Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » sucesores de meliés

música

Nunha pausa do noso repouso de prescrición médica imos ver algo de danza á veciña Villabase: alí onde Parque-temático-cervantes é conservadora e señorita, Villabase é obreira, progresista e proamericana. A danza, baseada en poemas de gloria fuertes (mal escollidos e peor recitados), é bastante espantosa, pero como é breve, é de tarde e estamos nun teatro socialista de Villabase levámolo ben e divertidamente. Ao saír batemos cun cartel: un “festival pola integración” organizado polo esquerdista concello local, coa actuación de Violadores del Verso e Jota Mayúscula. Chegamos xa unicamente a Violadores, que fan a mesma base e a mesma rima cá primeira vez que os vin, hai uns dez anos. Profundamente conservadores, reivindicadores do ‘auténtico’ hiphop, lanzan proclamas contra raperillos, fascistas e políticos a partes iguais, que é pouco máis ou menos o que se agarda deles. Cando nos fartamos de mirar pra rapazolos de ollos brillantes, recollemos e saudamos ao marchar os únicos “non-españois” da carpa, os únicos “integrados”: os seguratas polacos.
Dedicado a JH

lilas

Con todo o destes días, non teño vagar pra preparar a viaxe como cómpre, pero vexo nun repente que hai entradas libres pra un concerto dos tiger lillies, e vou. Coñecín os tiger lillies de casualidade hai uns meses, pero non imaxinaba que tan axiña podería ver un espectáculo deles, un dos seus cabarés sobre os sete pecados capitais, algo escatolóxico como lle cadra a esta illa, pero divertido. E un chisco máxico tamén, non sei se pola música do banjo, polo clarinetista con ás de anxo, polos monicreques homosexuais ou porque nese pequeno e vello teatro estabamos unhas travestis tomando viño e mais eu. E era londres.

infiltrados

Como non todo poden ser filósofos franceses, e por un culpa dun erro encadeado, acabo vendo Punto de vantaxe, un filme sobre o intento de asasinato do presidente estadounidense na praza maior de salamanca. Con dicir isto pode parecer abondo, pero non: é peor. Hai ademais presecucións en coches da policía local salmantina, medios de comunicación que son o goberno, tramas absurdas cruzadas absurdamente, un par de centos de cabos soltos e un tipismo hispano de escarallarse. E algo máis que me deixa inquieto, a pesar de ser loiro: o novo terrorismo é latino-musulmán, e hai que irse preparando.
Mentres me rebolen na cabeza media ducia de teses posíbeis, e flipado coas imaxes de ambulancias voando, monto na bicicleta. Agora xa é completamente de noite, e como mas roubaron o outro día, vou sen luces. Paso semáforos en vermello, acelero a todo o que me dan as pernas, derrapo, cruzo carrís, salto direccións prohibidas, subo beirarrúas, baixo escaleiras e finalmente chego á residencia dos campionatos, suado, coa adrenalina a tope. Filmes coma este habían de estar prohibidos.

escafandra

Le scaphandre et le papillonUnha das cousas que máis me gustan desta illa é a francofobia, unha francofobia sanota, algo ridícula e pavera, non como aquela que nos levou a perder a guerra. É a francofobia dos xornais que no suplemento de viaxes de xaneiro’07, onde sinalaban as citas importantes do ano, mencionaban o mundial de rugbi como “por fin un motivo pra visitar ese país comprendido entre Bélxica e España”.
Non sei por que estraña razón métome a ver “A escafandra e a bolboreta“, quizais porque empezaba a esa hora e levaba o bandullo demasiado cheo de carne con especies pra seguir dando voltas pola fantástica noite de glaspop. Que aborrecido, que detestable, que francés. En realidade, os países en decadencia, e dende logo este onde vivo éo, amosan unha predilección por despegar da realidade que linda na patoloxía. Cando a enfermeira lle di ao paciente que ese pensamento metafísico sobre a vida e a morte que lle acaba de mandar é “obsceno” eu despego definitivamente e dedícome a mirar como unha parelliña diante xoga co móbil, tócanse as tetas e comen todo tipo de snacks. A única atención que poño na película é pra desexar que morran axiña o paciente, a emperatriz Uxía, a enfermeira e, xa postos, francia enteira.

carnivàle

Samson at CarnivàleGrazas a ese degustador de exquisiteces que é willysifones, acabo de rematar os capítulos da primeira tempada de Carnivàle. A sensación xeral é de preguiza: como amante do banal, a requiloria sobre o mal e o ben fáiseme demasiado pesada, e moitas veces chego ao minuto 35 mirando prá lámpada ou buscando arañas polo teito e desexando que peche por esta noite a función do circo. Tamén é verdade que ao lado dos previsibles lugares comúns de méxico e dos templarios está un atractivísimo gañán orelludo e medio trenco; que ao carón desa prosodia fastiante do reverendo está o camiñar agudo do anano Samson; que ao pé de efectos especiais de serie f brilla unha historia de amor fermosa e tráxica, como todas as verdadeiras historias de amor.
Ademais o último capítulo, que eu acabo de ver cando se achega a toma de antibióticos da alba, é tan electrizante que boto con urxencia a nasa no torrente pra apañar a segunda tempada. Willy saberá.

xuno

Juno & Bleek feetTemeroso de que o meu sangue se transformase en néctar de pomelo, ou de que os da marca branca de zumes me enviasen postais polo nadal, paseime ao : é máis barato, é máis quente, e haino desteïnado. Pero ou ben non o desteínan correctamente, ou ben me trabuco de bolsa, pero o caso é ao chegar a noite non hai quen durma. Despois dos somníferos habituais, levo o cine prá cama.
Hai uns días, por recomendación de orsinia, vin a moi divertida película Superbad: malia o título, e malia a inda peor tradución española, non é a típica peli americana de tetas e adolescentes. Ou si. Pero as recomendacións de orsinia continuaban con Juno. Vale que a trama ten puntos moi frouxos, e que a tensión se produce porque agardamos un terrible e tramposo desenlace en calquera momento, pero a tenrura dos personaxes (e a intelixencia) é tan grande, e todo está tan ben dito con tan poucas palabras, que nos últimos dez minutos entrei en barrena lacrimóxena, e xa non sabía se atender os subtítulos, os panos, ou os andares zoupóns de Michael Cera, esa copia do meu amigo Walter levada ao cine. É difícil vela e non desexar ser estadounidense, pero tendo en conta os últimos posts, vou deixar esa cuestión aí pra máis adiante.

gallardón

La ceremonia del pornoNo encerro destes días vin repetidas veces o vídeo de gallardón. Había algo nel que me resultaba fascinante, e non sabía o que era. Días atrás lera La ceremonia del porno, un libro que me chegou de rebote e que me descubriu moitas cousas sobre min e o meu consumo de pornografía. O ensaio ten algunhas zonas enlamadas, cando se enzoufa en andrómenas sobre teoría da imaxe, pero polo demais é bastante áxil e moi interesante: gustoume moito cando fala da relación entre porno e ficción, en especial do xénero amateur, e de como chegamos a crer que iso é verdade en beneficio da nosa propia excitación (esas dúas macizas son lesbianas, eses dous chavalotes son hetero, esa nena é alumna do profesor, etc.).
Pois iso foi o mesmo que me pasou con gallardón: excitoume crer que estaba realmente triste e derrotado; excitoume ver o intérprete traducíndolle a conversa a delanoë, como se fose verdade; excitoume a saída apresurada ao remate das declaracións. Ai, pero non, o de gallardón foi porno dirixido precisamente a eses votantes que din que estarían dispostos a votalo pero que nunca o van votar. Coma o bo porno.

asurancetúrix

AssurancetourixProcesando papeis atopo o dvd de Cine Clube Carlos Varela, filme dirixido, escrito e montado por Ramiro Ledo. Dixen dirixido, escrito e montado? A homenaxe a este documentalista do tempo da transición consiste basicamente en dispoñer, unha detrás doutra e sen ningún tipo de narración, cortes de manifestacións rodados por Carlos Varela, que acaba reducido ao home-que-pasaba-por-aquí. A voz en off substitúese, con moita docencia, por texto sobreimpreso, pra facer todo aínda máis áxil, óbvianse todas as oportunidades de presentar algo de contraste histórico e inclúense longuísimos discursos bastante avergoñantes. Tamén hai cousas de interese: a alocución de Telesforo Monzón, a moda nacional-popular, algúns (poucos) labregos barbeados, os planos finais de Carlos Varela cunha flor na man e, prós máis vellos, repetir unhas cantas veces “e que sería dese?“. Pero, claro, pra chegar a eses intres hai que desentullar minutos e minutos de planos lentos, baleiros e temblorosos, que describen polo demais con agudeza o fracaso do movemento bárdico antidemocrático: a pesar de sermos a voz do pobo, o pobo insiste en non facernos caso.

etnicidade

A pair of boots and a bicycleComo o ciclo de cine africano está pra rematar, volto a embiburgo e zampo dúas sesións dobres, unha detrás da outra, e máis coloquios. A primeira compóñena unha curta dunha maliense hierática, filmada en b/n mentres chega a ialba ás rúas de marsella, e a segunda, máis interesante, é unha longa dunha burquinabe, Baixo o luar. A historia podería ter o seu aquel (o regreso á aldea dun europeo e mais da súa filla, 9 anos despois de abandonar a muller e a nai, respectivamente) mais os actores son tan malos e as formas de rodar tan toscas e estáticas, que nos momentos de chorar o ollo étnico que ve o filme ri.
A segunda sesión é de documentais. A primeira resulta unha versión igual de insoportábel da curta de margarita ledo sobre o campo de concentración de lavacolla: neste caso, o campo de concentración estaba na illa namibia de Sharks en 1905, e os supostos presos (que non se chegan a ver) eran hereros. Mágoa que fose unha curta, porque non deu moito tempo pra durmir. Así que a segunda documental, por moi mala que fose, pareceu gloria: Un par de botas e unha bici é a historia dos soldados sudafricanos negros que loitaron no bando aliado na Segunda Guerra, e que cando voltaron ao seu país, en vez da recompensa prometida, atoparon o réxime recén instaurado do apartheid. O filme rula bastante ben, ten cousas divertidas e inclúe entrevistas a veteranos de guerra, que se expresan nunha curiosa mestura de inglés e de africán, case como galego.

música negra

RizePra maximizar o gasto, pillo o tren e marcho a embiburgo pra ver dous filmes practicamente seguidos. O primeiro é ‘Rize‘, que vén sendo algo así como Ergherse, dito en negro, e é o segundo documental que vexo en pouco tempo sobre breakdance. Este céntrase no combate entre uns pretos disfrazados de pallasos e uns pretos disfrazados de violentos no sur dos Ánxeles. O baile é unha especie de reguetón axitado, onde os bailaríns pintan a cara de cores e tratan de mover o van e o cu máis rápido ca ninguén, a medio camiño entre o boxeo e o circo dos muchachos (con padre silva e todo): antropoloxicamente é delicioso, pero no plástico chega ao máximo: véxoo nun cine pequeno, ao lado dun chavaliño preto de dezasete: cunha man acariña o seu chándal, coa outra sostén unha camariña dixital pra gravalo ben todo. Así que a estas alturas, ao sur da cidade, un grupiño de nenos pretos e chineses estarán en chándal vendo a peli e dicíndose mutuamente flipo neno.
A segunda non é tan xenial. O documental é agora sobre unha viaxe de Youssou N’Dour de Dakar aos Estados Unidos e volta, relacionándose con distintos estilos de música negra americana. ‘Volta a Gorée‘ ten algúns momentos paveros, pero é sosona, logo aborrecida e finalmente fedorenta incluso pra min, que son superfán de N’Dour. Se tivese só un chisquiño de ironía poderiamos rir de toda a mentira da illa de Gorée, de toda a mentira do escravismo, de toda a mentira da música negra e de toda a mentira dos 40 dólares que lle piden a un ianqui por unha pescada na praza de abastos de Dakar. Pero non a hai, e a trascendencia abafa e afoga incluso a voz máis amarga de todo o continente.