Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » ferretes

ferretobaras

De sempre pensei que iso de foder ben ou mal non existía, e que en realidade os ferretes tiñan máis que ver coa sintonía e coa lonxitude de onda que coa habelencia técnica. Pero despois do enésimo ferrete estraño (por non dicir horrible) que boto cun británico, empezo a pensar que existe algo xenético ou climático que fixo que se concentrasen nesta illa todos os malos fodedores.
E iso que o escocés Chris, un noviño profe de lingua que vive na aba dun outeiro próximo, é bastante espilido e compensa o zoupón dos seus movementos coa imitación dos meus e, sobre todo, con toneladas de cariño, directamente proporcionais ao tempo que vai dende que outro home entrou neste piso, ciscado de dvds de batman, cables de playstation e obras completas de shakespeare.
E todo vai case normal ata que nos achegamos ao remate. De súpeto entra en convulsión, e mira pra min, saca os ollos das órbitas e pon esas caras que poñen os británicos cando queren dicirche que estás facendo algo terriblemente erróneo pero a súa educación non lles permite reprobarcho. Eu dubido se quizais lla estou apertando demasiado, ou se ao mellor o estou triscando cun cóbado ou co xeonllo… pero non: cando é demasiado tarde descubro que lle ten un pánico total á visión do seme. Destraga todo cos seus movementos, cae a rolos sobre min e logo, na súa quenda, cubre a piroliña coa man pra que ninguén vexa o único que hai que ver. Fugazmente, sen tempo de resposta, mete un chimpo, desaparece e aparece cunha toalla. Hixieniza todo con velocidade e xa, aparentemente pulcro, déitase ao meu carón. Apértame, e eu síntolle a calor e confórtame a presenza de obxectos, libros e carteis por riba da súa liña de ombros. Pero o pracer, aquilo que realmente viña buscando, non podo lembralo.

raffaella

Ademais de Barataria, co que durmo en difíciles e divertidas circunstancias de espazo, suor e ruído, Barcelona é no vrao un alabaradiós de rapacetes.
Un deles é albert. Vive preto da casa, a un par de estacións de bicing de distancia. É valenciano, e traballa de camareiro ás noites pra pagar os estudos e as pequenas performances de danza contemporánea que constitúen a súa paixón. É ademais un portento físico, alto, moreno, de ollos verdes, que se move rispidamente por un pequeno cuarto de estudante que abre a un patio de luces. Cólleme, móveme, revírame, faime todo o que lle acorda co único límite das leis físicas, e finalmente vénse sobre min contraendo e dispondo os infindos músculos, traballados pola danza contemporánea, nunha mesma harmonía.
Antes aínda de despegarmos os corpos, lambidos por unha crisálida de suor e seme, penso no mal que se fode na illa e tamén lembro aquela vella canción: com’è bello far l’amore da Trieste in giù.

comiño

Barataria chámalles cominillos, así, en español: de corpo pequeno, delgadiños, móvense comodamente nos nosos brazos, e pasan dunha postura a outra ao ritmo que nós lle marcamos. Non son especialmente fermosos, pero teñen todo aquilo que é necesario disposto, iso si, nun reducido espazo de corpo, coma un home de futbolín. Este de hoxe, co que me atopo nunha ruidosa,  Big Maceda, ten unha pel case perfecta e unha colocación de pelo sobre o corpo que  me lembra moito a Barataria. Pero Barataria non está, e desta vez o servizo de asistencia de amor actúa en soidade.

fe

Collo o tren para Big Maceda e o vagón vai case baleiro. Aos cinco minutos, un rapaz lanzal co que xa cruzara olladas e chiscadelas na estación pregúntame se pode sentar ao meu lado. Ergo a vista sobre os demais asentos libres e algo sorprendido dígolle que si, coa previsión de algo de sexo nos baños do vagón.
Pero por desgraza empezamos a falar. Cardeal, chamareino así porque leva o nome do cardeal, era seminarista ata o ano pasado. Agora remata os seus estudos de teoloxía por libre, mentres traballa nunha tenda de mobles e cavila se seguir a carreira de presbítero ou non. El non se sente digno de ser un servidor de Señor porque é unha ovella negra: non di cal é a freba de lá que lle escurece a vida, aínda que ben se poida intuír. A medida que avanzamos nas tres horas de debate sobre a fe e a vida vaise esvaendo a posibilidade de comerlla alí mesmo. Ao final intercambiamos os correos e baixa nunha das vilas do camiño, probabelmente pra sempre.

mochilas

Este rapaz, de quizais menos de vinte anos, leva unha mochila ás costas e cruzamos con el un par de veces mentres paseamos por un parque de Ciudad-Ajo. Quizais sexa unha vella mochila azul onde leva os apuntamentos do bacharelato. Pero a cabeza, véndoo tan negriño, váisenos a que a leve chea de cedés ou carcasas de teléfonos móbiles. Cando uns minutos despois a deixa caer ao chan detrás dun arbusto cremos intuír un lixeiro renxido de caixas de plástico. Pero pra daquela, mentres a poucos metros pasean as xentes esgotando o sol da tarde, Barataria e mais eu xa nos entregamos ao fermoso labor de agradecerlle que pertenza, por fin, ao noso continente.
En troques, Didir non trae ningunha mochila. Aparécenos na casa levando na man a carteira e as chaves dun coche que lavou esa mesma tarde. Nado en Cali, traballa nunha empresa de importación de produtos latinos (froitas tropicais, bebidas de cores, materiais exóticos) e vive noutra das cidades da periferia. Sobre as sabas da cama de Barataria desprega un corpo case perfecto e unha excesiva calaina, que agocha timidez ou expectación. Porque aínda que nós fodamos brillantemente non poderemos borrar as liñas de area dos seus horizontes, a calor na que medraron, non poderemos nin intuír o contido das súas mochilas verdadeiras.

xetsemaní

Levo un par de días negando o evidente: vou pasar o vindeiro mes fóra da miña casa, dando tombos por unha rede de países afumados e ruidosos: teño por diante catro semanas ateigadiñas de eventos e sobriños, pero nin así se me esvae a preguiza. Miro prás cerdeiras do xardín, pró ceo que agora clarexa, prás madrugadas que comezan ás dúas, e decátome de que non quero marchar, que non quero desprenderme desta tranquilidade precisamente agora.
Con todo, despois dun acelerado día de preparacións, estou na sala de espera dun avión, arrodeado de españois que berran e protestan por todo. Miro pró reloxio e imaxino qué pasaría se perdese ese avión ao que xa non hai saída, se collese o bus de volta á cidade. Non sabía que tres horas despois estaría nun olivedo, alumeado só das estrelas, fodendo sobre o capó dun coche vello: olía a arxila, a calor e ás toupieiras que, coas cabezas apuntando levemente sobre os torróns escuros, tentaban descifrar esas vibracións de amor.

pesto

Algunha maldade houben de facer pra encadear tantos castigos, así que cando penso que vou meter un ferrete cun guapiño postadolescente loiro plántaseme na casa un tal Fraser, administrativo do hospital local e que, se ben na cara coincide lixeiramente coas fotos, no bandullo decididamente non. Un trazo típico local é a acumulación de hamburguesas á altura do cinto, e outro son sen dúbida as rarezas, e este di que quere foder con lentes, que aquilo mellor non o fai, que istoutro non che sei, que lle dá reparo que eu non estea limpo, e cousas semellantes. Eu penso no veciño, que ten a radio a todo meter co disco da scottish-quenlla, e procuro non darlle demasiada importancia. Pouco a pouco empezamos, pero a falta de sintonía é total: competimos a torpes, golpeámonos cando facemos manobras pra quitar un pouco de roupa, e cando lla zugo retórcese e berra, aparentemente máis por cóxegas ca por outra cousa. Mais ao cabo, polo propio peso, a cousa acaba indo ao rego. E cando parece que queda pouco, supetamente detense e pregúntame con cara de susto: comeches algo con pesto nas últimas horas?
Suspiro e, sen responderlle, penso “mandarinas, paspán, mandarinas“.
E volta empezar.

trindade

Despois de asistir a unha interesantísima conferencia en embiburgo, quedo cun chavaliño rochoso da illa da trindade. Doutorando en química, recíbeme nunha habitación moi ampla e bastante decorada, ao pé dunha fábrica de cervexa. Sobre a mesa de noite ten un candeeiro de sete brazos e eu pregúntolle, un pouco por brincar, se é xudeu. Prá miña sorpresa dime que non naceu xudeu, pero que segue os seus preceutos. Dimo como se tal cousa, co seu corpazo negro no límite das tres cifras e cunhas rastas que lle chegan a medio lombo. Polas paredes ten penduradas distintas imaxes de buda, e de credos que eu imaxino orientais, e no fondo de pantalla do computador un sagrado corazón de xesús. Abstéñome de preguntarlle se segue todos estes preceutos, porque a combinación de kosher, xexúns e vixilias pode requirir varios megas de memoria pra procesala.
Con todo, hai un preceuto que non segue, e eu agradézollo. E aínda que os meus principios me obrigan a foder con británicos, non hai nada como a multiculturalidade pra chegar ao pracer verdadeiro.

acontecementos

Cando Neil tiña seis anos, un paisano entrou no ximnasio dunha escola da súa pequena vila e matou a tiros a dezaseis nenos. Todos eles tiñan tamén seis anos.
Non sei se Neil estaba nesa escola ou nalgunha das outras dúas que existen na localidade. Non lle quixen preguntar. Quizais non quería saber se esa pel donda de hamburguesa era produto dunha especial aversión aos ximnasios, ou se era só tipismo.
O caso é que Neil responde ao modelo penedo: déitase, pecha os ollos, e agarda. Despois dalgunhas tentativas de atoparlle amor, paixón ou interese nalgures, pasei á fase efectiva pra rematar canto antes e pillar aínda os últimos minutos da final da copa da uefa. Pero non, e a pesar de poñer os meus bíceps a punto de neve, ía escoitando na radio do veciño as ocasións perdidas. Sobre as sabas aquilo ía tomando corpo de catástrofe, ou peor, de aborrecemento. E o final chegou, como era de agardar, con prórroga e derrota.

autopsia

En realidade, estes últimos posts non debían existir, pois son produto da febre e da incomodidade, e si un sobre danny, ese médico malaisio que me diagnosticou o domingo de mañá.
Fillo de xaponés e de australiana, a súa lingua materna é o inglés, e fálaa cos seus amigos da elite de kuala lumpur aínda que, recoñeceu, sabe o mínimo de malaio por se vai comprar ás tendas ou así. Por iso veu a escocia a estudar medicina, e por iso realiza uns erres escoceses como ningún outro malaio. Ten unha conversa esmagadora, tanto que nos breves respiros en que podo meter baza, xa nin me acorda o idioma e digo torpes palabras de aceptación ou negación ao tema do momento: cómo se certifica unha morte, cantos tipos de sarcomas hai e como afectan a poboación ashkenazi, e tamén, oh premonicións, cales son as enfermidades de transmisión sexual máis comúns nesta illa. Ten un corpo estupendo, pero procede con eses costumes orientais que non consigo aparellar co desexo: os arrotos e comer coa boca completamente aberta. Ademais, está obsesionado coas tetiñas e cos embigos, así que todo o sexo se reduce afortunadamente a iso: lambedelas de embigo ata quedarmos durmidos.
Á mañá xa foi todo así: pánico, suxedade, diagnose, vergoña.