Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » kms

plattdorf

En francfort perseguín a sombra de plattdorf. Caído do outro lado das liñas inimigas, entregado ao fermoso labor de contemplar adolescencias, hai tempo que non se comunica e non explica por que os trens nesta cidade son tan vetustos, ou por que a xente semella andar de mal humor. Tampouco hai por aquí adolescentes embarazadas, anque no seu sitio de xuntanza erguesen rañaceos tumefactos ou a sede do banco central europeo. Cando cae a noite, e logo dunhas albóndigas de fígado ou dunha carne encebolada con xucrute, ímoslle dar unhas voltas e tomarlle algo, comprobando qué barato está todo no continente. Cando recollemos de madrugada, con dúas xornadas intensísimas de traballo ás costas, vexo o remexedoiro nos baños de homes da estación de konstablerwache.
E volvo achar de menos a plattdorf.

xermanía

E mañá desta hora, na ribeira do Rin. Quero parar un pouco…

contra a funcionarización

Un dos obxectivos desta viaxe era mercar e ler asap A ditadura da incompetencia, do empresario catalán xavier roig. Sabía dalgunhas recensións e apetecíame botarlle o dente á crítica que facía da administración catalá. Resultou ser unha crítica aceda, acedísima, incluso indignada, ao proceso de funcionarización da vida política, pública e económica nas sociedades mediterráneas, un auténtico manual de liberalismo contemporáneo. O punto de partida é que as sociedades mediterráneas (e a galega debe inscribirse claramente nesta categoría) están controladas e dominadas por unha elite á marxe da libre competencia. Máis de dous terzos do parlamento catalán (e do español) son funcionarios: é dicir, persoas que se sitúan fóra do mercado, e que idean políticas que teñen como finalidade perpetuar o aparato do estado, que é o sistema que garante a súa supervivencia como caste. No caso galego, por exemplo, 41 deputados son funcionarios. Se lle engadimos os dez que nunca tiveron máis oficio cá política e os catro que sempre foron sindicalistas, dános un total de 56 (un 74%).
Roig critica por igual os aranceis europeos que impiden o desenvolvemento do terceiro mundo e a política de servizos asistenciais (esmolas) que ten como finalidade non paliar unha situación conxuntural, senón consolidar unha xestión funcionarial da pobreza. Protesta contra o sistema educativo e o sanitario (e achega cifras, como a comparativa entre o diñeiro que os Estados Unidos invisten en educación e o que desbalda a vella Europa) e en particular contra as subvencións culturais que sitúan determinadas actividades, coma o teatro, fóra do capitalismo.
Por dicir algo malo nesta brillantísima proposta, ás veces o seu discurso resulta un tanto trapalleiro e enfadado. Aínda que en realidade, se se examinan ben as cifras, é pra enfadarse. E moito.
Interrumpo a cativante lectura pra xantar coa guapísima Rapaza de Vidro en calafell, unha viliña costeira tomada por xubilados e surfeiros. Alí, diante dunha saborosísima lluerna, cóntame por que deixou a súa carreira no sistema universitario. Eu a ela coñecina sendo unha progre, pero agora adiántame polo liberalismo unhas cantas veces, e non aforra en defensas de bolonia e en ataques ao sistema funcionarial. Cavila con dedicarse ao traballo no campo, a pelexar pra que as súas leitugas sexan as máis vendidas do baixo penedés. Como debe ser.

traspé

Xa non é a primeira vez que posteo sobre os extrarradios. Son as partes máis interesantes das cidades, e non só por mirar a etnografía do revés, irme de wai e fuxir dos camiños explorados dos turistas. Non, en realidade o máis extraordinario das afóras é a súa ordinariez, o seu grao de común. Nun piso común de badalona, no curuto dunha encosta común que sobe por entre tendas de fotocopias, froiterías e locutorios, vive miguel. A mañá aínda está a abrir, e collo a limpadora fregando no portal. As escaleiras son estreitas e vellas, pero o piso del, que é do irmao, está bastante renovado grazas a unha superpantalla plana, uns cantos sofás e alfombras de ikea.
Miguel mide realmente moi pouco, pero o corpo é fermoso e compacto. Faime pasar ao seu tamén cativo dormitorio, cheo de prensa vella e de billetes de cinco euros. Traballo nun hotel, explícase, e déitase e íspese tan rápido que non podo dicir qué fixo antes. Chimpo a miña mochila no chao, logo a roupa, e póñome a foder nel conforme as regras que me marca. Logo dun tempo de exercicios rutineiros, pídeme un malabarismo final. Eu póñome en pé pra tentalo, pero entre a roupa, a mochila, os xornais e os billetes de cinco euros non atopo un punto de apoio e esvaro. A zurrichada non vai pois á cara, como debería, senón a todo o resto (colcha, parede, chao, obxectos), ata que eu mesmo caio sobre el e sobre a cama. Pídolle perdón, e bótome a rir.
Non hai nada máis divertido ca foder.

diversos

Diversos son os homes e diversas as falas, pero conviñeron todos nun mesmo conxunto de poeiras, humidade e beirarrúas levantadas. A cidade mediterránea, que se chama lisboa cando se arruína cara ao oeste ou real-atenas cando toma café frappé, adquire tamén moitos outros nomes nas fases intermedias. Así é tamén Rastalona. Desta vez a viaxe esténdese dende o oeste (en realidade o sur) ata o leste (en realidade o norte), e todo é un continuo de infinitas variedades de ocres, con tantos matices como constantes comúns. Nesa poeira confusa que serve de escenario pra grandes combates dos medios de transporte, combínanse as linguas, as tenduchas de envío de diñeiro, as tendas caras, as toses dos vellos emigrantes andaluces ou a extraordinaria beleza dos adolescentes, dourados e sen desbravar.
Diversos son os pobos e diversas as falas, pero conviñeron todos nunha extensa cidade mediterránea, ruidosa, fatigante, húmida, pegañenta.

fadas

Jay é certamente tan feuchiño como calado. Vive nunha vila próxima e chega nun plisplás aproveitando o día que lle conceden libre no corteinglés local. Ten a pel grimenta, como de batracio, e moi estirada pola súa extrema delgadez. É alto, pero tan lixeiro que se diría que o único que evita que o leve o aire son as tres ou catro tatuaxes discretas que ten ciscadas polo corpo e os pirsins da orella e da lingua. Ten os dentes, ademais, distribuídos na boca como quen bota barro á parede, aquí uns e acolá outros, os máis deles retraídos ou revirados, e os xestos da cara é como se en vez de falar roese limóns.
Pero nada máis pechar a porta da casa xa o teño enriba, e non me dá tempo de paralo. Tampouco quero. Porque ao que se pon move as mans con bastante precisión, non lle fai noxos a nada, e emprega o pirsin con calidade e contundencia cando ma zuga como ningún outro escocés fixo antes. Ao rematar, quedamos por uns segundos deitados sobre a cama, coa cabeza caendo polos pés, rindo. Pero iso dura só un intre, porque axiña se está vestindo coa súa roupa do corteinglés local e liscando, sen apenas dicir nada que desvele o misterio da súa fealdade, da súa habilidade.

heteros

Unha novela gráfica de heteros e que acaba ben. Hai uns anos sería difícil imaxinar que o Diván da psicóloga é obra de Ralf König, agás polos debuxos de narizotas e pirolas. En realidade, ten bastantes máis semellanzas das que parece a primeira vista e inclúe todas as frases e tópicos que lembran as súas obras anteriores. A trama é simpleira, si, e inclúe demasiados fíos mortos, pero os diálogos e os personaxes medran en complexidade (quizais por seren heteros) e inclúe importante información sociolingüística que faría as delicias da Mesa pola Normalización do Fráncico. Con todo, o que me trouxera ata el, a busca da gargallada, é moito máis tenue agora, e motívaa máis a lembranza dos risos pasados cós diálogos deste Diván da psicóloga. Malia acabar ben.

Máis sobre König.

pixamas

Veu Nenoarzuán estudar algo de inglés a embiburgo, e como a primeira noite non ten onde parar queda a durmir na miña. Hai anos que o coñezo, pero só o vira diante un par de veces máis. Na primeira, era aínda un chavaliño rebuldeiro de dezaseis que empezaba a xestionar iso de ser gai en arzúa. Agora, tempo despois, está moito máis guapo, leva no fociño un aro deses de arriar dos porcos e uns estupendos e relocentes coloretes país. Contámonos algúns contos, explícolle como funciona todo isto (os coches polo seu lado, as kettles, os enchufes de tres aguillotes…), el fálame da súa divertida vida, e logo imos ver (si) O neno do pixama a raias. Non lin o libro, e o filme non ten mal ningún.
Despois marchamos prá cama. Eu quedo durmido antes, nun suspiro, e non o sinto deitarse. Á metade da noite esperto e véxoo alí, ao carón, cos seus fermosos ollos pechados, os seus piercings, as súas tatuaxes e o seu pixama. O dilema é claro: pódese mallar a pirolazos a unha persoa en pixama? Non será mellor resolvelo con apertiñas e caloriña casta? O sono vénceme de novo e sácame do apuro. Á mañá, coa luz que entra da fiestra, todo muda. Dúchome, prepárolle o almorzo, limpo na casa e espértoo pra unha excursión pola montaña. El sabe perfectamente que case o dobro en idade.

congostras

Aproveitando que teño coche por unhas horas, quedo con Iain, un rapazolo de dezanove de Corno de Rei, unha apracíbel aldea aberta ás praias do mar do Norte. Recólloo na parada do bus e lévame a un fodedoiro apartado na montaña. Iain é loiro e branquiño, e aínda que ten as partes da cara algo desordenadas, é no seu conxunto fermoso. Ten boa pirola, unha voz forte, a pel tersa de dezanove, a angustia de que alguén camiñe tres millas na noite pra asexarnos no coche, e o triste noxo ao seme. Pero ao cabo, o ferrete con este traballador de marks&spencer non ten moita queixa, e eu marcho contento pra deixalo de novo na casa. As estradas que baixan da montaña son estreitas e retortas baixo a noite, e lembro felizmente os fodedoiros galegos: as mesmas pistas, os mesmos raposos agochados nas esquinas, os mesmos fentos, o mesmo recendo a noite fresca que entra e se mestura co aire do coche, suoroso, lefarento. Eses momentos son os que xustifican a existencia.

irán capital kabul

Itopo mándame de agasallo de aniversario Kabul Disco 1. Como non fun secuestrado en Afganistán, a primeira parte dunha banda deseñada-realité do francés Nicolas Wild. Conta a historia autobiográfica dun debuxante sen moito que facer que pra atopar algo marcha a afganistán a pintar en cómic a nova constitución do país: é unha peza na engrenaxe da invasión occidental, e desas parte. A primeira impresión, e a segunda, e a terceira, é que é o mesmo conto de Persépolis, pero uns milleiros de millas ao leste. Ata o grafismo, aínda que este lixeiramente máis detallado e menos contundente, é moi similar. Existen matices na relación entre levante e poñente, no papel das forzas de ocupación, ou nesa tontiña vida de burbulla que levan os occidentais no país, que o fan lixeiramente distinto, e por distinto interesante. Con todo, se en vez de ter non sei cantos volumes a triloxía tivese un só, e de cen páxinas, ben abondaba.