eles

peke pregúntame por meil sobre os estraños costumes dos piollos patos e descubro que, esquecidos da national geographic, son elementos escuros da historia humana. Acúsanos falsamente de habitar lugares pouco hixiénicos, por exemplo. Outros atribúenlles máis vidas ca aos gatos, cando en realidade non poden vivir en canto se afastan das zonas púbicas.

Son seres diminutos que se alimentan do sangue doutros. Coma os blos.

impotencia

ando moi atarefado. penso esporadicamente en kate, pero o traballo vence. vou tomar unha breve cervexa con jacarezinho e perreo durante longos minutos co barman, moreniño e xeitoso. O bar, xa o coñecedes, está preto da miña casa. Agora iniciarei ese ritual marabilloso de aprender horarios, tomar tóspiros inútiles, gastar horas e horas en procesión de anacos de empanada, olivas e manises. Oh, meudeus, pode haber mellor maxia?

Ao mesmo tempo, recibo o agardado correo de henri. Namorou dun rapaz de zaragoza ao que só coñece por internet. Dime que non conte. Serei respectuoso e calarei. Pero non podo evitar a frase máis nidia que vin nunca sobre o absurdo da vida: ¿por que vivindo no estranxeiro máis paradisíaco, rodeado de guapos e listos internacionais, teño que colgarme dun tío de zaragoza que ademais ten unha morea de problemas económicos e familiares que lle impiden vir verme?

anque non é verdade. a representación máis nidia do absurdo da vida vina o outro día na tele. Un matrimonio maduro fálalle á camara. Ela di que só le poesía medieval portuguesa. El di que prensa deportiva. Pero nunha cousa están de acordo, van mirar de amañar os seus problemas sexuais. Non dou lembrado a web, e pregúntome se nela aclararán quen causa maior impotencia: o marca ou don dinís?

diaños

atopo dous reintegracionistas con sentido do humor (!), e sácanme prá fala este blo. Din que é críptico. Ao tempo un deles tira dunha bolsa un libro de kapusciñski que vén de mercar. gracias a min, din.

Jacarezinho aponme que son un vaidoso, pero esas cousas non me molan. As balas estánse saíndo da súa natural traxectoria. Cárgaas o diaño.

entomoloxía

Jacarezinho corríxeme: o po que desprenden as ás das bolboretas non é po, senón escamas.
É difícil empregar a entomoloxía cando entre os catro ou cinco lectores hai un especialista na materia. heime de pasar aos anfibios, na espera de que andemos escasos de anfibólogos.
Como despedida de discurso bicharraqueiro, comentarei que fun esta noite a un concerto dun grupo catalán, máis ou menos xperimental. Chámanse pole pole. Na radio dixeron que tocaban con instrumentos autoconstruídos, pero afortunadamente non chegaba a tanto. O caso é que nunha das pezas se facían acompañar dunha couza. Dirixiron o micro cara a un pedazo de madeira e sentíase un tristristrís que empregaron de base prá melodía.
Jacarezinho, é iso posíbel? observaches nas túas pescudas a existencia de couzas musicais?
No resto, recibo fermosos correos de Fufli, de 5Line. En troques agardo un de Henri, que non me dá contado do seu último namoro en oxford. Comezan a botar formigón na miña rúa. O parte di que marcha esta primavera de dous días. Volve, porfis.

deslumbre

Día demasiado intenso. amenceume na AP-9, co ceo vermello sobre os campos de abegondo. O traballo foi unha carreira de crispacións. Tarde, bastante tarde, merco unhas margaridas e un tulipán e saio de ferrol. Vexo unha mensaxe: hai cita con Kate. Non me dá tempo a chegar: poño un CD de suc, e a Lola en dúas rodas. Esfarelo coa presión, e a miña rúa está tomada por furgóns da policía. vertixinosamente comprobo que as almorrás resucitan e 12Uvas fálame da teimosía dos piollos patos.

Desamañado, nervioso, acudo á cita con Kate. Ata Jacarezinho me di que estou estraño. Resístome brevemente a cear, anguriado, e cando vexo o polo ao curri con arroz lembro as almorrás. Catástrofe orgánica e sicolóxica.

Podería facer un post eterno sobre kate. quizais sexa mellor gardar silencio. Pero cando vou prá cama noto unha fina capa de po nas paredes do estómago. É das ás das bolboretas.

os luns ao blo

Todonada aconselloume un día meterlle estatísticas a este blo. A función era primordialmente saber qué tipo de estrañezas guglea a xente ata dar con isto. Hai, por exemplo, moitos sudamericanos que buscan ‘balas‘. Agardo que queiran empregalas contra si, pra que non se derrame a pescuda. Tamén alguén, probablemente un filólogo, buscou ‘arrombadas’.

As estatísticas tamén contan os visitantes do blo. Os récords acontecen o luns. Bloguearei máis paveramente no domingo? Dubídoo. Penso máis ben que o terror aos luns fai que reinvistades a plusvalía empresarial de xeito alternativo. Afortunadamente sodes tan poucos que zaplana non me toma en consideración.

champán

Teño que recoñecer unha catástrofe. Como non son intelectual cito mal. En realidade, o dos xornalistas campesiños e mariñeiros non é de berger senón de, meu deus, benjamin, citado por berger. Os relatos nacen de dous tipos distintos de narrador: un é o que ten que viaxar lonxe de casa pra atopar feitos e relatos, o viaxante de comercio, o mariñeiro; o outro o campesiño, o que queda na casa apañando lembranzas e transmitíndoas.

E a de kapusciñski si era dil: existen caracteres reflexivos e caracteres que reflecten o mundo. Hai escritores, coma Berger, que posúen o don da reflexión. Como xa se dixo, pódese ver todo o mundo sen abandoar a nosa habitación. Isto é típico dos caracteres reflexivos, que atopan inspiración en si mesmos, no material que teñen en si (…). Este é un tipo de literatura. No meu caso, pola contra, reflicto o mundo: teño que ir ao lugar dos feitos pra poder escribir.

prégovos que me desculpedes o erro. e que desculpedes este post tan impertinente.

infraestructuras

Vou a ourense en paralelo coa autoestrada de dozón. Lembro a típica sondaxe das coitas que preocupan a españois e galegos: a procentaxe que cre un problema as infraestructuras é moito maior aquí ca en hespaña. Sen embargo, teño a impresión de que as estradas son aquí máis e mellores ca en ningún outro lado da península e temos tres aeroportos internacionais en 200 quilómetros. Polo tren… dubido que a alguén lle inquede realmente canto tarda o expreso en chegar a irún e si cando sobe a paisana das mantecadas.

A xente reproba a xestión do golfiño de lalín? Ou pola contra esa inquedanza nazonal é expresión dun cuiñismo xenético?

Aplícolle a lei marxiana e sáeme un aserto terrorífico: as infraestructuras perviven para alén da desaparición da estructura productiva.

nin polas cachas de mostovoi

diversos problemas técnicos impedíronme ir ver ordorika, e quedei na casa coa goyigala. O artisteo pechou filas ao redor de Medem, en especial o noso luguesiño máis xeitoso, mentres a menestra retorcía na butaca. tosar tamén lle mandou elegantemente unha pescoceira a fraga. Polo demais, e frivolizando, recolleu o doncelidonio do cine un premio que me afecta directamente, rossydepalma saíu cun ?kompassion de calcomanía nas tetas, e eu caín namorado dúas veces: unha, de eduard fernández, pero só por foder a Todonada, e outra do mexicano que presentou a gala. Se di unha vez máis que volta ‘después de los comersiales’ collo o coche e arranco pra madrid.

hoxe, na gasolineira, miro a portada da coz. Fala das protestas antimedem. Ao longo do día actualizan a web destacando que medem regresa á ficción tralas críticas e que (atención!) non gañou o goya ao mellor documental. Tamén, máis abaixo, falan dun tal tosar. Xa poden regalar o dividí de mostovoi duchándose en balaídos, que non volvo mercar a coz.

yellow

vou a ourense. solea a pedazos. escoito o rimadoiro, con versos que acaban en farlopa. as mimosas ábrense á estrada e coan o recendo pola grella frontal de Lola. Se non fose sinusítico sería unha das mañás de domingo máis fermosas do mundo.

1|2|3|4|5|6|7|8|9|10|11|12|13|14|15|16|17|18|19|20|21|22|23|24|25|26|27|28|29|30|31|32|33|34|35|36|37|38|39|40|41|42|43|44|45|46|47|48|49|50|51|52|53|54|55|56|57|58|59|60|61|62|63|64|65|66|67|68|69|70|71|72|73|74|75|76|77|78|79|80|81|82|83|84|85|86|87|88|89|90|91|92|93|94|95|96|97|98|99|100|101| levitra made in canada viagra oklahoma city cialis vs viagra vs kamagra Cialis withdrawl levitra tadalfil Fda approved cialis buying viagra with next day shipping levitra rebates Bontril levitra free no prescription generic cialis altace erectile dysfunction Chinese cialis Buy levitra soft Airfox cialis Buy levitra reBuy Generic Dapoxetine Online Canada paydayavailable.info Viagra Online no checking account payday loans magnum cash Quick Approval Payday loans faxless payday loans Buy Cheap Viagra Online Vardenafil Super Viagra Cialis Online Canada Viagra Online without Prescription Buy Levitra Online.Vardenafil Cialis Online without Prescription Cheap Cialis Viagra Coupon Cialis Coupon Viagra with dapoxetine Cialis Black Viagra Online Canadian Pharmacy Viagra Super Force Cheap Cialis Online Cialis Online Canada Cheap Levitra Without Prescription Buy Generic Cialis Online Buy Cheap Cialis Super Active Buy Viagra With Dapoxetine Online Cash Advances Payday Loans