Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas

cuba

Por razóns de traballo teño que facer unha visita-alustro á Habana. É difícil dicir algo desta cidade que non sexa un tópico ou o seu contrario. Máis aínda se só podo colleitar un mangado de primeiras impresións antes de coller o avión de volta, en dous días.
Fago mentalmente moitas comparacións con dakar, coa que garda moitas semellanzas de humidade e de organización. A Habana, é, con todo, moito máis fermosa. Cuns niveis de contaminación como os de chornóbil o 27 de abril de 1986, está lixeiramente máis asfaltada ca dakar, e ás sete da mañá, mentres boto unhas carreiras ata o malecón, está inzada de homes que remexen no lixo á procura de algo que comer. Iso non sucede en dakar.

doppelgänger

Fago unha viaxe a glaspop e aproveito pra planificar dous ferretes: , un malaio de orixe chinesa, vive nunha torre de pisos illada e moderna no oeste da cidade. Ao edificio éntrase cruzando un porteiro automático máis difícil de descifrar ca unha esfinxe e logo por un escandaloso ascensor que canta os pisos ao subir. O andar é amplo, cunha perfecta e ampla saída de incendios. O piso é sorprendentemente de madeira (no carpet!) e está decorado dunha forma bastante discreta: unhas cadeiras altas como de barra de bar, unha cociña integrada e, curioso, un secador de pelo ao pé da cama. Uí é moi falador, e botamos un par de horas de parola no sofá antes de meternos na cama: pon a alarma no seu iPhone de 16 Gb e fai como pra aconchegarse contra min. Ten un corpo como de panda imberbe, o pelo da cabeza como de freganzo, e zurricha a iardas de distancia.
Despois de traballar e facer recados pola cidade vou xa de tarde á de Ianis, un grego da verdadeira atenas, que vive nunha torre de pisos illada e moderna no leste da cidade. Ao edificio éntrase cruzando un porteiro automático máis difícil de descifrar ca unha esfinxe e logo por un escandaloso ascensor que canta os pisos ao subir. O andar é amplo, cunha perfecta e ampla saída de incendios. O piso é sorprendentemente de madeira (no carpet!) e está decorado dunha forma bastante discreta: unhas cadeiras altas como de barra de bar, unha cociña integrada e, curioso, un secador de pelo ao pé da cama. Ianis é moi falador, e botamos unha horiña de parola no sofá antes de comezar a zugala e ir prá cama: mira a hora no seu iPhone de 16 Gb e facemos algo de sexo birrioso. Ten un corpo forte e rexo, nariz grande e pirola en persistente estado de relaxación.

galegos coma vós

O delirio anterior e posterior á manifestación de galicia bilingüe refórzame na idea de que poucas razóns teño pra vivir na ghalleira.
En primeiro lugar, porque houbo quen, esgrimindo discrepancia ideolóxica, decidiu sabotear o lexítimo dereito duns cidadáns a manifestarse. Uns optaron pola vía pacífica do ridiculismo e outros directamente pola da violencia e o insulto, pero no fondo hai pouca diferenza: por que lles molestaba que outra xente se manifestase? Non é iso a base da democracia?
En segundo, porque as persoas que respecto e estimo non estiveron á altura que eu desexaba. En vez de contrarrestar con cifras e datos os frouxos argumentos dos convocantes, calaron ou acudiron a intanxíbeis; e en vez de frear con palabras duras e contundentes os contramanifestantes, esvaeron en vagas condenas de violencia xenérica, como se os propósitos e as condutas duns e doutros fosen igual de lexítimos.
En terceiro, porque non escoitei (quizais perdín un bo artigo, quizais extraviei un bo argumento) ninguén que fose á raíz do problema: existe a liberdade lingüística no ensino e na administración? debe existir? As forzas progaleguistas insistían ata non hai moito que nas escolas os seus fillos perdían o galego que traían da casa, e reivindicaban precisamente, só que con signo contrario, o dereito dos pais a escolleren. Deben os pais elixir a lingua do ensino dos seus fillos? E o ensino das matemáticas? Ou debe o goberno decidir o que é mellor? Ou deben facelo as escolas? Ese é o debate serio, e ninguén o aborda.
A cuarta, e máis grave, é de recapitulación. Durante anos, moitos anos, os progaleguistas instauráronse no piñón fixo da crispación en torno á lingua. Dende 1983 ata 2003 non houbo nin un só punto de consenso. Fraga era malísimo, o bilingüismo harmónico era a doutrina do anticristo, etc. Máis de 25 anos despois, e sen que conste ningún éxito debido a tal comportamento, hai outros que queren desoterrar o machado da guerra lingüística e ademais atopan eco e xente que os apoia. E os progaleguistas, que deberían ser os meus, en vez de preocuparse en saber onde estivo o erro e qué van facer pra amañalo, poñen nunha venda nos ollos e saen a correr cara adiante. E non, boa parte deses manifestantes cos que estou completamente en desacordo, son galegos. Galegos coma vós.

paradoxos

Despois do post sobre O natural é político estaba algo preocupado e arrepentido. Pensei que quizais me pasara, ou que probablemente non tiña razón. Así que en canto vin nun quiosco de aeroporto Confesións dun ecopecador, do xornalista especializado en temas ambientais Fred Pearce, merqueino buscando un argumento pra pedir desculpas.
O libro non só me dá a razón co de que é máis antiecolóxico probablemente o arroz co que acompañamos a costeleta do que a propia costeleta (e non por iso imos facernos antiarrocistas, en equivalencia ao vexetarianismo que naqueloutro libro propón Moure). En realidade este fantástico, básico e imprescindible libro é un catálogo de paradoxos sobre a nosa pegada ecolóxica, que me foi dando pescoceiras na caluga dos prexuízos, unha tras outra todos estes días. Por exemplo, o de que no mesmo percorrido un tren nocturno é menos ecolóxico ca un avión. Ou que fóra de tempada é moito máis ecolóxico comer amorodos chilenos ca locais. Ou, por suposto, que unha das enerxías máis ecolóxica é a nuclear. Ou que o mellor que poderiamos facer co lixo é queimalo individualmente no patio de casa. Claro está, o cálculo pode levarnos ao dato (non apuntado por Pearce, pero posíbel) de que sexa máis antiecolóxico ir traballar en bici ca en bus urbano, porque mentres no bus dividimos a nosa pegada de carbono por 1/50 ou máis pasaxeiros, sobre todo en hora punta, en bici estamos xerando un gasto enerxético individual que substituiremos por exemplo por unha boa tallada de vitela arxentina (deforestación, transporte, plástico do envasado), con patacas (contaminación de transporte rodado, plástico), unha ensalada con tomates (cultivados en invernadoiro, plástico), millo (lata, contaminación por pesticidas, deforestación, consumo de auga polo azucre engadido) e beldros (fóra de tempada, plástico).
O que nos leva á solución final: a opción máis ecolóxica é o suicidio. Seguro? Quizais tampouco… dende que o concello de Londres completou a instalación de depuradoras no Támesis, a biodiversidade (aves, mamíferos, vexetais…) caeu ata cifras tan extremas que ben se podería dicir que é unha das peores catástrofes ecolóxicas da illa nos últimos anos.

picoteiros

Os primeiros que tomaron posesión dos comedoiros do xardín foron os pardais, aló polo vran. Que houbese de súpeto cincuenta pardais a comerme no penso era un duro golpe á miña economía, pero como son unha especie en franca regresión nesta illa eu estaba moi contento. Pero o sol foi virando, e paxaros novos viñeron mentres moitos pardais acabaron por marchar, non todos.
Hoxe vin por primeira vez na miña vida unha parella de picoteiros (a da foto) peteirando bagañas vermellas nunha especie de buxo que hai no xardín. Calcúlase que veñen a esta illa uns 100 picoteiros polo inverno, así que eu vin, sen moverme da cadeira, o 2% da poboación anual. E déronme pra pensar en como mudara isto. Aló no pedaciño de río que vexo dende a fiestra nada unha parella de mergos grandes que deben vivir na veciñanza. Tamén dende a fiestra vexo a garza cando se pousa no pé da ponte (non é todos os días), e tamén un peneireiro que adoita vir ás tardes e que onte apañou algo, quizais un rato. Ás mañás visítame unha pequena xoia: unha estreliña do norte, co seu peiteado punki dourado. E ás mañás e ao mediodía e ás tardes baixa unha razzia de cinco ou seis ferreiriños rabilongos, que se abaten en picado, e todos ao tempo, sobre as bólas de graxa que teño penduradas do tendal. E tan axiña como chegan, marchan, deixándolle o sitio tranquilo a media ducia de ferreiriños azuis e reais, a un pisco ou dous (non os distingo), aos merlos e aos estorniños. Nas árbores e tellados dos veciños pousan no alto tamén pombas, e pegas, e tres tipos de corvos, e dúas especies de gaivotas. Se miro cara ao outro lado, cara á estrada, é sinxelo ver algunha lavandeira das de acó, que son máis escuras cás de aló, pero non pasan ata o xardín.
E así, sen decatarme, deica pouco marchou o inverno.

Actualización: que houbese dous picoteiros no meu xardín, e logo catro seis, ten unha explicación.

inmóbil

Grazas ao fantástico señor Johnson, que me cede un iPhone, e a oom, que me conta da tarifa de conectividade de Yoigo, onde me cobran por día usado e non por mes, decido dar un paso importante na miña vida e na forma de organizar as miñas comunicacións. Pero anque o fago rapidamente, non me dá tempo a recibir a traxeta sim de Yoigo na ghalleira, e pídolles que ma manden a esta illa. Iso é imposible, respóndenme por teléfono, pero non me aclaran por que. E como non lle poden mandar o orixinal a ninguén máis, dinme que a mellor solución é facer un duplicado dun orixinal que nunca se entregaría, e mandar o duplicado a barataria, e que el mo reenvíe. Tamén me ofrecen darme de baixa en yoigo (?). Como as dúas solucións son un tanto peregrinas, decido probar sorte co orixinal, a ver se barataria é capaz de convencer o funcionario de correos (”ás veces funciona”, dinme en yoigo). Pídolles unha explicación por mail e ao cabo de tres días respóndenme agradecendo a miña pregunta e lembrándome que de chamar de yoigo a yoigo é de balde (agás estabelecemento de chamada).
Agora xa sei que como teña que confiar no servizo de atención ao cliente de Yoigo vou de cranio. Só me queda avisar de que dende mañá ás 10am e ata cando o carteiro británico decida, estarei sen móbil hispánico.

neve

Días despois de que o aeroporto de Barajas quedase bloqueado pola incompetencia e a falta de previsión, varios aeroportos da Cidade dos Nenos Perdidos quedaron bloqueados pola incompetencia e o exceso de previsión británicos. Aquí no norte pasou o día a nevar. Houbo momentos en que caeu forte e noutros a cousa ía máis lixeira e saían os pícaros ao xardín a facer bonecos, anque só por uns instantes antes de recollerse porque volvía nevar, ou porque abría o sol, subían as temperaturas un par de graos e descallaba.
Botei o tempo todo a mirar pola fiestra, vendo como o ceo pasaba de branco a azul, e logo a gris e outra vez a branco, e a gris, e a azul. E cada vez máis escuro, ou máis claro, e logo negro. Gastei as horas brincando coa luz e pensando nesoutras catro xornadas que botei traballando na ghalleira, no seu aire mesto, húmido e triste e inmobilmente gris.

estrañeza

Debín buscar mal, pero no programa do BNG prás eleccións galegas non vexo a frase morrer dignamente nin a palabra eutanasia.

Actualización: Un benintencionado lector pregúntame se o goberno autonómico ten competencias nese eido. Pois ben, este podería ser un primeiro paso. Pero hai máis xeitos de loitar por unha morte digna e en liberdade.

conxunción

Se os brasileiros son con diferenza os nachos que peor foden do mundo e este país onde vivo é o lugar onde peor se fode, meter un ferrete cun brasileiro nunha escola de discapacitados de auchterarder presentábase coma un reto. E aló fun. O casopo onde vivía era unha especie de faiado dun só cuarto que se erguía sobre a escola, e as paredes tíñaas empapeladas con cadros pintados por el, DVDs, e xogos de play: en auchterarder os días libres son peores cós días de traballo. Foi unha mágoa, con todo, que entre eses DVDs non houbese unha guía pra aprender a pinar. Guilherme non bicaba, nin tocaba apenas, nin acariñaba, nin por suposto zugaba. Correspondía co modelo A de brasileiro: espiuse, deitouse boca arriba e esperou que eu fixese algo. Eu empecei con vocación e vontade, pero pouco e pouco fóronseme esquecendo os folgos, vendo que aquela masa de paulista tirando a fortachón tendía á inmobilidade absoluta. Cando me dixo un “estás moi tranquilo” comprendín que todo chegara á súa fin. E nesa noite, por primeira vez en 33 anos, deixei o ferrete a medias e marchei.

estudantes

Cósmede é un rapaciño miúdo e fermoso da mariña, que estuda algo de xornalismo. Na súa habitación compostelá, escura, case sen luz, hai unha colección de botes de colonia, un par de pósters de RebeldeGüei, un armario ateigado de roupa aínda coa etiqueta, algúns apuntamentos aquí e acolá, e dúas bandeiras penduradas das paredes. Unha é de canadá, que foi onde pasou o mes de xullo decatándose de que lle molaban os rapaces. A outra é de malta, onde estivo o mes de agosto fodendo con cinco rapazas e tres rapaces, e onde entrou no hospital cun coma etílico que proba sacando da carteira unha nota: “hola, te recogimos inconsciente y te llevamos…”. No cuarto non hai libros. Non a zuga.
Lorenzo é un rapaciño fraco e enfermizo de xixón que estuda algo de farmacia. Na súa habitación compostelá, escura, case sen luz, hai unha estantería baleira onde alguén, seguramente os inquilinos anteriores, ou os anteriores, pegaran adhesivos de tendas de tunaxe. Ten un computador grande e escóitase o messenger funcionando por detrás. O armario teno baleiro e coas portas abertas, como pra que se expanda e circule polo cuarto o olor a rancio. Ou quizais ao revés. No cuarto non hai libros. Só a zuga.