Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » outra vez é en Lecturas

irán capital kabul

Itopo mándame de agasallo de aniversario Kabul Disco 1. Como non fun secuestrado en Afganistán, a primeira parte dunha banda deseñada-realité do francés Nicolas Wild. Conta a historia autobiográfica dun debuxante sen moito que facer que pra atopar algo marcha a afganistán a pintar en cómic a nova constitución do país: é unha peza na engrenaxe da invasión occidental, e desas parte. A primeira impresión, e a segunda, e a terceira, é que é o mesmo conto de Persépolis, pero uns milleiros de millas ao leste. Ata o grafismo, aínda que este lixeiramente máis detallado e menos contundente, é moi similar. Existen matices na relación entre levante e poñente, no papel das forzas de ocupación, ou nesa tontiña vida de burbulla que levan os occidentais no país, que o fan lixeiramente distinto, e por distinto interesante. Con todo, se en vez de ter non sei cantos volumes a triloxía tivese un só, e de cen páxinas, ben abondaba.

fío

Gústame tantísimo, pero tanto tanto Gustavo Martín Garzo… De cando estiveron meus pais de visita, deixoume miña nai a última das súas novelas, El jardín dorado. Conta a historia da marabillosa infancia de ariadna e do minotauro, pero conta tamén moitas outras historias e esa mesma historia un cento de veces, como unha pequena e saborosa cebola da que se van desprendendo capas e na que sempre aparecen máis e máis gorentosas capas no interior. O seu ritmo, a precisión dos termos, e sobre todo esa fluidez de escrita que parece que procede dos tempos antigos, do verdadeiro manancial de orixe das palabras, é o que máis me engaiola. As súas palabras son unha dor doce, unha lembranza constante dos delicados fragmentos que conservan a importancia da vida. Pero tento lembrar os seus libros anteriores, ou a conferencia á que lle asisitín en ankara anos atrás, e todo esvae no esquecemento. Desaparecen as tramas e os argumentos, mestúranse as mulleres coas fontes, e cruzan veloces personaxes dos contos clásicos por máxicas rúas con semáforos sen que poida discerner uns doutros, quen veu antes e quen despois. Quédame só, ardente, a memoria do fluír da vida.

corre a modo

Dime un bo conselleiro: tes que lelo. E entre a viaxe no avión e estas últimas horas alí a vai, unha novela moito máis ca fabulosa: Festina lente, de Marcos S. Calveiro. Algo enredante no principio, faise máis lixeira e cativadora conforme a acción pasa ao primeiro plano e se desviste desas roupaxes de contextualización que a pexan un pouco. As aventuras do encadernador Ambrosio Cavaleiro, a fala dos arxinas e a Compostela do XVI encaixan perfectamente no marco desa ficción sobre o pasado europeo que levamos anos lendo e ulindo. É esta unha novela pra traducir, pra exportar, que se pode vender nas librarías de Copenhague como se fora un código da vinci (en bo), coma un pequeno nome da rosa. Incluso ten un fermosísimo final, que releo sen fartura, e que dá pra unha segunda parte ou unha terceira do manuscrito de tres serpes unidas polo baixo, na historia de todas as épocas, adiante e atrás. Algunhas pegas hai, claro, en nomes de lugares, na falta dun mapa da compostela da época, nunha páxina demasiado chea de franciscos ou nun lavanco que cae do niño cando os lavancos fan os niños ao ras. Ou que nunha novela de encadernadores, o último caderniño se me despegase. Pero se eses son os males, moita é a bondade.

ox

Nesta quincena última na ghalleira percibín algunhas punzadas de ilusión. Algunhas viñéronme da lectura de Una fantasía del doctor Ox, de Jules Verne, editado por unha pequeneira empresa ateniense. Ademais do fantástico e divertido texto, do que vou tocando letra a letra con pracer, está ese belido despropósito que é dar ao prelo un feixe de papel, ben traducido e preparado. A contratempo, si, pero a prol do tempo.

esquilo

E ás veces, nunha tarde vagaceira paseando polas rúas de wáxinton, un atopa ese libro fascinante, ese pequeno ensaio que pode transportar ás corredoiras dos pastores albaneses e aos teatros calorosos da vella atenas, que pode crear mundos e derrubalos con estrondo sen afastarse do estreito marco do ensaio. Esquilo, por ismaíl kadaré.

rinocerontes

Viña lendo no avión os rinocerontes e quimeras de marcos s. calveiro, xa con moito moito retraso sobre as críticas e as amizades que me dicían “tes que“, “tes que“. Con todo, as primeiras páxinas, a moitos pés sobre o nivel do mar, non acababan de engancharme. As imaxes, as vellas postais que parecen sacadas de carnivàle, son fermosas e están pulcrisimamente narradas, pero amoréanse como sombras sepultando toda posibilidade de acción, unha ralentizadora e tenra parada de monstros. Pouco a pouco, esas postais van encaixando, e o preciosismo deses ambientes e perfís comeza a fluír cara algures. Un algures final que, non por previsíbel é menos fermoso e que deixa unha substancia un pouco amarga de esperanza e deformación, como po de camiño, pegada sobre a lingua.

nostalxia

A nostalxia é unha substancia velenosa e paralizante, como a trabadela de moitas arañas. Así que cunha certa obriga, pero tamén con moita prevención, merquei Das novas cousas de Ramón Lamote. Por suposto, na miña memoria acuática non gardo lembranzas exactas das primeiras Cousas, pero si unha imborrábel sensación de pracer, de divertimento. As novas cousas son 100% Lamote. Tamén, en particular nas primeiras páxinas, 100% anos oitenta, cunha forma de narrar e sobre todo, cuns problemas que pertencen a un mundo que xa non recoñezo. Un mundo rematado, que máis có riso aberto, provoca un estraño fruncido de dor, como de proído máis ben. Pero contra a metade do libro, Lamote solta a melena dos pelos que lle quedan, recoñece que usa correo electrónico e debuxa unha cidade utópica que, sen deixar de ser lamotiana, é puramente moderna e contemporánea. E éntralle a un o gusto, vendo o cadáver da nostalxia aos pés da cama.

tondelli

Iop e DjSu mándanme prá xugular Habitacións separadas, do italiano Tondelli: un paisano, nos seus 32 anos, ten que afrontar unha relación na distancia e os dilemas da contrución familiar homosexual: é verdade que aquilo era italia anos oitenta, e que igual que deixamos atrás os fulares, as cousas teñen mudado bastante no político, no xurídico e no afectivo. Pero a familia, ou a súa ausencia, seguen aí. A familia, esa institución que nos aprende a morrer, a restarlle importancia á morte, a combatela coa ficción da transmisión patrimonial e un conxunto moi ben artellado de rituais. Esa familia inexistente está en Tondelli, e tamén en min, á miña maneira. O libro acáboo, algo fastiado de tanta dor e tanto romperse a cabeza propio dos oitenta.
Mentres, o meu sobriño Henock baixa facer as compras na mochila do seu pai, e o meu outro sobriño Antón nace con cesárea e 3200 g, na véspera das letras.

saladina

Queipo é o meu escritor favorito vivo por unha longa serie de razóns, e o morto sen dúbida cunqueiro. Así que se en Saladina se xuntan os dous, todo debería ser perfecto. De feito, o vello e a neta van contando as súas cousas cunqueirianas, si, pero alí están as moscas sen ás das kerguelen, e a rémora xigante, e as difíciles rotas pra entrar nos subarquipélagos das maldivas, que son as chaves que me unen a un universo novo, ao meu universo. E claro que creo que as Cotovías son sete, como carapas de laranxa, e que a do medio ten unha montaña verde. Créoo porque é verdade, como son verdade todos os contos fantásticos de Hakim, todas as palabras que se escoitan na barbería. Pero, ai, o que non é verdade é que preparen un año da cea en dez minutos, que durman e se ergan sen xeito nin maneira, e que neses irrelevantes detalles rompa o fraxilísimo cristal que di: estou disposto a crer todo o que me digas.

tempos

Boto uns días fóra e todo é revelación: ata a cerdeira de diante da casa está xa case frolecida. As gabitas xa deitaron os ovos e andan a chocalos, e a luz estende as horas ata moito despois do peche das tendas. Descanso e leo un brevísimo libro de banda deseñada, un deses pequenos nucleolos sobre relacións de parella que provoca momentos tan cariñosos e deliciosos como efémeros. Así din tamén que é o amor. Pero Barataria, a pesar da distancia, malia os múltiples impedimentos, malia a chegada da terceira primavera, segue firme nisto. E eu máis.