Ai, dios

Ela díxome esa frase a primeira vez que a biquei. Despois fixemos silencio, mentres me rebentaba o bazo do ridículo. E rimos.

Rótulos na autoestrada

Nunha rúa fría, dígolle a kate que en LC vexo un gran panel da autoestrada coa palabra ‘problema’. Ela retrúcame: eu véxoo en ti.

Tes unha uva pra ti

Máis incidencias da noite: ao segundo día sen velo, pregúntolle á xefa do bar ónde demo vai o portugués. Ela dime, secamente, que non volve máis. E engade: se queres, teño o enderezo. Díxoo nese ton de ‘tamén llo din a quen mandei pra que lle partise as pernas‘. A hostalaría está fatal. Non lle collín o enderezo.

Tamén recibo unha mensa na noite, que leo á mañá: alguén, dende un móbil descoñecido, dime que a señora Dot tamén se chama Cesare. E engade: that’s the grapevine for you!. Como non sei inglés, creo que significa ‘velaí tes a túa uva’. Certamente non lle atopo sentido.

petición

Érgome cedo e doulle un bo repaso á prensa do día. Báteme esta imaxe dende algúns xornais. Que lle fixen a esa mulleriña para que reclame o meu suicidio blogueiro?

Teño pendente de hai días a miña opinión sobre alejandro sanz. Anque del só sei que versiona temas de simancas, asinaría para que volvese a cantar. A conxura fascistoide antisanz deberíanos facer reflexionar sobre canto de voldemort levamos dentro, independentemente de que sanz sexa prochavez, antichavez, prosgae ou promedem (julio).

E despois de dicir isto, non vou poder proclamar que se tres millóns de persoas piden que Cesare cale de vez, Cesare calará. Logo todo se malentende.

contemporaneidade

Chámame Fufli, que segue sentíndose alleo a este blo. Ao parecer despide olorazo a pedante. Concordo plenamente. Pero colgo, porque vou ver unha obra de teatro nunha sala alternativa.

Só cando estou sentado nas bancadas e vai comezar a peza doume de conta de que non lembro ningunha blogueada próxima sobre teatro. Supoño que xa nin sequera as mentes desviadas dos blogueiros e blogueiras acoden a este tipo de manifestacións.

De feito, a sala está mediada. E marcharía máis xente da que marcha se a porta de saída non estivese ao pé do escenario (pánico sociointelectual).

A obra, previsíbel, recolle os tres principios básicos do teatro chamado alternativo ou contemporáneo:

• fálase do fodido que é vivir do teatro

• os personaxes sofren, canto mais inexplicabelmente mellor

• a trama divídese en dúas fases, non necesariamente consecutivas: a que consiste en encher o escenario de obxectos e a que consiste en baleiralos.

Todo moi lonxe da catarse, a metáfora da representación, a cuarta parede ou o distanciamento. En resumo, nada que non teña visto un cento de veces nos últimos dez anos.

Pero, de súpeto, por unha esquina entra correndo un piano, aboiando nun mar de globos brancos. A imaxe é tan fermosa e está alí tan diante dos ollos que os euros se trocan en divisas de pracer.

parella

A chamada de Fufli dá pra máis. Cóntalle ao seu mozo que lle chamo 20vacas e éntralle a curiosidade, así que se guglea correctamente chegará ata aquí. Só o vin 5 minutos, un día.

Preocúpame autocensurarme sobre Fufli, 20vacas ou a súa relación porque isto o poida ler algún descoñecido.

Éntranme dúbidas ontolóxicas. Talvez por iso este é o blo dun solteiro.

gambas

Había moito que non sabía del, e de súpeto aparece SenReferencia na madrugada.

SenReferencia ten parella, pero a el non lle importa demasiado. Á parella, un mozo de bacharelato, creo que si. SenReferencia vén ao que vén. É feo coma un corniño, pero tomo como verdadeiro o chiste que se conta sobre a semellanza entre o home e certos crustáceos, e despreocúpome. Moi lixeiro. Rápido. Relaxante.

Debo apuntar que o obxectivo dos dous quilos era demasiado optimista, pero un xa case o levo. Ademais, na miña empresa anuncian un traslado para o extrarradio, co que recuperarei a bicicleta. A única sombra deste día (que amencía cun certeiro dardo) é a incompatibilidade entre casco e crista. A ver qué fago.

aos seus pés

Levo tempo desexando facer isto. Outra vaca no blogmillo, moi moi especial. Peke estrea a súa gradicela.

liñas

cío e cío: tería que ver gúguel coas sms de kate? terá gúguel tanto control sobre a realidade que a modifica ao seu albidro? será simplemente deus e estará próxima a apocalipse? como quero confirmalo comprobo todas as buscas, por se se relacionan coas miñas últimas horas: tamén chegan aquí os que procuran tortilla de cacheiras, pasqual, alcol, hikikomori, baleiro de vidro ou baleiro para balas. só podo xurar que non teño nada que ver con don armando, polo de agora.

son consciente de que estes posts van a menos. foron días de moito traballo. escúsenme e cliquen nas ligazóns da esquerda.

antimelancolía

levo todo o día cavilando se chegaría a escribir este post. De feito é a cuarta vez que o comezo.

quedo con kate pra ir ao teatro o sábado. escríbeme mensaxes desconcertantes á 1:33 AM. escúsase por cousas incomprensíbeis. non entendo nada. ao mesmo tempo, teño medo de magoala ou de que finalmente acabe por pensar que son un sicópata, se non o pensa xa (de momento, eu descarto selo). estou sen argumentos, sen estratexias. ademais, os fans dun e doutro bando encírranme: non lle contestes, contéstalle, pasa dela, fai como que pasas, insiste. recurro a jacarezinho, ese perito, pero agora só cita en grego e entra na epoghé.

é tan fascinante cada segundo, tan espectacular cada detalle deste mundo, que non entendo que este blo trasluza melancolía, como insinúa Fufli.

obxectivo: perder dous quilos de aquí ao sábado.