Arquivo de tags

malditismo

Pois si. Seguindo as indicacións da nosa marcadora de tendencias particular, e ademais comisionista, merco e leo nos avións (SCQ-MAD-LHR) ‘Baixo mínimos’, a primeira novela de Eristoff. Malpocadamente non me gustou; vexo nela moitas cousas que vexo en min, nas miñas cousas, que me aborrecen: non me chega á pel. Ten evidentemente un tesouro: unha lingua que pode causarlle un problema aos xurados literarios de galiza: quen é Eristoff e quen Bieito Iglesias.
Pero reto aos blogueiros a que me discutan os excesos de güisque, churrianas e malditismo. O meu cariño por Eristoff, pola contra, multiplicouse por one hundred.
Aliás, a foto, a pesar dos pesares, é de carpeta de segundo de ESO. Formidábel.