Arquivo de tags

t9

Levo tempo sen falar de 12Uvas. Estes días ensinoume cómo funciona o sistema t9. Seique é mundialmente famoso, e serve pra autocorrixir o que escribes no móbil. Só está dispoñíbel pra grandes linguas: t9 aprendeu un milleiro de palabras e proponche as que cre que ti queres dicir. Pra apealo delas sofres e ao parecer, por non contradicilo, hai quen non manda as súas mensaxes, senón as do t9. Por iso recibimos tantas tan tristes e previsíbeis. Convido aos háqueres do mundo a que incen os t9 de mensaxes absurdas, improbábeis, cun virus lingüístico. Para ser máis creativo có t9 non cómpre moito.

Penso a fío en 5Line.

Marcha 5Line un día destes para Andorra, a traballar nunha estación de esquí. Non podo ligarlle dende aquí porque non sei sequera como se chama a estación. Esta noite estivo na casa, saímos ao cine e tomamos unhas cervexas. Coñecín amigos del. Di Chesterton: Non hai nada comparábel a coñecer un home, anque sexa só durante dúas horas.

Podo dicir agora, antes de que marche cara á neve nun C2 de seu pai, que a 5Line o coñecín, e que foi realmente incomparábel. Ao longo de 4 meses de encontros aquí e acolá fomos trazando un cariño de baldosas amarelas moi simpático.

Unha pista: este pode ser un bo lugar para patinar, quizais tan bo como París.