Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » teses inacabadas

irritación

Nun momento de pausa mentres almorzo dáseme por realizar un pouco de hermenéutica e busco o verbo irritar en El País. Non o fago de forma sistemática, e ademais a ferramenta de busca é algo zoupona, pero o azar é o azar, e non deixo de flipar ao saber quen comete ese irritante pecado de irritarse.

  • Cataláns: 7 (tripartito 3, ERC 2, CiU 1, outros cataláns 1)
  • PP 2
  • Relixiosos musulmáns 2
  • Rusos 2
  • Israel 2
  • Rexións mediterráneas 1
  • PNV 1
  • Nacionalistas en xeral 1
  • Outros 1 (un candidato a reitor na universidade… vasca!)

Na análise deixei fóra o terreo dos deportes, onde a xente adoita irritarse con facilidade.

teses inacabadas, 4

Por todos os pecados que cometín nas vidas anteriores, e pra purificarme, fórzanme a ler ‘Un xogo de apócrifos‘ de Xosé Carlos Caneiro. Desesperado logo de comprobar dez veces no último minuto cantas páxinas me quedan, e nun pequeno buraquiño que atopo entre uns parágrafos cheos de palabrería va, escribo dous propósitos de teses.

  • O barato sae caro: a palabra “barato” e o clasismo intelectual na Galiza contemporánea.
  • O rabino non le a Rosalía?: o antisemitismo en Galicia, de Risco a Caneiro.

teses inacabadas, 3

Despois de ler as abominábeis aventuras de Breogán Folgueira, empezo a tomar notas pra unha nova tese: O ferrinismo: ecos e seitas na literatura galega.

top10

Por razóns profesionais, e neste país tan supermegafeccionado aos ranquins e aos tops, propóñome facer a lista dos dez galegos e galegas vivos que todo alieníxena debería coñecer.
xesús vázquez
teresa moure
• emilio pérez touriño
chus lago
óscar pereiro
mariano rajoy
amancio ortega
ana maría ríos
verónica codesal
luís tosar
Non seguen orde. Prégase confirmación ou rexeite.

teses inacabadas, 2

As eleccións son apaixonantes, e máis apaixonante é intuír a mobilización rebuldeira que se produce nos concellos, nas parroquias, nas aldeas. Despois de andar fedellando aquí e acolá, bato contra esta foto. Non é necesario dicir o nome do partido, nin que o rapazote da esquerda está pra tunear un coche a medias. Só o concello: paderne.
Título da tese: Antropoloxía e representación social: extracción de clase nas listas municipais dos concellos menores de 3000 habitantes.

teses inacabadas, 1


Estou a preparar unha presentación de moda galega prós meus clientes e atopo este interesante documento gráfico no catálogo de pull&bear (páx. 34).
Título da tese: Representacións do homoerotismo nos catálogos de moda de inditex, 2000-2010.

franco

Isto de durmir un pouco, espertar, acompañar a ulises, meterme con ela na cama, ir ao pé do radiador a mirala durmir, seguila cando vai á area e sobre todo, non saír da casa de meus pais, estame deixando moito tempo pra ler, desordenadamente. Así, a unha guía de vilamarple escrita hai 155 anos pásalle por riba o último libro de pàmies, que se interrompe pra empezar e rematar unPapón‘ fermosisimamente ilustrado pero un pouco frouxo no argumento, e logo finalmente as Palabras contadas de camilo franco.
Tras da inexplicable portada agóchanse unha serie de propostas narrativas ás veces un algo insulsas, pero normalmente gralladas de frases estupendas, de relanzos atrevidos, de sorrisos, de risos e de cousas verdadeiramente xeniais. O mellor de todo nun libro que sae a historia por páxina son paradoxalmente os bises, algo máis longos, e sobre todo esas trinta propostas pra facer unha novela, que serían impecablemente perfectas se fosen só 25, e que chegan ao seu cume coa derradeira: destinada a deprendérmola de memoria os posmod e os mod, ao igual cós poetas desclasados citan a ronseltz ou os políticos a castelao.
Nota erudita: teño que escribir xa ese artigo titulado a heterosexualidade masculina en crise: de ameixeiras a camilo franco.

cirurxía

Lámpada de quirófanoA 12Uvas detectáronlle de moi cativo diversos tumores no pescozo. Desa extirpación, realizada en varias cirurxías, quedoulle unha cicatriz que lle percorre a gorxa de lado a lado e que me causaba inquietude e misterio ao comezo. Repaso parellas do pasado: Fufli tivo grandes problemas respiratorios no postparto. Con tres anos, a Cuatrero sacárono a última hora do quirófano, cando o ían intervir por un desaxuste no nervio óptico que lle facía ver dobre e retorcer a cabeza. A min mesmo fixérome unha adenoidectomía sendo un pícaro.
Os vellotes da compracencia episcopal teñen aí un argumento prá pescuda: a anestesia temperá e a homosexualidade. Tamén podemos descartar a anestesia e centrarnos na sobreexposición aos focos cirúrxicos. Aí aparece a conexión co glamur.