna, os gais non deberiamos adoptar porque somos un pésimo modelo de comportamento, ou non sei por que hai que estar orgulloso de ser gai. Resultaba tan cansino que me entraban ganas de arrincar. Pero era miralo ben, mirar prá barra de facer bíceps que tiña chantada no marco da porta e virme a sensatez: este chaval loiro, moldeado milimetricamente, preciso en todos os seus tecidos, estaba moi por riba das miñas posibilidades. Así que despois de contarme a historia do seu avó polaco no campo de concentración, de poñerme cancións de la oreja de van gogh porque son españois e de dicirme que hitler foi malinterpretado polos seus seareiros e que el non quería realmente matar na xente, puxémonos a foder.
E mentres me chovían un par de galóns de proteínas, seguía a remoer nese “algo máis”: hai milleiros de motivos pra liscar do choio coa pirola na boca, pero non se me ocorre ningún pra dicir que foder é un acto baldeiro.

trasgo

Anque di ter un nome irlandés e proceder dunha cidade dormitorio ás aforas de glaspop, eu creo que en realidade vive nunha cova. Ten as orellas puntiagudas, a pel branca e grimenta, uns fermosos ollos azuis e unha estatura tirando a retaca. Vénme visitar de noite pero pérdese no barrio, e cando o atopo está tremendo asustado debaixo dunha farola. Lévoo pra casa, e logo dunha longa conversa imos prá cama. Fode por presión, non por fricción, e como ademais é piroliñas aquilo da presión ten ben pouca traza. Así que lle dou a volta ao conto e préndoo eu das cadeiras. Descubro nese momento que, a pesar de ser delgado e pequeno, o seu eixo traseiro é moi pesado, como se tivese en realidade un cóccix de chumbo ou de cadmio.
Á mañá seguinte rexeita almorzar. Senta no sofá sen apoiar os pés no chan e agarda mentres eu almorzo, mentres reviso o correo, mentres arranxo a casa, sen dicir unha palabra. Ao final dime, como explicándose, que el non é un ser de mañás, senón de noites. O que eu dicía, un trasgo.

asfalto

Qué teñen en común Ánder e el, pregúntome, mentres tento estreitar o medrado lombo de Kingston entre os meus brazos.
Ánder é un rapazolo noviño e euskaldun, que saíu dun casarío próximo a bilbo pra unhas prácticas nunha cooperativa financeira de glaspop. Como ten pouco diñeiro vén pasar o día a vila-marple, e fágolle de xantar, e lévoo de visita polas rúas da vila, e falamos das súas cousas; como ten tanta experiencia como cartos, dedico ademais o meu tempo a que se explique, a conducirlle as mans, a desentupirlle un pelo púbico mouro que renxe como se fose de metal.
A Kingston, porén, xa o coñezo. Acaba de chegar de londres e o seu corpo xa maduro aínda cheira a vir durmindo no tren. Agora xa non vive só, senón co mozo, tamén xamaicano, nun pisiño renovado e desordenado da zona oeste da cidade. Mais hoxe o mozo non lle está. Despois de parolar un pouco, toma el a iniciativa e díspeme e cólleme e faime, mentres o sol entra a cachón polas altas fiestras. É unha mañá de xeado outono, e aínda que no piso se está ao quente, de súpeto apértase contra min e repite o meu nome baixiño algunhas veces, mentres nun relanzo me parece albiscarlle un algo de tristeza.
Con ánder e con kingston practico o mesmo oficio, a mesma vella responsabilidade: pousarlles fragmentos de bicos nas fochancas, repararlles as fendas da pel co asfalto do amor.

emigrantes

Despois de dous fracasos laborais encadeados en menos de 24 horas, necesitaba alguén que me puxese as cadeiras no sitio e me fixese tremer as pernas. O individuo tocou que se chamase arnis: un panadeiro, loiro tirando a rubio, e paradoxalmente longo como un día sen pan. Os diálogos foron breves, e o ferrete preciso e correcto: facía o que cumpría, como cumpría. Pero neses diálogos breves noteille un aquel estraño, e pregunteille onde nacera. Respondeume que na aldea do lado, así que lle insistín con que se o seu nome era escocés, que nunca tal escoitara. El pensouno, púxose colorado e emendouse: en realidade nacera en Liepāja, unha vila da costa letoa, e levaba tres anos acó enfornando bolos e tortas de cenoura, algo que xa facía no seu país orixinario dende os dezaseis, quizais con ingredientes distintos. Eu imitei mellor o acento escocés, e cando marchou ía convencido (ou iso creo) de que cesare era de vilamarple de toda a vida.

traspé

Xa non é a primeira vez que posteo sobre os extrarradios. Son as partes máis interesantes das cidades, e non só por mirar a etnografía do revés, irme de wai e fuxir dos camiños explorados dos turistas. Non, en realidade o máis extraordinario das afóras é a súa ordinariez, o seu grao de común. Nun piso común de badalona, no curuto dunha encosta común que sobe por entre tendas de fotocopias, froiterías e locutorios, vive miguel. A mañá aínda está a abrir, e collo a limpadora fregando no portal. As escaleiras son estreitas e vellas, pero o piso del, que é do irmao, está bastante renovado grazas a unha superpantalla plana, uns cantos sofás e alfombras de ikea.
Miguel mide realmente moi pouco, pero o corpo é fermoso e compacto. Faime pasar ao seu tamén cativo dormitorio, cheo de prensa vella e de billetes de cinco euros. Traballo nun hotel, explícase, e déitase e íspese tan rápido que non podo dicir qué fixo antes. Chimpo a miña mochila no chao, logo a roupa, e póñome a foder nel conforme as regras que me marca. Logo dun tempo de exercicios rutineiros, pídeme un malabarismo final. Eu póñome en pé pra tentalo, pero entre a roupa, a mochila, os xornais e os billetes de cinco euros non atopo un punto de apoio e esvaro. A zurrichada non vai pois á cara, como debería, senón a todo o resto (colcha, parede, chao, obxectos), ata que eu mesmo caio sobre el e sobre a cama. Pídolle perdón, e bótome a rir.
Non hai nada máis divertido ca foder.

fadas

Jay é certamente tan feuchiño como calado. Vive nunha vila próxima e chega nun plisplás aproveitando o día que lle conceden libre no corteinglés local. Ten a pel grimenta, como de batracio, e moi estirada pola súa extrema delgadez. É alto, pero tan lixeiro que se diría que o único que evita que o leve o aire son as tres ou catro tatuaxes discretas que ten ciscadas polo corpo e os pirsins da orella e da lingua. Ten os dentes, ademais, distribuídos na boca como quen bota barro á parede, aquí uns e acolá outros, os máis deles retraídos ou revirados, e os xestos da cara é como se en vez de falar roese limóns.
Pero nada máis pechar a porta da casa xa o teño enriba, e non me dá tempo de paralo. Tampouco quero. Porque ao que se pon move as mans con bastante precisión, non lle fai noxos a nada, e emprega o pirsin con calidade e contundencia cando ma zuga como ningún outro escocés fixo antes. Ao rematar, quedamos por uns segundos deitados sobre a cama, coa cabeza caendo polos pés, rindo. Pero iso dura só un intre, porque axiña se está vestindo coa súa roupa do corteinglés local e liscando, sen apenas dicir nada que desvele o misterio da súa fealdade, da súa habilidade.

congostras

Aproveitando que teño coche por unhas horas, quedo con Iain, un rapazolo de dezanove de Corno de Rei, unha apracíbel aldea aberta ás praias do mar do Norte. Recólloo na parada do bus e lévame a un fodedoiro apartado na montaña. Iain é loiro e branquiño, e aínda que ten as partes da cara algo desordenadas, é no seu conxunto fermoso. Ten boa pirola, unha voz forte, a pel tersa de dezanove, a angustia de que alguén camiñe tres millas na noite pra asexarnos no coche, e o triste noxo ao seme. Pero ao cabo, o ferrete con este traballador de marks&spencer non ten moita queixa, e eu marcho contento pra deixalo de novo na casa. As estradas que baixan da montaña son estreitas e retortas baixo a noite, e lembro felizmente os fodedoiros galegos: as mesmas pistas, os mesmos raposos agochados nas esquinas, os mesmos fentos, o mesmo recendo a noite fresca que entra e se mestura co aire do coche, suoroso, lefarento. Eses momentos son os que xustifican a existencia.

mongolia interior

Os expatriados sempre acabamos fodendo con expatriados: supoño que é ao que nos condenan pequenos deslices lingüísticos, erriños aquí e acolá, ou talvez unha distinta sensibilidade venatoria. Dan ten, como todos os chineses, outro nome, verdadeiro, pero non mo quere desvelar. E tamén como todos os chineses desprega ante min tan amplo abano de prexuízos lingüísticos que podería aventurar sen medo ao trabuque que Beixín ten que ser un auténtico paraíso pra rosa díez.
Vén da mongolia interior, unha pequena provincia do tamaño de colombia onde habitan os mongois. Ben mirado, así contra o fondo branco da parede da súa habitación, ten uns trazos difusos, algo distintos aos que coñezo xa dos ghan. Tamén ten unha peculiar roupa interior, antiga pero non vella, toda branca, sen suxeición, mercada quizais no feirón de Hohhot. É máis baixo do que anunciaba, e máis cumprido. Non é que sexa estritamente gordo: é máis ben redondiño, pero duro, como unha castañiña a piques de rebentar. Cumpre tamén co outro gran tópico do sexo oriental, algo que non tería demasiada importancia se non insistise en facer algo pró que obviamente non era o día: seis preservativos despois, acabamos cada un ao seu; el mirando pra min, eu pra unha fiestra pola que se abría a cidade de embiburgo, a fábrica de cervexa e as nenas paseando na tarde do sábado nas súas bicicletas rosas.

hungría 1 - escocia 0

Csaba é un rapazote húngaro que vive ás aforas de embiburgo. Imos visitalo Barataria e mais eu e facemos o camiño un pouco en tren e outro pouco en bici, por iso do turismo, e pra que se o ferrete sae mal non sexa todo perdido. A súa casiña está chea dese baleiro dos inmigrantes: cama a medio facer, as paredes espidas, unha televisión permanentemente conectada ao satélite e sen figuriñas nas fiestras. Nas distancias curtas é máis ben tirando a feúcho, cos dentes desamañados, pero ímonos compondo entre os tres e as ganas que lle pon. Ao remate aquilo parece o manancial que alimenta o lago balaton, e na avaliación final o mozo parece satisfeito: “isto si que son ferretes, e non o que botan os británicos“, acusa.
Ao saír, e continuando o paseo en bici, Barataria dime que iso é unha chorrada, e que mo vai demostrar. Á semana vén Jaz pola casa. Os seus pais son da India, pero non sabe ben de onde (norte, sur, leste ou oeste), nin lle importa. El naceu aquí, ten unhas femosas mans de cor da púrpura, un corpo de practicante de kárate e un par de horas diarias de perruquería. Aínda que novo, traballa nunha empresa de seguros e gústalle beyoncé. A todos os efectos conta como británico e cúmprense as miñas previsións máis cás de Barataria. Ao primeiro descoido xa está de xeonllos na cama e de aí ao final non houbo quen o movese, mentres Barataria practicaba abdominais como único recurso e eu miraba e exercitaba o cerebro.