Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas

gz2009, e 4

Losers
Iolanda Díaz: Esquerda Unida perde a metade dos seus votos en Ferrol.
Alfredo Bea: Só consegue 44 votos no Grove.
Ferrín: A FPG perde 200 votos máis na provincia de Pontevedra, case un 10%.
Nós UP: Décima forza do país, por detrás da Plataforma por un mundo máis xusto, UPyD e Os Verdes, entre outras.

Winners
Dobráronse os votos nulos, e non particularmente en Ourense.
Os votos en branco aumentaron moito, especialmente na provincia da Coruña, onde chegaron ao 2%

gz2009, 3

Catro pensamentos superrápidos antes de ir prá cama:

  1. Ao meu redor todo o mundo cre que o bipartito debería ter sido máis incisivo. Incluso moitos cren que está aí a razón da perda de votos. Pero de verdade cren que os votos que marcharon ao PP, a Terra Galega e a UPD eran votos que querían un cambio máis incisivo?
  2. É curioso como o voto dunha mociña de Cangas pode mudar a miña vida. Mola a democracia.
  3. Gustoume moito o discurso de Feijoo.
  4. E por primeira vez na historia, un ourensán é elixido democraticamente presidente da Xunta.

gz2009, 2

Abstención total - Actualización
Estes son os datos ás cinco da tarde, se non mos volven a cambiar, que levo os últimos quince minutos facendo e refacendo mapas. Son ben estraños, incluso máis có da abstención matutina. A participación medrou espectacularmente, e fíxoo sobre todo no rural ourensán, aínda que non de forma homoxénea, con comarcas de 7 e 8 puntos máis ca nas últimas eleccións fraguianas. Nas cidades tamén medra a participación, e aínda que as porcentaxes son discretas, o número de votos é maior.
En vermello, subas de máis de catro puntos, mentres que xa só hai un par de caídas, e todas moi lixeiras.

Algunha explicación?

gz2009

Abstención matutina:
En azul escuro, as comarcas con maior abstención (>5%). En branco as comarcas cunha abstención entre o 1 e o 2% maior ca en 2005. En amarelo, as comarcas con maior participación ca en 2005 ou en cifras semellantes (<-1%).
Alguén atopa un patrón?

conversión

Tiven esta semana aquí a Barataria, e a miña vida e os meus feeds andaron moito a bravo. Sentoume moi ben a súa alegría, pasearmos polo monte e apañar unha boa gripallada pra el me coidase. Por iso e por outras cousas laborais non tiven tempo de mencionar aquí a Jason e a Barry.
Jason é un rapaz inglés que veu pra estoutro país a relaxarse e pasar seis meses en casa duns amigos. A casa está ao das montañas, moi alonxada da xente, e recíbeme en pixama. Dende a conversa previa ata o momento da cita pasaran trinta minutos de estrada e trinta quilos de peso, e o ferrete foi rápido e acelerado: os seus compañeiros de piso estaban por chegar dun partido de rugbi, e había que bulir. Así que como todo saíu un pouco atrapallado e saín daquela casa calzándome polo xardín, quedei á noite con Barry. Barry é un escocés que vive nas casas que arrodean unha planta petroquímica, estuda danza e fai unha dieta sen azucres. Pero non sempre foi así: antes saía á noite, bebía, tomaba fariña e éxtase e langranaba de aquí pra aló sen beneficio. Agora quitouse de vez. Recíbeme en bata de casa con zapatillas, e dáme un café sen azucre e unhas galletas sen azucres (anque malpocadamente con carb) e durante dúas horas cóntame a súa vida e o ben que se sente agora sendo mellor persoa, escoitando a chaicovsqui e prescindindo do azucre. Nun momento dado, cólleme a man, ponma enriba da súa pirola e chámame tímido. E clics, decátome de que algo non vai funcionar. Velaí, na vida suxa debeu de esquecer o de bicar e tocar, e ao máis puro xeito británico cre que foder consiste estritamente en que eu lla zugue, e chao.  Ao rematar, e mesmo antes de limparnos (algo que fai moi rápido pra non luxarmos nada) bótame rapidamente de casa.
De camiño de volta vou cavilando: canto máis fodo pra fóra, máis amo a Barataria.

failure

Hai unha faisquiña perfecta en Neil Gaiman, que xa estaba en Sandman, que xa estaba en Neverwhere, que volve aparecer agora en The Graveyard Book. Esa membrana transparente que separa fantasía de mundo corrente é nesta última novela imperceptible ata non poder máis. Non é grotesca, non é ridícula, non é exhuberante. Esvaería se estivese aí. El di que lle debe moito á historia do neno da selva de Kipling. Quizais si, e tamén moito a Chesterton. De feito a historia do neno abandonado no camposanto e criado polos mortos está cheíña de momentos deliciosos. Pero a outra historia, a do neno predestinado a mudar o curso da historia xa a vimos, xa a limos en moitas partes, e esa segunda historia vaise facendo co control da novela, e esmagando a outra, ata que cando a última páxina dá a volta xa non sei moi ben que novela foi a que relín.

cuba, e 3

Se eu fose o director xeral de Dolce & Gabanna pensaría seriamente en mudar o G polo H. O mercado negro da aparencia é o verdadeiro xefe de estado da illa.

dez razóns

Había moito, moito tempo que non votaba tan convencido nunhas eleccións. Anque cada vez que visito a ghalleira cruzo con moitas razóns e motivos, vou poñer acó dez por aquilo dos números redondos.

  1. a rede de centros Quérote.
  2. a aposta con todas as consecuencias pola enerxía eólica.
  3. a loita activa contra a homofobia (e a reclamación da gratuidade dos tratamentos de reasignación de sexo)
  4. o salto de xigante dado en software libre.
  5. a aposta polo deporte da muller e polo de discapacitados.
  6. as medidas de fomento de alugueiro e as que se destinaron a acabar vivendas a medio facer.
  7. o modelo de industrias culturais e a súa promoción exterior.
  8. a rede de transporte adaptado.
  9. a proposta dun sistema de proximidades ferroviarias.
  10. quintana; un tipo que sempre me sorprende con argumentos novos, con moderación e intensidade, que recoñece erros, que fala como a xente, que entende que hai máis país fóra do seu embigo e dos embigos dos seus coleguitas.

Estou convencido de que cantas máis áreas de competencia teñan estas señoras e estes señores no novo goberno, máis molante será o país. E mellor lles irá aos meus sobriños. E nas partes en que discrepo, que loxicamente as hai, terei que facer o meu traballo como cidadán. Porque ese, como votar, tamén é o meu deber.

vrao

Hai xa tempo que un xornalista chamado Manuel Jabois pasa por esta casa. Pouco sei del. Ademais de que el mesmo ten un blog, e de que por un par de fotografías apostaría a que está supercachondo, pouco máis. Pero collinlle bastante cariño.
Por iso cando aí atrás atopei un libro publicado por el nunha editorial das pléades, animeime a compralo. Malia o cachondo que está e o cariño que lle teño, non podo dicir que A estación violenta me gustase moito. Durante a súa lectura lembrei moitas veces de Nélida Piñón, que sendo adolescente escribiu “subía pola costenta pendente” e que ao decatarse da redundancia tivo unha crise de escritura que a deixou afastada do papel por uns anos. Hai frases e circunstancias moi interesantes no texto e tamén unhas cantas toneladas de malditismo que seguro que fai as delicias dos viciados no xénero. Pero se Jabois me segue tendo algo de lei despois disto pediríalle que a próxima vez mo deixe ler a min antes: este libro, ben editado e transformado nunha obra de teatro, ía gañar moitos premios e transmitir moita beleza.

cuba, 2

Ao chegar ao hotel logo do paseo da mañá, vexo que as persoas que fixeron a cama colocaron unha toalla enzorollada sobre ela, en forma de corazón. No medio das aurículas e os ventrículos, unha nota de papel escrita a boli que di así:

Dear guest:
Be welcome to our hotel. I hope you like the room and our service. If you need anything else, just call me. It would be a pleasure to work for you.
Your maids
Yuditt and [ilexible].